Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Parazoos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parazoos

Esponxa

Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Parazoa
Filo

Osparazoos (Parazoa) (dogrego παρα-,para, "xunto a", e ζωα,zoa, "animal") son unha división animal caracterizada pola presenza detecidos parcialmente diferenciados, pero carente demúsculos,nervios eórganos internos, o que os asemella en moitos casos a unha colonia celular máis cá un organismo multicelular propiamente dito.

Características

[editar |editar a fonte]

Se ben posúencélulas diferenciadas para diversas funcións, o seu corpo está formado por unha matriz xelatinosa, con numerosos poros finos ou ostiolos por onde entra auga. Células en colar (coanocitos) capturan as partículas de alimento, que se dixiren intracelularmente. Posúen unesqueleto interno, formado porespículas.

Outra característica dos Parazoos vén determinada polo seu alto poder rexenerativo: a súa capacidade de disgregación e rexeneración. Se por exemplo, unha esponxa se rompe en anacos, comprobaremos como se volve a refacer de forma xeral todo o corpo grazas ó traballo dos amebocitos.

O gran número de caracteres peculiares poñen de manifesto a súa singularidade e xustifica que se recoñeza ás esponxas como unha rama especial dosmetazoos: osparazoos.

Clasificación

[editar |editar a fonte]

O único filo dos Parazoa, osPorifera ou esponxas, amosanreprodución tantoasexual coma sexual. Son invariablemente acuáticos. Os adultos sonsésiles, mentres que aslarvas nadan libremente.

O feito de que estes animais se especializaran por vías alleas ás doutros animais, non implica que non tiveran éxito, xa que hoxe hai máis de 5.000 especies de esponxas, que na súa simplicidade son moi eficaces.

Algúns científicos inclúen no subreino Parazoa osPlacozoa, un filo que consta só de dúas especiesTrichoplax adhaerens eTreptoplax reptans formando este grupo. Outros científicos prefiren incluílos no subreinoAgnotozoa xunto cos membros do filoMesozoa. Outros escollen crear un subreino propio e único para estas especies chamadoPhagocytellozoa.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Parazoos
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Parazoos

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parazoos&oldid=3981593»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp