| Papagaio Ravachol | |
|---|---|
Escultura do Papagaio Ravachol napraza da Peregrina. | |
| Especie | Papagaio |
| Nacemento | cara1891 |
| Falecemento | 25 de xaneiro de1913 Pontevedra |
| Enterramento | Mourente, Pontevedra |
| Dono | Perfecto Feijoo |
| Anos activo | 23 |
| Coñecido por | Conversación intelixente e sarcástica |
| Pais | España |
Ravachol, nado cara a1891 e finado o 24 ou25 de xaneiro de1913, foi unpapagaio, mascota dePerfecto Feijoo que vivía na botica que este tiña napraza da Peregrina enPontevedra.
Converteuse nun dos símbolos da cidade. O enterro do Papagaio Ravachol conmemórase cada ano durante o entroido de Pontevedra.
Recibiu o seu nome doanarquistafrancésFrançois Claudius Koënigstein, máis coñecido como Ravachol, condenado a morte en 1892.
Non hai constancia de que o papagaio tivese un nome concreto durante os seus primeiros meses enPontevedra, pero antes de que transcorrese un ano desde a súa chegada á cidade, todos os veciños coñecíano polo nome do famoso revolucionario francés François Ravachol,[1] anarquista que, ademais de alborotador, era coñecido polos seus atentados terroristas con dinamita.
Foi o seu propio dono, Don Perfecto Feijoo, quen bautizou ao papagaio co nome de Ravachol, polo seu carácter revoltoso e indomable.[2]
O farmacéutico pontevedrésPerfecto Feijoo (1858-1935) licenciouse naUniversidade de Santiago de Compostela. A partir de 1880 rexentou a botica situada napraza da Peregrina xunto áIgrexa da Virxe Peregrina na esquina coa rúa Oliva (hoxe desaparecida). Tiña un carácter agradable e afable e reunía na súa farmacia á flor e nata da sociedade pontevedresa. Destacadas personalidades da política, as artes e a ciencia acudían á súa botica para participar nas reunións máis animadas.[3] Foi, sen dúbida, unha das personalidades máis carismáticas daGalicia da época.
En 1702, a frota española, xunto coa francesa, tentou desembarcar mercadorías traídas de América. Os barcos foron atacados pola frota anglo-holandesa, o que conduciu á batalla de Rande. Entre as mercadorías procedentes do novo continente había un cargamento de aves exóticas. Tras o afundimento dos barcos, un gran número de papagaios conseguiu sobrevivir. Esparexéronse e foron capturados polos aldeáns.

Descoñécese a data de nacemento do papagaio Ravachol, pero foi en 1891 cando Martín Fayes, profesor de música e director da banda militar de Tui, amigo de D. Perfecto, regaloullo. O novo papagaio permanecería en Pontevedra durante 22 anos.[4]
O papagaio tardou algún tempo en adaptarse ao seu novo fogar, pero pronto mostrou o seu carácter axitado e irreverente.[5] A súa facilidade de palabra mesturábase cun vocabulario vulgar, procedente dos soldados do cuartel onde traballaba o seu antigo propietario, Martín Fayes. Dependendo da época do ano e da hora do día, a gaiola do papagaio estaba situada na farmacia, na parte traseira da farmacia ou fóra da farmacia xunto a un banco de pedra. Era neste último lugar onde o papagaio atopábase máis cómodo gozando da animación dos transeúntes. En1900 participou nunha representación dun texto deEnrique Labarta Pose noTeatro Principal de Pontevedra.
Trala súa morte, acontecida o venres 24 ou o sábado 25 de xaneiro de 1913,[6][7] oDiario de Pontevedra fíxose eco da nova.[8] Dise que a causa da súa morte foi o consumo excesivo de galletas empapadas en viño ou un envelenamento.[9] A sociedade pontevedresa sumiuse nun triste loito e organizouse para despedir ao referente máis emblemático da cidade. O cadáver foi embalsamado e exposto na farmacia.
A Sociedade de Artesáns organizou o funeral e instalou un tanatorio na farmacia. O boticario axiña empezou a recibir mostras de condolencias. Animado polo ambiente de loito, decidiu esaxerar o feito aproveitando a proximidade doentroido. Así, o mércores 29 celebrouse o enterro de Ravachol, tras unhacapela ardente no Salón do Recreo de Artesáns desde o día anterior. Ás sete do serán unha gran comitiva dirixiuse ó Circo Teatro, onde se celebrou"...unha criminal velada que correrá a cargo duns cantos coñecidos atropeladores da arte cómica-lírica-rapsódica-romántica-sentimental". Nela actuaronVíctor Cervera-Mercadillo vestido declown,Antonio Blanco Porto recitando un poema, o barítono Torres, o coro "La paella", a banda de música e un discurso necrolóxico a cargo deJosé Fernández Tafall. Famosos pontevedreses participaron no funeral, que serviu de despedida ao entrañable papagaio Ravachol.[10] Os restos mortais do papagaio foron soterrados nunha leira que D. Perfecto posuía enMourente.[11]
O temperamento do papagaio era moi peculiar, a súa verborrea e facilidade de expresión convertíano nunha atracción singular. Moitos clientes daban caramelos ao papagaio, e os que non o facían recibían unha boa reprimenda de Ravachol. Era moi apreciado polas xentes da cidade a pesar de ser moi mal falado e de que os seus diálogos e frases non eran sempre correctos.
A vida do papagaio estivo marcada por un gran número de anécdotas relacionadas coa súa facilidade de expresión e o seu particular sarcasmo. O máis sorprendente é que o seu dominio do idioma ía acompañado dunha intelixencia que lle permitía manter pequenas conversacións. Tamén identificaba determinadas situacións para aplicar as súas frases e expresións, case sempre en galego, que pronto se popularizaron e máis tarde utilizáronse na linguaxe cotiá dos pontevedreses. Por exemplo, Ravachol podía dicir a frase ameazadora "se collo a vara..." para dirixirse aos que lle molestaban. Se non había ninguén atendendo aos clientes e entraba un cliente na farmacia, gritaba "Don Perfecto" (hai xente na tenda). Se o cliente tiña mal aspecto, gritaba: "Aquí non se fía". En cambio, cando chegaba un cura, imitaba a un corvo.[12] Ao presidente do Goberno español,Eugenio Montero Ríos, e á escritoraEmilia Pardo Bazán dedicoulles insultos que serían condenados na época. Outro exemplo da súa intelixencia é que ás veces gritaba "Don Perfecto a despachar" e cando se lle achegaba o farmacéutico dicíalle "Engañeiche!". Outra frase famosa súa era "arre, arre".
En1985, un grupo de pontevedreses, en colaboración coa comisión municipal de festas, decidiu recrear o velorio e enterro do Papagaio Ravachol durante o entroido da cidade.[13] O éxito desta primeira recreación foi tal que en poucos anos o enterro do Papagaio Ravachol converteuse nun dos actos máis populares do entroido galego. A celebración pecha a semana de entroido en Pontevedra (celébrase no canto do enterro da sardiña). É costume que Ravachol apareza o luns de Entroido cun disfrace que cambia cada ano en función da actualidade. Inicialmente, o funeral celebrábase o venres, pero trasladouse ao sábado, despois do Mércores de Cinza, para facilitar a participación de miles de persoas no cortexo fúnebre.

Existen innumerables exemplos de recoñecemento desta figura do entroido de Pontevedra. Foi obxecto de reportaxes televisivas, columnas xornalísticas,[14] estudos históricos e inspiración literaria.[15] Tamén ten a súa propia saeta, rumba,tanguillos e coplas murgueras,[16] a súa insignia e diversos artigos de merchandising. O papagaio ten un monumento desde o 23 de febreiro de 2006 no mesmo lugar da cidade onde tiveron lugar as súas pintorescas fazañas.[17] Precisamente alí reconstrúese cada ano a farmacia de donPerfecto Feijoo, derrubada en 1947 para alargar arúa Michelena, e recréanse os famosos faladoiros.
O papagaio tamén ten unha figura dedicada na famosacerámica galega de Sargadelos.[18] Os doces chamadosRavacholitos tamén están dedicados ao papagaio Ravachol.[19]
A iniciativa de 1985 para recuperar a memoria de Ravachol cristalizou na organización dunha incineración da súa efixie para o venres da semana de Entroido. A iniciativa tivo éxito desde o primeiro ano, non así outra proposta que suxería aproveitar as cinzas da cremación para servir de fertilizante a árbores plantadas cada ano para dar lugar a un "paseo de Ravachol". En 1992 e, ininterrompidamente, desde o 2003, durante a semana de Entroido recreouse a botica de Perfecto Feijoo no lugar que antigamente ocupaba. Nese mesmo lugar, napraza da Peregrina, instalouse unha estatua de ferro do papagaio o 22 de febreiro de2006 realizada polo escultorJosé Luis Penado.[20]
Entre 1985 e 1988 o Ravachol apareceu espido, pero desde 1989 aparece disfrazado.



| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papagaio Ravachol |