Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Papiniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPapiniano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementomarzo de 142Editar o valor en Wikidata
Homs, Siria(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte211(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitaciónEditar o valor en Wikidata
Prefecto do pretorio
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereitoEditar o valor en Wikidata
OcupaciónxuristaEditar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio RomanoEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio RomanoEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
BNE: XX5650798
Papiniano.

Emilio Papiniano (enlatín,Aemilius Papinianus), tamén coñecido simplemente polo nome dePapiniano, nado enSiria en142 e finado enRoma no212, foi unxurisconsultoromano,magister libellorum eprefecto do pretorio doemperadorSeptimio Severo. Foi discípulo do xuristaQuinto Cervidio Escévola.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Pouco se sabe sobre a vida persoal de Papiniano. Supúxose que naceu enEmesa (Siria), ou enÁfrica ao redor do ano150, e que eraparente por afinidade deSeptimio Severo.

Iniciou ocursus honorum baixoMarco Aurelio, xunto a Septimio Severo, do cal foi íntimo amigo. Ao converterse Septimio Severo en emperador, nomeounomagister libellorum,prefecto do pretorio (cargo que desempeñou ata a morte deste último en211), e membro doConsilium do emperador. Antes do seu falecemento o emperador encomendoulle especialmente aos seus dous fillos,Xeta eCaracalla.

Papiniano intentou manter a paz entre os fillos de Severo, pero ambos só pensaban en eliminar ao outro para quedar co poder. Finalmente, Caracalla asasinou o seu irmán no ano212 e ordenou a morte de Papiniano, ao parecer, por non querer xustificar oasasinato ante o Senado.

Este feito daría orixe á frase «É moito máis fácil cometer unparricidio que xustificalo» (non tam facile parricidium excusari posse quam fieri), aínda que a autenticidade histórica desta frase é bastante dubidosa. Os detalles do ocorrido varían segundo a fonte, pero está practicamente fóra de discusión que existiu unha relación entre ofratricidio de Xeta e a morte Papiniano, que ocorreu no ano 212.

Obras

[editar |editar a fonte]

As súas obras máis importantes foron asQuaestiones en 37 libros, escritos antes de198 (que corresponde máis ao tipo de literatura denominadaDigesta, por contemplar o estudo dogmático e os casos consultados e resoltos polo autor) e asResponsa (comentarios a casos reais) en 19 libros, escritas entre204 e a data da súa morte.

Ademais redactou dúas obras co mesmo título:De adulteriis, dous libros deDefinitiones e un texto en grego, en que expoñía as obrigacións dosmaxistrados e funcionarios dapolicía urbana (aínda que se sospeita que este é unha colección posclásica, que reproduce fragmentos dasResponsa). No Digesto consérvanse 596 fragmentos de Papiniano.

Importancia

[editar |editar a fonte]

Polo seu talento xurídico e vida pública, unido á súa heroica morte (como un mártir polaxustiza), Papiniano é tradicionalmente considerado un dos «príncipes da xurisprudencia romana» e practicamente o xurista por antonomasia; por exemplo, paraMommsen era o maior dos xurisconsultos romanos.

Entre as súas calidades como xurista destacáronse, entre outros trazos, a súa independencia de criterio e o afán pola procura de soluciónsequitativas, criterio diverso ao seguido polos seus predecesores (que eran tecnicamente rigoristas).

Alei de citas de426, que regulaba arecitatio das obras dos xuristas ante ostribunais (ou sexa, que xuristas podían ser invocados e os criterios para a decisión doxuíz ante opinións diversas destes) concedeulle a preeminencia entre os xuristas romanos clásicos, ao establecer que, se non existía maioría nun sentido ou había empate entreGaio,Paulo,Ulpiano,Herenio Modestino e el, prevalecía a súa opinión. En caso que non se manifestou sobre o particular, o xuíz quedaba libre de elixir entre as opinións presentadas polas partes.

Ademais, dentro doDixesto deXustiniano, as súas obras forman parte da denominadamasa papiniana, é dicir, dunha das catro agrupacións de textos utilizados na súa redacción.

Tal importancia tivo Papiniano no Dereito, que as dúas máis importantes compilacións lexislativas que impuxeron os bárbaros aos romanos, oBreviario de Alarico, dos visigodos, e a lei romana dos borgoñóns, tiveron senllos capítulos nos que recompilaban textos deste importante xurisconsulto. Tan importante foi Papiniano para os borgoñóns, que a lexislación imposta por estes foi coñecida como O Papiniano, por facer alusión ao xurisconsulto en mención.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PapinianoModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Paricio, Javier (1999).Los juristas y el poder político en la antigua Roma. Granada: Editorial Comares, S.L.ISBN 84-8151-865-4. 
  • Giuffre.Papiniano, fra tradizione et innovazione, << ANRW >> 11-15, 632ss

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Papiniano&oldid=6221019»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp