Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Paquistán

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:30°N71°L / 30,71
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaPaquistán
پاکستان (ur)
پاکستان (pa)
پاڪستان (sd)
پاکستان (ps)
Pakistan (en)
پاکستان (mis)
پاکستان (brh)
Pákistán (brh)
پاکستان (mis)
پٲکِستان (ks)
پاڪستان (skr)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoQaumi TaranahEditar o valor en Wikidata

Lema«Iman, Ittihad, Nazm(en)Traducir»Editar o valor en Wikidata
EpónimoIkhlas,Punjab,Khyber Pakhtunkhwa,Caxemira Livre(pt)Traducir,Sind eBaluchistánEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 30°N71°L / 30,71
CapitalIslamabadEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación223.773.700(2021)Editar o valor en Wikidata (253,74hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua urdú (língua nacional(pt)Traducir)Editar o valor en Wikidata
RelixiónislamEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie881.913 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoK2 (8.610,9 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Arábigo (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación14 de agosto de 1947Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal
República parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataAsif Ali Zardari(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Pakistan(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataShehbaz Sharif(pt)Traducir(2022–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Paquistão(pt)Traducir ,Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSuprema Corte do Paquistão(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal348.262.544.719 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaRupia do Paquistão(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.pkEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+92Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia1122(en)Traducir,15(en)Traducir e16(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Código de paísPKEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpakistan.gov.pkEditar o valor en Wikidata
BNE: XX452213
Este artigo amosaletras urdús. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Paquistán[1] (enurdú پاکستان), e oficialmenteRepública Islámica de Paquistán (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado deAsia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo doMar Arábigo e doGolfo de Omán no sur. Limita coaIndia polo leste, conAfganistán polo norte o polo oeste, conIrán polo suroeste e conChina polo nordeste. Está separado deTadjiikistán polo territorio afgán doCorredor de Wakhan.

O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de variasculturas antigas, incluíndo aneolíticaMehrgarh e acivilización do val do Indo daIdade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, comohindús,persas,indogregos,islámicos,turco-mongois,afgáns esikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como oImperio Maurya da India, oImperio Aqueménida persa,Alexandre o Grande, oCalifato Omeia árabe, oImperio Mongol, oImperio Mogol, eImperio Durrani, oImperio Sikh e oImperio Británico. Como resultado doMovemento de Paquistán liderado porMuhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente undominio, Paquistán adoptou unhanova constitución en 1956, converténdose nunhaRepública Islámica. Aguerra civil de 1971 deveu na secesión do leste do país nun novo país,Bangladesh.

Paquistán é unharepública parlamentariafederal que consta decatro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüisticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súaxeografía efauna. É unha potencia media e rexional,[2][3] e posúe a sétima maior forza armada do mundo, así comoarmas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda deAsia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciñaIndia. O país enfróntase a problemas como asobrepoboación, oterrorismo, apobreza, oanalfabetismo e acorrupción. É un membro fundador daOrganización da Conferencia Islámica e é membro dasNacións Unidas, daCommonwealth de Nacións, dosPróximos once, daSAARC e daOCE.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nomePakistan significa literalmente "Terra dos puros" enurdú epersa. Foi acuñado en1933 como un acrónimo (Pakstan) ideado porChoudhry Rahmat Ali, un activista doMovemento de Paquistán.[4] Está formado a partir das iniciais das rexións do país:Panxab,Afgania,Kashmir (Caxemira en galego), oSind e oBaluchistán.[5][6][7] A letrai foi incorporada para facer máis doada a pronunciación e dotar do seu significado ó nome.[8]

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Paquistán.

A historia de Paquistán, que no período que precede a fundación da nación en 1947, é compartida por Afganistán, India e Irán, pódese datar ata os comezos da vida humana no sur de Asia.

Efixie de pedra dun rei sacerdote, atopada enMohenjo-daro e exposta noMuseo nacional de Paquistán, enKarachi.

A rexión actual de Paquistán serviu como terra fértil para algunhas das máis importantes civilizacións do sur de Asia e como porta de entrada do subcontinente a Oriente medio e Asia Central. Paquistán é fogar dalgúns dos máis importantes sitios arqueolóxicos, incluíndo os restos máis antigos de homínidos do Paleolítico no sur de Asia, localizados no val do río Soan. Localizada na primeira ruta de migración costeira do homo sapiens ó saír de África, a rexión foi habitada dende moi cedo por humanos modernos.

Os seguintes séculos viron á rexión absorber moitas influencias doutras culturas, cuxas representacións pódense atopar no lugar de Taksila, representando o período budista, o sitio greco-budista de Takht-i-Bahi, os monumentos islámicos-sindhi de Thatta, pertencentes ó século XIV, e os monumentos mogois construídos no século XVII no forte Lahore. Dende o s. XVIII, a rexión foi dominada pola Compañía Británica das Indias Orientais, dando como resultado 90 anos de continuo dominio británico, e rematando coa creación de Paquistán en 1947, a través dos esforzos, do poeta nacionalAllama Iqbal e o fundador do país, Muhammad Ali Jinnah. Dende entón, experimentou gobernos democráticos e militares, dando como resultado períodos dun importante crecemento económico e militar e tamén outros de inestabilidade; deste último o máis significativo foi o que resultou na secesión, en 1971, do leste de Paquistán, que se convertería enBangladesh.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]

Paquistán declarouse oficialmente unha nación federal, e en outubro de 1999 o xeneralPervez Musharraf derrocou ao goberno civil, liderado porNawaz Sharif, e asumiu o poder executivo. As eleccións do goberno local levaronse a cabo no 2000. Musharraf declarouse presidente en 2001. Elixiuse un novo parlamento en 2002, e nomeouse aZafarullah Khan Jamali, fiel seguidor de Musharraf:primeiro ministro. Despois de máis dun ano de preitos políticos na lexislatura bicameral, Musharraf presentou un compromiso con algúns dos seus opoñentes parlamentarios, e outorgou aos seus seguidores dous terzos da maioría de votos requirida para modificar a constitución en decembro de 2003. As reformas constitucionais aprobaron algúns dos decretos de Musharraf e, de maneira retroactiva, legitimizaron a súa presidencia, co que o liberaron do requisito de ser electo para ocupar o seu cargo.

Os intermitentes períodos democráticos en Paquistán obedecen a unha longa historia de ditaduras militares, incluídas a do xeneralAyub Khan, na década de 1960, a do xeneralMuhammad Zia-ul-Haq, nos anos 1980, e a do xeneralPervez Musharraf, a partir de 1999.

Tras gañar aseleccións do 6 de outubro de 2007,Pervez Musharraf prometera renunciar ao seu cargo de xefe do exército e levar a cabo un goberno civil. Ante isto, a ex primeira ministraBenazir Bhutto volveu ao país tras varios anos de exilio, coa esperanza dun retorno paulatino ádemocracia. Con todo, o 3 de novembro produciuse unautogolpe de Estado, botando por terra as promesas de apertura e iniciando unha novaditadura militar conMusharraf á cabeza. O 27 de decembro dese mesmo ano a ex primeira ministraBenazir Bhutto é asasinada nun atentado.

O 18 de agosto de 2008,Pervez Musharraf dimitiu para evitar a destitución por parte daAsemblea Nacional que se ía a votar ao día seguinte polos partidos que sostiñan ao goberno. Substituíulle de maneira interinaMuhammad Mian Soomro, presidente doSenado, tal como ten previsto a constitución ata a elección dun novo presidente. Nas eleccións presidenciais do 6 de setembro foi elixido presidenteAsif Ali Zardari.[9]

División administrativa

[editar |editar a fonte]

OPaquistán está organizado administrativamente en 4 provincias, 3 territorios federais e un estado autónomo.

  • Provincias:
  • Territorios:
  • Estado autónomo:


BandeiraEntidadeNome en
Urdú
CapitalÁreaPoboaciónLinguas Oficiais
BaluchistánبلوچستانQueta347.190 km²10.247.362 (2008)baluchi,urdú
Provincia da Fronteira do Noroesteشمال مغربی سرحدی صوبہPexauar (Peshawar)74.521 km²20.215.000 (2008)Paxto,urdú
PanxabپنجابLahore205.344 km²81.845.433 (2008)panxabí ,urdú
SindسندھCarachi (Karachi)140.914 km²46.378.000 (2008)sindhi,urdú
Islamabadوفاقی دارالحکومتIslamabad1.165,5 km²955.629 (2008)inglés,urdú
Áreas tribaisوفاقی قبائلی علاقہ جاتPexauar27.220 km²6.500.000 (2008)Paxto,urdú
Caxemira Libreآزاد کشمیرMuzafarabad (Muzaffarabad)13.297 km²4.567.982 (2008)caxemirés,urdú
Territorios do Norteشمالی علاقہ جاتGuilguit (Gilgit)72.496 km²1.800.000 (2008)inglés,urdú

Evolución da división administrativa de Paquistán

[editar |editar a fonte]
División ActualAntiga divisón administrativa
Baluchistán
  • Provincia dos Comisionados Xefes de Baluchistán
  • Unión de Estados de Baluchistán
  • Enclave de Guadar/Gwadar
Provincia da Fronteira do Noroeste
  • Antiga provincia da Fronteira do Noroeste
  • Estados de Amb, Chitral, Dir e Swat
Provincia do Panxab
  • Antiga provincia do Panxab Occidental
  • Estado de Bahaualpur/Bahawalpur
Provincia de Sind
  • Antiga provincia de Sind
  • Estado de Cairpur/Khairpur
  • Antigo Territorio da Capital Federal
Territorio da Capital de Islamabad
  • 906 km² da antiga provincia do Panxab Occidental
Áreas do Norte (ou Áreas Setentrionais)
  • Axencia para o Guilguit / Gilgit
Áreas Tribais
  • 7 distritos da NWFP e 6 zonas fronteirizas
Caxemira Libre
  • 8 distritos do antigo Territorio do Norte

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa de Paquistán.
Artigo principal:Xeografía de Paquistán.

Paquistán está situado no sur do continenteasiático e linda ao noroeste conAfganistán, ao nordés coaChina, ao leste coaIndia, ao oeste conIrán e ao sur coocéano Índico. O seu principal río é oIndo, o cal flúe polo Panxab até desembocar nomar Arábigo. Contra o norte e o occidente do territorio localízase unha rexión montañosa, na cal están algúns dos cumes máis altos do mundo. O sueste paquistaní, especialmente cara á fronteira coa India, é unha rexióndesértica.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Paquistán.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra daFAO, 2005). Poboación en millóns de habitantes.

Relixión

[editar |editar a fonte]
A mesquita nacional de Paquistán, Mesquita Faisal, construída en 1986 polo arquitecto turcoVedat Dalokay por conta do rei sauditaFaisal bin Abdul-Aziz.

Paquistán é o segundo país islámico por poboación[10] e o segundo con máis poboación xiíta no mundo[11]. Arredor do 97% dos paquistanís son musulmáns, a maioría sunnitas, estimándose os xiítas entre o 5 e o 20%[12][13]. Un 2,3% son ahmaditas[14], que oficialmente non son considerados musulmáns desde a emenda constitucional de 1974.[15]. Hai tamén varias comunidadescoranistas, que só aceptan oCorán rexeitando aHadîth (tradición)[16][17]. A violencia sectaria entre denominacións musulmás aumentou nos últimos anos, con 400 mortos entre os xiítas só en 2012 pero tamén chamados á fin desa violencia e apelando á unidade entre xiítas e sunnitas contra ela[18][19]. Os ahmaditas son particularmente perseguidos, en especial desde a emenda constitucional de 1974 e mesmo en 1984 prohibíuselles denominar os seus templos como mesquitas[20]. En 2012 un 12% dos musulmáns paquistanís considerábanse só musulmáns, sen pertencer a ningunha denominación particular.[21]

O islam sincretizou nalgún grao as crenzas preislámicas, resultando nunha relixión con algunhas tradicións diferentes ás do mundo árabe[22]. Osufismo, unha tradición mística islámica ten unha longa historia no país e é moi popular, con dous santuarios de místicos sufís con longa tradición, os deAlí Hajweri enLahore (ca. XII)[23] eShahbaz Qalander enSehwan.

Tras o islam, as outras dúas grande relixións son ohinduísmo e ocristianismo con arredor de 2.800.000 de fieis cada unha en 2005.[24]. Tamén hai seguidores daFe Bahá'í, uns 30.000, dosikhismo,budismo ezoroastrianismo, con arredor de 20.000 seguidores cada unha[12] e uns poucosxainistas. A maioría dos cristiáns son descendentes de conversos das castas baixas hinduístas punxabís durante a época colonial británica. Fóra do Punxab, os cristiáns só teñen presenza nos centros urbanos. Unha excepción é a comunidade católica deKarachi, que ten a súa orixe en emigrantes procedentes deGoa e mais en támiles establecidos na cidade na primeira metade do século XX.

Cultura e sociedade

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cultura de Paquistán.
Camión artístico de Paquistán, un elemento único da cultura do país.

A sociedade paquistaní é moi xerárquica, con grande importancia das etiquetas culturais locais e os valores tradicionais islámicos que gobernan a vida persoal e política. A unidade familiar básica é a familia extensa,[25] malia que hai unha tendencia cara ás familias nucleares por razóns socioeconómicas.[26] O traxe tradicional tanto para homes como para mulleres é oShalwar Kameez; os pantalóns e as camisolas son populares tamén entre os homes.[Cómpre referencia] A clase media medrou ata os 35 millóns de habitantes, e a clase alta e media alta acadou os 17 millóns nas últimas décadas.[27] As festas de Paquistán, como oEid ul-Fitr,Eid al-Adha e o Ramadán son relixiosas na súa orixe.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapaquistaní.
  2. Barry Buzan (2004). Polity, ed.The United States and the great powers: world politics in the twenty-first century. pp. 71, 99.ISBN 978-0-7456-3374-9. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  3. Hussein Solomon."South African Foreign Policy and Middle Power Leadership". Archived from the original on 24 de xuño de 2002. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  4. Choudhary Rahmat Ali (28 de xaneiro de 1933). Columbia University, ed."Now or never: Are we to live or perish for ever?". Consultado o 4 de decembro de 2007. 
  5. Choudhary Rahmat Ali (28 de xaneiro de 1933)."Now or Never. Are we to live or perish forever?". 
  6. S.M. Ikram (1 de xaneiro de 1995). Atlantic Publishers & Dist, ed.Indian Muslims and partition of India. pp. 177–.ISBN 978-81-7156-374-6. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  7. Rahmat Ali. The Pakistan National Movement, ed."Rahmat Ali ::Now or Never". p. 2. Arquivado dendeo orixinal o 19 de abril de 2011. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  8. Roderic H. Davidson (1960). "Where is the Middle East?".Foreign Affairs38 (4). pp. 665–675.doi:10.2307/20029452. 
  9. El viudo de Bhutto gana las elecciones en Pakistán, El País, 6 de septiembre de 2008.
  10. Robert U. Ayres (1998). James & James publishers, ed.Turning Point: The End of the Growth Paradigm. p. 63.ISBN 1-85383-439-4. 
  11. Tracy Miller, ed. (outubro de 2009)."Mapping the Global Muslim Population: A Report on the Size and Distribution of the World's Muslim Population".Pew Research Center. Arquivado dendeo orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 9 de xuño de 2010. 
  12. 12,012,1United States Department of State, ed. (2008)."Pakistan — International Religious Freedom Report 2008". Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  13. Central Intelligence Agency, ed. (2010)."Field Listing :: Religions".The World Factbook. Arquivado dendeo orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  14. faqs.org (ed.)."Ahmadis of Pakistan". Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  15. US State Department (ed.)."International Religious Freedom Report 2008: Pakistan". Consultado o 24 de xuño de 2010. 
  16. South Asian Free Media Association (ed.)."South Asian Media Net". Arquivado dendeo orixinal o 18 de maio de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  17. BBC, ed. (24 de febreiro de 2009)."Can Sufi Islam counter the Taleban?". Consultado o 20 de maio de 2010. 
  18. AFP, ed. (19 de febreiro 2013)."2012 bloodiest year for Shias in Pakistan". Arquivado dendeo orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  19. The Times of India, ed. (17 de xaneiro de 2013)."Bomb kills four at Pakistan Shiite funeral: police". Arquivado dendeo orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de xameiro de 2013. 
  20. New Approaches to the Analysis of Jihadism: Online and Offline – Page 38, Rüdiger Lohlker – 2012
  21. Chapter 1: Religious Affiliation consultado o 4 de setembro de 2013
  22. Ishtiaq Ahmed (12 de agosto de 1999). "South Asia". En Ingvar Svanberg, David Westerlund.Islam Outside the Arab World. Routledge. pp. 201–222.ISBN 978-0700711246. 
  23. Amer Morgahi (2011). "An emerging European Islam: The case of the Minhaj ul Quran in the Netherlands". En Martin van Bruinessen, Stefano Allievi.Producing Islamic Knowledge: Transmission and Dissemination in Western Europe. Routledge. p. 47.ISBN 978-0415355926. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  24. Library of Congress, ed. (2005)."Country Profile: Pakistan"(PDF). pp. 2, 3, 6, 8. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  25. "Pakistan- Language, Religion, Culture, Customs and Etiquette". Kwint Essential. Arquivado dendeo orixinal o 23 de marzo de 2009. Consultado o 17 de marzo de 2009. 
  26. Anwar Alam (2008)."Factors and Consequences of Nuclearization of Family at Hayatabad Phase-II, Peshawar"(PDF).Sarhad J. Agric. (Department of Sociology and Anthropology, University of Peshawar)24 (3). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 11 de abril de 2019. Consultado o 21 de abril de 2012. 
  27. Irfan Husain (17 de abril de 2010)."The rise of Mehran man".Dawn. Pakistan News. Arquivado dendeo orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 25 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PaquistánModificar a ligazón no Wikidata
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Atlas de Paquistán

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Ahmed, Akbar (1997).Jinnah, Pakistan and Islamic Identity: The Search for Saladin. Routledge.ISBN 978-0-415-14966-2
  • Cohen, Stephen Philip (2006).The Idea of Pakistan. Brookings Institution PressISBN 978-0-8157-1503-0
  • Lieven, Anatol (2012).Pakistan: A Hard Country. PublicAffairs.ISBN 978-1-61039-145-0
  • Malik, Hafeez (2006).The Encyclopedia of Pakistan. Oxford University Press.ISBN 978-0-19-597735-6
  • Malik, Iftikhar (2005).Culture and Customs of Pakistan (Culture and Customs of Asia). Greenwood.ISBN 978-0-313-33126-8
  • McCartney, Matthew (2011).Pakistan – The Political Economy of Growth, Stagnation and the State, 1951–2009 Routledge.ISBN 978-0-415-57747-2
  • Raja, Masood Ashraf (2010) [1857–1947].Constructing Pakistan: Foundational Texts and the Rise of Muslim National Identity. Oxford.ISBN 978-0-19-547811-2
  • Spear, Percival (2007).India, Pakistan and the West. Read Books Publishers.ISBN 1-4067-1215-9

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dependenciase rexións
administrativas especiais
Australia
China
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paquistán&oldid=6959484»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp