Unpapagaio[1] é calquera dasaves pertencentes á familiaPsittacidae (psitácidos[2]). Teñen un peteiro curvo e unhamandíbula superior que ten unha mobilidade leve e que se xunta co cranio; tamén presenta unha postura xeralmente erguida.
Xunto coa familia dacacatúa (Cacatuidae), a familia do papagaio pertence á orde dosPsittaciformes.
As aves da familia do papagaio poden ser encontradas na maioría dos lugares que posúen clima cálido, incluíndo aIndia,Sueste de Asia eÁfrica occidental, e unha especie, agora extinta, nosEstados Unidos (aCarolina Parakeet). Non obstante, as poboacións máis grandes da especie do papagaio son orixinarias deAustralasia, deAmérica do Sur e deAmérica Central.
Moitas especies poden imitar a conversación humana e outros sons. A investigadoraIrene Pepperberg publicou traballos sobre a capacidade de aprendizaxe dun papagaio gris africano chamadoAlex, que foi adestrado para utilizar palabras co obxectivo de identificar obxectos, describilos, contalos, e incluso contestar a preguntas complexas, por exemplo, "cantos cadrados vermellos hai?" (cunha exactitude do 80%). Porén, algúns eruditos sosteñen que os papagaios están simplemente repetindo palabras sen idea do significado.
Os papagaios cómpranse normalmente comoanimais domésticos en moitos países. Asás destas aves córtanse a miúdo e algúns donos permiten que os paxaros paseen en liberdade polos seus fogares ou veciñanzas.
Os papagaios requiren unhas atencións mínimas:comida,auga, espazo, limpeza e, por suposto, moito cariño e atención. Unha faceta importante da domesticación dos papagaios son os chíos, cos que responden a case calquerason agudo: ambulancias, claxon de coches, choros de nenos, e, incluso, á televisión. Non obstante, non todos os papagaios son iguais: hainos máis tranquilos, menos ruidosos, máis cariñosos etc. Isto dálle a oportunidade ao dono para elixir o tipo de papagaio que máis se adapte aos seus gustos.
Aos papagaios domésticos hai que proporcionarlles unhaalimentación axeitada e variada, consementes como omillo,froita etc. Poden chegar a vivir até cen anos.
Os donos de papagaios domésticos acostuman para entreter a súa mascota:
- Comprarllexoguetes, comoaros,arrandeadoiros etc.
- xogar con el: ensinarlle a cantar ou falar, cantar ou falar con el, rascarlle a cabeza (sempre que llo permita) etc.
- Deixarlle saír dagaiola, sempre que se afixera aos seus donos e ao seu contorno.