Opaporrubio,[2][3][4] tamén coñecido comopaporroibo,[3]peizoque,[5]paifoco[3],pisco[3] oupaparruxa,[6] (Erithacus rubecula) é un pequenopaxaroinsectívoro epaseriforme da familia dosmuscicápidos, que outrora foi clasificado dentro da familia dostúrdidos. Cun tamaño de 12,5–14,0 cm de lonxitude, o macho e a femia son semellantes en coloración, cun papo laranxa e rostro revestido de capas grises, marróns e unha barriga branca. Está presente en Europa, oeste deSiberia eÁfrica do Norte; ésedentario na maioría dos seus hábitats agás nas rexións máis setentrionais.
O termopaporroibo tamén é aplicado a outro paxaro doutrafamilia con papo alaranxado ou vermello. Trátase dopaporroibo real (Pyrrhula pyrrhula), que é unha especieeurasiática da familia dosfrinxílidos.
A subespecieE. r. melophilus caracterízase pola rechamante cor do seu papo.
O paporroibo foi descrito porCarl von Linné en 1758 na décima edición deSystema Naturae baixo onome binomialMotacilla rubecula.[7] O seuepíteto específicorubecula é un diminutivo derivado dolatínruber 'vermello'.[8] O xéneroErithacus foi introducido polo naturalistafrancésGeorges Cuvier en 1800, dándolle ó paxaro o seu actual nome binomialE. rubecula.[9][10] O nome doxénero,Erithacus, provén dogrego antigo e fai referencia a un paxaro descoñecido, agora identificado como paporroibo.[11]
Previamente, o xénero tamén incluía as especiesLarvivora akahige eLarvivora komadori. Porén, segundo os estudos defiloxenia molecular, estas especies orientais son máis semellantes a outros grupos de aves asiáticas que ó paporroibo.[12][13] Nunha reorganización do xénero,Larvivora akahige eLarvivora komadori foron trasladados ó recuperado xéneroLarvivora, deixando o paporroibo como o único membro deErithacus.[14] As análises filoxenéticas situaronErithacus na subfamilia Erithacinae, que antes contiña só especies africanas, pero a súa posición exacta respecto dos outros xéneros non foi resolta.[13]
O distintivo papo alaranxado que amosan ámbolos dous sexos contribuíu ó nome comúnpaporroibo (olaranxa como nome de cor era descoñecido en Europa até oséculo XVI, cando foi introducida afroita do mesmo nome). Noutras linguas europeas, o seu nome común tamén fai referencia á distintiva cor do papo, como noneerlandésroodborstje, nofrancésrouge-gorge, noalemánRotkehlchen, noitalianopettirosso ou nocastelánpetirrojo.[15]
O paporroibo pertence ó grupo de paxaros principalmenteinsectívoros que foron chamados de forma distinta como tordos ou "papamoscas", dependendo de en cal dos grupos foron clasificadostaxonomicamaente. Eventualmente, o conxunto de aves "papamoscas" foi re-analizado e o xéneroErithacus foi asignado ó grupo de papamoscas semellantes a tordos, a tribo Saxicolini, que tamén inclúe orousinol.[16]
Na súa ampla distribución eurasiática, os paporroibos varían lixeiramente mais non tódalas rexións forman poboacións discretas que poidan ser consideradassubespecies.[17][18] As subespecies de paporroibo distínguense principalmente por seren poboacións residentes en illas e áreas montañosas. O paporroibo dasillas Británicas e o do oeste de Europa,Erithacus rubecula melophilus, tamén é común en rexións adxacentes.E. r. witherbyi do noroeste deÁfrica,Córsega eSardeña parécese moito amelophilus mais cunha lonxitude deás máis curta.[19] As aves setentrionais son meirandes e de cores máis esvaecidas, coñecidas comoE. r. tataricus. Na zona sueste da súa distribución salientan aE. r. valens dapenínsula de Crimea, aE. r. caucasicus doCáucaso eE. r. hyrcanus cara ó sur enIrán, e son polo xeral aceptadas como significativamente diferentes.[19]
EnMadeira e osAzores, a poboación local foi descrita comoE. r. microrhynchos, e malia que non se distingue na súamorfoloxía, o seu illamento suxire que a subespecie é válida.
Chamada do paporroibo deGran Canaria.Adulto e exemplar xuvenil do paporroibo de Gran Canaria.
As aves máis diferentes son as deGran Canaria (E. r. marionae) eTenerife (E. r. superbus), que poden ser consideradas dúas especies diferentes ou cando menos dúas subespecies distintas. Distínguese axiña por un anel ocular branco, un peito de cor intensa e unha liña agrisada que separa o vermello alaranxado da cor marrón. A súa barriga é completamente branca.[20]
A secuencia docitocromob e as súas vocalizacións[21] sinalan que os paparroibos de Gran Canaria e Tenerife son bastante distintos e probablemente derivan dunha colonización dende o continente hai 2 millóns de anos.[22]
Christian Dietzen, Hans-Hinrich Witt e Michael Wink publicaron en 2003 en "Avian Science" un estudo chamado "The phylogeographic differentiation of the European robin Erithacus rubecula on the Canary Islands revealed by mitochondrial DNA sequence data and morphometrics: evidence for a new robin taxon on Gran Canaria?".[17] Nel, eles conclúen que o paporroibo de Gran Canaria diverxeu xeneticamente dos seus parentes europeos hai 2,3 millóns de anos, mentres que os de Tenerife precisaron medio millón de anos máis para facer este salto, hai 1,8 millóns de anos. A razón máis probable pode ser unha colonización diferente das Canarias por este paxaro, que chegou primeiro á illa máis antiga (Gran Canaria) e despois pasou á illa veciña (Tenerife).[23]
Unha comparación completa entremarionae esuperbus está pendente de confirmar que a primeira é efectivamente unha subespecie diferente. Os resultados iniciais suxiren que os paxaros de Gran Canaria teñen ás un 10% máis curtas que os de Tenerife.[17] As poboacións máis occidentais das Illas Canarias son máis recentes (Plistoceno Medio) e só están comezando a diverxer xeneticamente. Os paporroibos deEl Hierro,La Palma eLa Gomera (E. r. microrhynchus) son semellantes ás subespecies de tipo europeo (E. r. rubecula).[19]
Os paporroibos que se poden atopar enFuerteventura son os europeos, o cal non é sorprendente xa que estas aves non crían nesta illa nin enLanzarote, senón que son aves de invernía que só pasan por estas illas durante as migracións entreÁfrica eEuropa.[23]
A especiepaporroibo real (Pyrrhula pyrrhula) é chamada así polas súas semellanzas co paporroibo,[3] máis as dúas especies non están relacionadas entre si. A súa semellanza reside na mancha alaranxada do seu papo, presente en ámbalas dúas clases de aves.
O paporroibo adulto mide entre 12,5e 14,0 cm de longo e pesa entre 16 e 22 g, cunha envergadura de 20 a 22 cm. O macho e a femia teñen unhaplumaxe moi semellante; unha cara e papo alaranxados (cunha cor máis intensa na subespecie británicaE. r. melophilus), ten unha banda agrisada nos lados da gorxa e o ventre branco. As plumas da parte superior do corpo son marróns, ou cor castaña olivácea nas aves británicas, e a barriga é branca, mentres que as patas e os pés son marróns. O peteiro e os ollos son negros. Os exemplares novos teñen a plumaxe acastañada con manchas e fáltalles a mancha vermella característica dos adultos, que aparece gradualmente.[24]
O paporroibo habita enEurasia e no oeste deSiberia, no sur deAlxeria e nas illas doAtlántico chegando até osAzores eMadeira. É esporádico enIslandia. No suroeste, chega até oCáucaso. Os paporroibos de Irlanda e Gran Bretaña son residentes todo o ano mais existe unha pequena minoría, polo xeral femias, que migran cara ó sur deEuropa durante o inverno, chegando até aPenínsula Ibérica. Os paporroibos deEscandinavia eRusia migran cara a Gran Bretaña e o oeste de Europa para fuxir dos duros invernos. Estas aves migratorias poden ser recoñecidas polo ton máis agrisado da súa parte superior e por ter un papo laranxa máis opaco. O paporroibo prefire os bosques de abetos no norte de Europa, mentres que os de Irlanda e Gran Bretaña prefiren as zonas de parques e xardíns.[25]
O paporoibo é diúrno, malia que tamén existen rexistros de que é un cazador activo de insectos en noites de lúa ou preto de luces artificiais durante a noite.[18] O paporroibo estivo mellor considerado nunhas partes de Europa que noutras. Por exemplo, nas Illas Británicas sempre foi ben tratado, polo que ten relativamente pouco medo das persoas e séntese atraído polas actividades humanas que implican a escavación do solo, co obxectivo de buscarmiñocas e outros alimentos que poidan aparecer. Por este motivo, o poporroibo alí é considerado un amigo do xardineiro e por razóns culturais efolclóricas nunca se lle debe facer dano. Por outra banda, na Europa continental os paporroibos foron cazados e matados como moitas outras especies de paxaros, polo que a súa conduta é máis cautelosa.[24] Os paporroibos tamén se achegan a grandes animais salvaxes, como oxabaril e outros animais que fozan no terreo, para buscar calquera comida que puidese asomar na superficie. En outono e inverno, substitúen a súa dieta habitual de invertebrados terrestres como arañas, vermes e insectos, por bagas e froitas.[25] Tamén poden comer mesturas de sementes que se poñen en comedeiros de aves.[24]
Os paporroibos machos teñen un comportamento territorial altamente agresivo. Atacan con ferocidade a outros machos e competidores que se adentran nos seus territorios e teñen sido vistos atacando outras aves pequenas sen aparente provocación. Tales ataques ás veces supoñen mortes, o que representa até o 10% das mortes de paporroibos adultos nalgunhas áreas.[27]
Por mor da alta mortalidade no primeiro ano de vida, os paporroibos teñen unhaesperanza de vida de 1,1 anos; porén, unha vez pasado o seu primeiro ano pode chegar a vivir máis e tense rexistrado un paporroibo que alcanzou os 19 anos de idade.[28] Unha tempada de temperaturas moi baixas en inverno tamén pode resultar nunha mortalidade significativa.[29] Esta especie é parasitada pola pulgaDasypsyllus gallinulae.[30]
Pito de paporroibo.Niñada de paporroibo.Cuculus canorus +Erithacus rubecula
Os paporroibos poden escoller unha gran variedade de lugares para construír os seus niños. De feito, calquera cousa que poida ofrecer algún acubillo, como unha fenda ou un burato poden ser axeitados. Ademais das fendeduras habituais, ou bancos protexidos, tamén poden servirlles obxectos habituais como pezas de maquinaria, grellas, guiadores de bicicleta, vasoiras voltas cara a arriba, regadeiras, testos e até sombreiros. O niño componse de carriza, follas e herba fina, xunto con pelos e plumas para forralo. Na tempada de reprodución poñen niñadas de 5 a 6 ovos, comezando esta tempada en marzo en Gran Bretaña e Irlanda. Os ovos son de cor crema, marrón ou branca moteados ou manchados cunha cor marrón avermellada, a miúdo máis densamente no extremo máis grande.[31] Cando os exemplares xuvenís abandonan o niño teñen manchas marróns por todo o corpo. Despois de dous ou tres meses fóra do niño, ás aves médranlles algunhas plumas laranxas debaixo no papo e durante un período semellante, esta mancha de cor esténdese gradualmente para completar a aparencia adulta.
O paporroibo produce unchío (axuda·info) característico durante a época de cría. Tanto o macho coma a femia chían durante o inverno, cando teñen territorios separados, e a canción soa máis apesarada que a versión de verán.[24] O paporroibo femia móvese a pouca distancia do territorio de aniñadoiro de verán a unha área achegada que é máis axeitada para a alimentación de inverno. Durante a tempada de cría, os paporroibos machos comezan polo xeral o seu canto da mañá unha hora antes do amencer, e adoitan rematar o seu canto diario uns trinta minutos despois do solpor.[32] Tamén é posible o canto nocturno, especialmente en áreas urbanas que son iluminadas artificialmente durante a noite.[32] Baixo a luz artificial, o canto nocturno pode ser empregado polos paporroibos urbanos para compensar activamente o ruído antropoxénico durante o día.[33] Tamén realizan gran variedade de chíos e chamadas durante todo o ano, incluída unha nota específica que indica ansiedade ou unha leve alarma.
O compás magnético do paporroibo foi amplamente investigado e sábese que emprega visión baseada namagnetorrecepción, segundo a cal a capacidade do paporroibo para detectar o campo magnético da Terra para a navegación está influenciada pola luz que entra no ollo do paxaro. O mecanismo físico do sentido magnético do paporroibo non está completamente entendido, pero pode implicar oentrelazamento cuántico despins de electróns.[34]
O paporroibo xoga un papel importante nofolclore das Illas Británicas, así como no noroeste de Francia, mais non así noutras partes de Europa.[36] Considerouse que era un paxaro de nubes de treboada e sagrado paraThor, o deus do trono namitoloxía nórdica.[37]
Nas Illas Británicas os paporroibos aparecen en contos tradicionais infantís, están asociados ó Nadal e ás tarxetas de Nadal[38] e ós carteiros,[39] aparecen en selos, serven de alcume para equipos deportivos[40][41] e mesmo gaña votacións como paxaro máis popular.[42][43]
Existen lendas que intentan explicar a orixe do distintivo peito do paporroibo. Unha delas conta que nun principio era un paxaro de cor parda todo el, pero que cando veu aXesús que estaba a morrer na cruz, un paporroibo voou até el e cantoulle no oído para confortalo na súa dor, ou ben intentou sacarlle as espiñas da coroa. En calquera caso, o sangue das súas feridas manchou o peito do paporroibo e dende entón estes paxaros levan o sinal do sangue de Xesús con eles[37][44].
Outra lenda alternativa di que o seu peito chamoscou cando buscaba auga para as almas nopurgatorio.[38].
E unha terceira conta un relato que lembra o caso dePrometeo, a quenZeus castigou por roubar o lume do Olimpo e darllo ós humanos. Parece ser que o paporroibo quixo traer o lume para que os humanos puidesen quentarse e cociñar. Achegouse ó sol e pediulle permiso, ó que o sol accedeu non sen antes advertirlle de que se podía queimar. Aínda así, o paxaro colleu no peteiro o facho que lle dera o sol, co seu lume, e descendeu de volta á terra, pero a distancia era tanta que, cando chegou, o facho estaba xa case consumido, e por iso queimouse algunhas plumas do papo.[45] O resto das aves quixeron regalarlle unha das súas plumas, excepto acuruxa e por ese xesto de egoísmo, as outras aves prohibíronlle voar de día.
↑Seki, Shin-Ichi (2006). "The origin of the East AsianErithacus robin,Erithacus komadori, inferred from cytochromeb sequence data".Molecular Phylogenetics and Evolution39 (3): 899–905.PMID16529957.doi:10.1016/j.ympev.2006.01.028.
↑13,013,1Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)".Molecular Phylogenetics and Evolution57 (1): 380–392.PMID20656044.doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008.
↑Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016)."Chats, Old World flycatchers".World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 de maio de 2016.
↑18,018,1Pätzold, R. (1995).Das RotkehlchenErithacus rubecula. Neue Brehm-Bücherei(en alemán). Magdeburg/Heidelberg: Westarp Wissenschaften/Spektrum.ISBN3-89432-423-6.
↑19,019,119,2Lack, D. (1946). "The Taxonomy of the Robin,Erithacus rubecula (Linnaeus)".Bulletin of the British Ornithologists' Club66: 55–64.
↑Cramp S, ed. (1988).Handbook of the Birds of Europe, the Middle East and North Africa. The Birds of the Western Palearctic. Volume V. Tyrant Flycatchers to Thrushes. Oxford: Oxford University Press.ISBN0-19-857508-4.
↑Bergmann, H.H.; Schottler, B. (2001). "Tenerife robinErithacus (rubecula) superbus – a species of its own?".Dutch Birding23: 140–146.
↑Malia que Dietzenet al. (2003) conclúen que tanto as poboacións de Tenerife como as de Gran Canaria derivan de poboacións continentais e deberían constituír dúas ou ser dúas subespecies deE. rubecula, os seus datos non permiten xerar unha conclusión definitiva. Unha explicación alternativa, na que Tenerife foi colonizada por unha poboación distinta de paporroibos de Gran Canaria, non foi explorada e o modelo proposto baséase soamente na inferencia probabilística. Do mesmo xeito, a datación molecular aparentemente exacta é dubidosa, xa que supón unreloxo molecular que pode ser correcto ou non, e, por suposto, a suposición de que o devanceiro de tódolos paporroibos fose semellante en cor a "superbus" e non ás aves continentais, deducíndose do seu modelo de colonización, é completamente conxetural.
↑25,025,1Jonsson, Lars (1976).Birds of Wood, Park and Garden. Middlesex, Inglaterra: Penguin. p. 90.ISBN0-14-063002-3.
↑Long, John L. (1981).Introduced Birds of the World: The worldwide history, distribution and influence of birds introduced to new environments. Terrey Hills, Sydney: Reed. p. 309.ISBN0-589-50260-3.
↑Evans, G. (1972).The Observer's Book of Birds' Eggs. Londres: Warne. p. 85.ISBN0-7232-0060-2.
↑32,032,1Da Silva; Samplonius; Schlicht, Valcu; Gaston (2014). "Artificial night lighting rather than traffic noise affects the daily timing of dawn and dusk singing in common European songbirds".Behavioral Ecology25 (5): 1037–1047.doi:10.1093/beheco/aru103.
↑"Robin". BBC. Arquivado dendeo orixinal o 29 de decembro de 2002. Consultado o 3 de xaneiro de 2008.
↑Hull Kingston Rovers RLFC. Official Website, ed."Hull Kingston Rovers: History". Hull Kingston Rovers RLFC. Arquivado dendeo orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2012.
↑Goodall, Simon."European robin (Erithacus rubecula)". Greater Manchester Local Record Centre. Arquivado dendeo orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2015.No folclore cristián o paporroibo obtivo o seu peito vermello porque arrancou unha espiña da coroa de espiñas de Xesús durante a súa crucifixión. Unha pinga do sangue de Xesús caeu sobre o paxaro e desde entón ten un peito vermello ; para os cristiáns estivo desde hai moito tempo asociado coa caridade e a piedade. (Orixinal: "In Christian folklore the robin got its red breast because it plucked a thorn from Jesus' crown-of-thorns during His crucifixion. A drop of Jesus' blood fell on to the bird and thereafter they had a red breast – for Christians the robin has long been associated with charity and piety.")
Grajetzky, Bodo (2000).Das Rotkehlchen. Zeit- und Energiekonflikte – ein Kleinvogel findet Lösungen(en alemán). Aula, Wiebelsheim.ISBN3-89104-584-0.
Ingersoll, Ernest (1923). "Fire-birds: The Robin and the Wren".Birds in legend, fable and folklore. Nova York: Longmans, Green and co. Consultado o 8 de agosto de 2009.
Lack, Andrew (2008).Redbreast: The Robin in Life and Literature(en inglés). SMH Books.ISBN978-0-9553827-2-7.
Röhl, Alexandra (1968).Duette mit ihm(en alemán). Stuttgart: Verlag Freies Geistesleben.ISBN3-7725-0564-3.
VAQUEIRO, Vítor:Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v.paporrubio.