Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Paraspeckle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Transparencia dunha micrografía de fluorescencia (verde) sobre unha imaxe de célulaHeLa que expresa a fusión daproteína fluorescente amarela coa Proteína de Paraspeckle 1 (PSP1).

Encitoloxía, unparaspeckle é un compartimento de forma irregular de aproximadamente 0,2-1μm de tamaño, que se encontra nonúcleo celular no espazointercromatínico.[1] Considérase un corpo subnuclear ou suborgánulo. Foi documentado primeiramente nas célulasHeLa, onde xeralmente hai de 10 a 30 deles en cada núcleo,[2] e existen paraspeckles tamén en todas as células humanas primarias, nas liñas celulares transformadas e nas preparacións de tecidos.[3] O seu nome deriva da súa distribución no núcleo, xa que foron atopadas nas proximidades (para = ao lado de) dosspeckles de splicing ("manchas de emplalme"), pero distinguíndose delas.[2] A súa función non se coñece, pero nelas poden localizarse certas proteínas no núcleo.

Localización

[editar |editar a fonte]

Os paraspeckles son estruturas dinámicas que se alteran en resposta a cambios na actividademetabólica celular, e son dependentes datranscrición.[1] Todos os seus cinco compoñentes proteicos propostos teñen motivos de recoñecemento doARN (RRMs)[2] e, en ausencia de transcricón polaARN polimerase II, os paraspeckles disaparecen e todos os seus compoñentes asociados forman un casquete perinucleolar con forma de crecente arredor donucléolo. Este fenómeno ponse de manifesto durante ociclo celular. No ciclo celular, os paraspeckles están presentes durante ainterfase e durante toda amitose excepto natelofase, porque, cando se forman os dous núcleos fillos, non hai transcrición pola ARN Pol II, polo que os compoñentes proteicos forman o mencionado casquete perinucleolar. Os patróns de localización foron tamén duplicados en experimentos nos que se utilizaron drogas que inhibían a transcrición.[3]

Función e compoñentes

[editar |editar a fonte]

A función que ten en conxunto o dominio nuclear paraspeckle non se coñece aínda ben. Postulouse que a actividade do compoñente proteico p54nrb depende da súa localización.[3] É, xa que logo, posible que a función dos paraspeckles sexa proporcionar unha localización ordenada aos seus compoñentes proteicos e así axudar directamente na súa actividade. Tamén se suxeriu que os paraspeckles contribúen á regulación transcricional.[4] Porén, ningunha destas hipóteses é aceptada universalmente e, por tanto, o principal papel dos paraspeckle debe deducirse da función dos seus compoñentes proteicos (PSP1, p54nrb, PSP2 e posiblemente CFI(m)68 e PSF).

A función de PSP1, que foi a proteína cuxo patrón de localización levou ao descubrimento dos parascpeckles,[1] non se comprende ben. Myojin et al. especularon que a PSP1, que está moi concentrada nostestículos, pode regular oprocesamento do ARNm temperán nascélulas xerminais e colaborar na remodelación dacromatina e a dar forma ao núcleo durante aespermatoxénese.[5] A PSP1 tamén forma undímero co segundo compoñente proteico: p54nrb. A p54nrb está implicada en numerosos eventos nucleares, como a "regulación transcricional,splicing, o desenrolamento do ADN, a retención nuclear deARNs de dobre cadeahipereditados, o procesamento de ARN viral, o control da proliferación celular, e o mantemento dosritmos circadianos".[3] O compoñente confirmado PSP2, está implicado no splicing de ARN e coactiva receptores dehormonas.[2]

Posteriores estudos levaron á identificación de dúas proteínas adicionais que son tamén compoñentes dos paraspeckles. En 2004 Dettwiler et al. atoparon que CFI(m)68 é un posible compoñente dos paraspeckles.[6] O CFI(m)68 foi implicado no paso preliminar do splicing doextremo 3' dopre-ARNm. Tamén se atoparon en 2005 evidencias de que os paraspeckles conteñen un posible quinto compoñente proteico: PSF.[3] O PSF pode unirse tanto aoARN coma aoADN e interacciona con proteínas para o splicing do pre-ARNm, que funcionan en conxunción con proteínas como CFI(m)68.[5] Pode dimerizarse con p54nrb. Ademais, colocalízase xunto con PSP1 nos paraspeckles e, en presenza de drogas que inhiben a transcrición, ambas as dúas están situadas no casquete perinucleolar.[3] Se o PSF forma de feito parte dos paraspeckles iso contribuiría a aclarar unha aserción de Myojin, et al. sobre que os compoñentes dos paraspeckles poden participar no splicing do pre-ARNm.

En 2005 Prasanth et al. informaron dun novo papel dos paraspeckles nun novo método atopado de control daexpresión xénica.[7] Neste estudo, identificouse que unARN non codificante enriquecido no núcleo (denominado CTNRNA) se localizaba especificamente nos paraspeckles no núcleo de moitos tipos celulares. Este grupo de investigación atopou que o ARN era retido no núcleo nos paraspeckles, e estaba asociado coas proteínas dos paraspeckles p54nrb e PSP1, probablemente por medio de interaccións directas entre as proteínas e os motivos na rexión non traducida 3' (3' UTR) do ARN. O ARN non codificante CTN é un longo transcrito producido a partir dunxene que tamén codifica aproteína de membranaMCAT2, un transportador de aminoácidos catiónicos. Cando as células están estresadas, os niveis de ARN non codificante nuclear están reducidos, o que está acoplado cun incremento no sinal citoplásmico para o ARNm de MCAT2 e a propia proteína MCAT2. Isto levou aos autores a especular que os paraspeckles eran efectivamente un lugar de almacenamento dos ARN CTN procesados e empalmados, que podía liberar o ARN nunha forma que codificaba proteínas funcionais cando a célula recibía un sinal. Esta forma máis curta quedaba despois libre para ser transportada aocitoplasma e utilizada como molde para aprodución de proteínas. Este "Mecanismo de Retención Nuclear de Liberación Rápida" (Rapid Release Nuclear Retention mechanism) crese que lle aforra á célula uns 25 minutos na produción da proteína MCAT2, xa que o seu ARN foi xa transcrito, procesado eempalmado mentres estaba retido nos paraspeckles.

Futura investigación

[editar |editar a fonte]

Aínda que se descoñecen moitas cousas dos paraspeckles, incluíndo a súa función, este suborgánulo proporciona un modelo da natureza dinámica e da organización espacial do núcleo. Unha mellor comprensión destes aspectos podería permitir idear terapias para doenzas moleculares causadas pola organización incorrecta de proteínas nucleares.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,3Fox, A.; et al. (2002)."Paraspeckles: A Novel Nuclear Domain".Current Biology12 (1): 13–25.PMID 11790299.doi:10.1016/S0960-9822(01)00632-7. 
  2. 2,02,12,22,3Fox, Archa; Wendy Bickmore (2004)."Nuclear Compartments: Paraspeckles". Arquivado dendeo orixinal o 02 de maio de 2006. Consultado o6 March 2007. 
  3. 3,03,13,23,33,43,5Fox, A.; et al. (2005)."P54nrb Forms a Heterodimer with PSP1 That Localizes to Paraspeckles in an RNA-dependent Manner".Molecular Biology of the Cell16 (11): 5304–15.PMC 1266428.PMID 16148043.doi:10.1091/mbc.E05-06-0587. 
  4. Schuldt, A. (2002). "Proteomics of the nucleolus".Nature Cell Biology4 (2): E35.PMID 11835055.doi:10.1038/ncb0202-e35. 
  5. 5,05,1Myojin R, Kuwahara S, Yasaki T; et al. (2004). "Expression and Functional Significance of Mouse Paraspeckle Protein 1 on spermatogenesis".Biology of Reproduction71 (3): 926–932.PMID 15140795.doi:10.1095/biolreprod.104.028159. 
  6. Dettwiler S, Aringhieri C, Cardinale S, Keller W, Barabino SM (2004)."Distinct sequence motifs within the 68-kDa subunit of cleavage factor Im mediate RNA binding, protein-protein interactions, and subcellular localization".J. Biol. Chem.279 (34): 35788–97.PMID 15169763.doi:10.1074/jbc.M403927200. 
  7. Prasanth KV, Prasanth SG, Xuan Z; et al. (2005). "Regulating gene expression through RNA nuclear retention".Cell123 (2): 249–63.PMID 16239143.doi:10.1016/j.cell.2005.08.033. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • TheNuclear Compartments:Paraspeckle páxina sobre a Nulear Protein Database, escrita por Dr. Archa Fox e Dr. Wendy Bickmore, que proporciona datos e ligazóns a informacións sobre os compoñentes das paraspeckles.
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paraspeckle&oldid=6902246»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp