![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo. |
Papeleira de Pontevedra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Vista do complexo desdeSamieira. | ||||
Tipo | fábrica![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Pontevedra | |||
Parroquia | Lourizán![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1963![]() | |||
[ Wikidata ] |
Apapeleira de Pontevedra é un complexo industrial situado na parroquia deLourizán, xunto áría de Pontevedra. Está formado pola fábrica da empresaEnce.
O complexo está situado a medio camiño entre a cidade dePontevedra eMarín, e ocupa unha zona de alto valorecolóxico: está entre un importante banco marisqueiro e a Escola de Capataces Forestais e CIF (Centro de Investigacións Forestais) de Lourizán, dependente doCSIC e que data de principios doséculo XX.
A decisión técnica e o acordo político de situar a fábrica na ría tomáronse entre finais de1955 e comezos de1956. Ogobernador civil,Rafael Fernández Martínez, deu unha rolda de prensa o 13 de xuño de 1955, confirmando a instalación da fábrica en Lourizán. Presidencia do Goberno publicou o decreto de constitución da empresa noBoletín Oficial del Estado o20 de novembro do mesmo ano, inda que a formalización da Empresa Nacional de Celulosas de Pontevedra adiouse ata o4 de abril de1957. O enxeñeiro finlandés Kaarlo Amperla visitou a zona en xaneiro de 1956 e fixo un informe favorable. Dous meses despois, o 26 de marzo de 1956, Ricardo López Molero, enxeñeiro xefe doMinisterio de Obras Públicas cuxo titular eraFernando Suárez de Tangil, asina unha circular sobre a ocupación do terreo por parte doInstituto Nacional de Industria (INI), presidido porJuan Antonio Suances, para a instalación dunha fábrica de pasta de celulosas kraft.Francisco Franco inaugurouna o13 de setembro de1963.[1]
A fábrica de pasta de papel de celulosa da empresaEnce (Empresa Nacional de Celulosas) produce pasta que é enviada a outras fábricas para ser tratada e fabricar o produto final, se ben é o proceso de fabricación da pasta o que máis afecta ó medio ambiente.
A fábrica é obxecto de polémica. Ó longo dos anos foi medrando a contestación social na cidade, que sofría diariamente os malos cheiros derivados da emisión demercaptanos, chegándose a crear aAsociación Pola Defensa da Ría. Co tempo demostrouse a concentración de metais pesados no produto do marisqueo do esteiro dorío Lérez (grazas probablemente tamén á contribución deTafisa) e comezaron as accións legais, aínda en curso.[Cómpre referencia].
No complexo industrial estivo a industriaelectroquímica da empresaElnosa. Abastecía decloro[2] e outros produtos químicos á planta de pasta de papel,[3] mais pechou definitivamente en 2020.[4]
Na actualidade, dentro do recinto da factoría hai unhadepuradora, pero semella que segue habendo problemas co emisor submarino.[Cómpre referencia]
Outras papeleiras (por exemplo a de Brandía, na Barcia, preto deLaraño, Santiago de Compostela) causaron menor polémica social debido ó seu menor tamaño e ó maior respecto comedio natural.