Paradoxurus[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() A civeta asiáticaParadoxurus hermaphroditus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Paradoxurus ranges | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
ver táboa |
Paradoxurus é unxénero de mamíferos dafamilia dosvivérridos que foi nomeada e descrita primeiramente porFrédéric Cuvier en 1822.[2]As especies deParadoxurus teñen unha cabeza ancha, fociño estreito cun longorinario que está profundamente asucado no medio. As súas longas orellas son arredondadas no extremo. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo.[3]
As especies deParadoxurus teñen unha cabeza ancha, un fociño estreito cun gran rinario que ten un sulco profundo no medio. As orellas son grandes e de puntas arredondadas, as cristas internas e as bolsas están ben desenvolvidas. O cranio mostra un marcado moldeado muscular, e a área postorbital está profundamente constrinxida un pouco detrás dos ben desenvolvidos procesos postorbitais. É considerablemente máis estreito que a área interorbital e que o fociño por encima dos dentes caninos. Afórmula dental é3.1.4.23.1.4.2. Opadal por detás non cobre a metade anterior da fosa mesopterigoide e é plano e está expandido entre os dentes posteriores da zona da meixela. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo, ás veces bastante longo e dunhas seis veces a lonxitude dos pés posteriores.[3]
En 2005 este xénero definiuse comprendendo tres especies nativas dosueste de Asia:[1]
Nome | Imaxe | Distribución |
---|---|---|
P. hermaphroditus(Pallas, 1777)[4] | ![]() | ![]() |
P. zeylonensisPallas, 1778[5] | ![]() | Sri Lanka |
P. jerdoniBlanford, 1885[6] | ![]() | Ghats Occidentais, India |
En 2009 propúxose incluír tamén oParadoxurus aureus,Cuvier, 1822 (civeta dourada de zonas húmidas), oParadoxurus montanus,Kelaart, 1852 e oParadoxurus stenocephalus,Groves et al. (civeta dourada de zonas secas), 2009, que sonendémicos deSri Lanka.[7] Porén, un estudo posterior atopou moi poucadiversidade xenética e ningunha estrutura xeográfica nas civetas douradas e non apoiaba a separación proposta. AP. hermaphroditus comprende tres grandesclados que deberían recoñecerse como especies separadas: concretamente unha nosubcontinente indio e osueste asiático, outra enSumatra,Xava e outras pequenas illass e a terceira enFilipinas e asillas Mentawai.[8]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paradoxurus![]() |