Papuxa do Atlas | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Apapuxa do Atlas[2] (Curruca deserticola, antesSylvia deserticola[3]) é unhaespecie deavepaseriforme dafamiliaSylviidae que vive no noroeste deÁfrica.
Cunha lonxitude de 11,5 a 12,5 cm, a papuxa do Atlas é unha das papuxas máis pequenas. A cola é relativamente longa, pero máis curta que a dapapuxa do mato e ten cobertoiras caudais superiores grises. As patas son de cor area. A coloración da plumaxe é moi similar ápapuxa tomiñeira. As ás son de cor marrón enferruxado, o anel ocular é branco. Os flancos son de cor vermello ladrillo. A cabeza é gris azulada.[4]
Nos machos en plumaxe reprodutora a gorxa e peito tamén son vermellos ladrillo e o gris da cabeza esténdese ata as ás, o dorso e a cola. Na plumaxe non reprodutora a gorxa e o peito son claros. As femias en plumaxe non reprodutora son de cor similar ao dos machos, mais teñen un iris escuro e os machos vermello.
Os xoves teñen unha gorxa monocromática beixe claro e son de cor marrón beixe na cabeza e dorso, que difire do marrón agrisado oliva da papuxa tomiñeira. As súas cobertoiras caudais superiores son beixes-marróns.
Como o seu nome indica cría nacordilleira do Atlas, ata os 1600 m de altura e pasa o inverno algo máis ao sur, en rexións de mato semiárido ata a beira do deserto. Está distribuída porMarrocos,Alxeria,Tunisia, leste deLibia,Mauritania e oSáhara Occidental.
|data-acceso=
require|url=
(Axuda)![]() | Wikispecies posúe unha páxina sobre: Papuxa do Atlas |
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papuxa do Atlas![]() |