Ospapiros de Kahun (tamén chamadospapiros de Lahun) son unha colección de antigos textos exipcios redactados enescritura hierática, encontrados o ano1889 na vila obreira deLahun (ouKahum, como se coñece habitualmente),Exipto, polo exiptólogoFlinders Petrie. Reproducen outros escritos máis antigos e inclúen, entre outras cosas, un tratado dematemáticas e outro deobstetricia, que revelan coñecementos médicos cuxa orixe pode remontarse até o 3000 a. C.
Consérvanse noUniversity College deLondres. Esta colección de papiros é unha das máis grandes encontradas até hoxe. A maioría dos textos están datados en ca.1825 a. C., até o reinado deAmenemhat III. En xeral, a colección abarca oImperio Medio de Exipto.[1]
A cidade deHetep Senusret, situada no que hoxe é o poboado da rexión deAl Fayum chamado en árabeal-Lāhūn, foi escavada en1888-1889 por Flinders Petrie, quen transcribiu equivocamente o nome porKahun, denominación que se transmitiu a unha parte considerábel da bibliografía.
Os fragmentos foron restaurados e traducidos por F. L. Griffith,[2] aínda que algúns foron imposíbeis de descifrar polo seu mal estado de conservación.
Os textos abarcan unha gran variedade de temas:
O contido matemático analízase con todo detalle no libro de Sylvia Couchoud,Mathématiques Égyptiennes. Recherches sur les connaissances mathématiques de l’Égypte pharaonique,[7] que analiza tamén o contido matemático dopapiro de Rhind, opapiro de Moscova e outros.
Comprenden:
Tamén dan conta dunha serie de observacións médicas e veterinarias e de remedios que se utilizaban no antigo Exipto para tratar problemas de xinecoloxía e obstetricia, como o tratamento das enfermidades da vaxina e do útero, así como métodos para o diagnóstico do embarazo e a determinación do sexo do feto, e se dá unha receita para un preparado contraceptivo: un supositorio vaxinal feito con feces de crocodilo, mel e carbonato de sodio. É o primeiro documento escrito acerca da influencia da música sobre o corpo humano.
Os papiros testemuñan a presenza daveterinaria no antigo Exipto. Describen enfermidades do gando e o seu tratamento, así como enfermidades de animais de compañía, como cans e gatos. Ademais de ritos máxicos, os tratamentos preventivos e curativos de doenzas dos animais incluían baños fríos e quentes, fregas, cauterizacións, sangrías, castración, redución de fracturas etc.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papiros Kahun |