Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pantera (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
Revisar o apartado de críticas e revisar referencias (algunhas faltan e outras non son correctas)
Aviso: os artigos que inclúan este marcador clasifícanse naCategoría:Wikipedia:Artigos con tarefas pendentes.
Pantera
 Instancia de
 Xénero
 Composto por
 Selo discográfico
Obra
 Discografía
Datas
 Inicio de actividade
1981Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2003Editar o valor en Wikidata
 Data de fundación
1981Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
 País de orixe
Identificadores
VIAF140862434Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000110132128Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: nm1653394Facebook: PanteraTwitter: PanteraInstagram: panteraofficialMySpace: panteraYoutube: UChTDORxN3YPmasEurM6kRoASouncloud: panteraSpotify: 14pVkFUHDL207LzLHtSA18Apple Music: 1503192830Last fm: PanteraMusicbrainz: 541f16f5-ad7a-428e-af89-9fa1b16d3c9cSongkick: 288216Discogs: 85885Allmusic: mn0000005441Deezer: 2969Genius: PanteraEditar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Pantera foi un grupo musical deheavy metal procedente de Arlington,Texas (Estados Unidos), fundada polos irmáns Abott e que estivo activa dende a súa formación no1981 ata a disolución do grupo no2003. O estilo do grupo foi variando cos anos, pasando dohair metal eglam metal de finais dos anos 80 ata ogroove metal ethrash metal, na década dos 90, período marcado pola publicación deCowboys From Hell no1990 que os catapultou á fama.

A banda está considerada como unha das bandas fundamentais para asentar as bases do groove metal e unha das máis influentes formacións de metal da década dos 90.[1]. Pantera foi incluída en numerosas listas de importancia dentro da historia do heavy metal e dohard rock, chegando ó quinto posto da lista daMTV das 10 mellores bandas de heavy metal da historia,[2] así como aparecer no posto número 45 da lista de VH1 acerca das 100 mellores bandas de hard rock.[3]

Despois de numerosas discusións no seo da banda, Pantera disolveuse no2003 e os seus integrantes tomaron camiños distintos. Mentres Anselmo seguiu co seu proxecto Down, que xa fundara durante a súa estancia en Pantera, os irmáns Abbott formaron o grupoDamageplan, que só editou un disco a causa do asasinato do guitarristaDimebag Darrell.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Infancia dos irmáns Abbott

[editar |editar a fonte]

Vince Paul Abbott e Darrell Abbott naceron enDallas, Texas,Estados Unidos, no1964 e1966 respectivamente. Fillos deJerry Abbott, un músico decountry que posuía un estudio de gravación enPantego,Texas, polo que ambos irmáns se acostumaron rapidamente ó mundo musical. Nun principio, Vincent, alcumadoVinnie Paul, interesouse polabatería, polo que seus pais lle mercaron unha. Seu irmán Darrell sentiuse atraído á su vez pola batería do seu irmán, mais logo, ó ver a numerosos guitarristas deblues desfilando polos estudos de seu pai, preferiu aguitarra eléctrica. Ámbolos dous, amantes damúsica rock dos anos 70 e do nacenteheavy metal, con grupos comoKiss ouBlack Sabbath, decidiron formar un grupo musical que recollese estas influencias, unidas ó dominio que os Abbott ían tomando nos seus respectivos instrumentos. Este soño fíxose realidade no1981.

Formación: os anos do glam e o hair metal (1981-1990)

[editar |editar a fonte]

Pantera foi formado enArlington,Texas, no1981, polovocalistaDonnie Hart, osguitarristasDarrell Abbott (alcumado "Diamond Darrell" ou "Dimebag Darrell") eTerry Glaze (Terry "Terrence Lee" Glaze), obaixistaTommy Bradford e obateríaVinnie Paul, irmán de Darrell. Empezaron tocando versións deKiss eVan Halen, así como material propio encadrado dentro doglam metal e ohair metal, en clubs nocturnos de Texas.

No1982, Hart abandonou a banda, e o guitarrista Glaze tomou a parte vocal. Pouco tempo despois, Tommy Bradford tamén deixou a formación e foi substituído porRex Brown ("Rexx Rocker"). Pantera converteuse nunha das bandas favoritas do underground, inda que as súas xiras rexionais nunca os levaron máis alá deTexas,Oklahoma eLouisiana. A banda comezou como abreconcertos doutros actos deheavy metal coma os de grupos comaStryper,Dokken, eQuiet Riot, quen en cambio promoveron o debut de Pantera,Metal Magic. Este álbum foi lanzado polo selo propio da banda, co mesmo nome, no1983, e foi producido polo pai dos irmáns Abbott,Jerry Abbott, nos estudos Pantego.

Logo, Pantera lanzou outros dous tamén desapercibidos álbums:Projects In The Jungle eI Am The Night, nos que seguía dominando oglam metal nas súas composicións, inda que se foron separando progresivamente das do seu disco antecesor. Este último disco,I Am the Night, vendeu unicamente 25.000 copias, polo que é na actualidade unha peza de coleccionista. Foi neste período cando gravaron os seus dous primeiros videoclips: "All Over Tonight" e "Hot And Heavy" relacionados cos dous anteriores discos respectivamente.

Cambio de estilo: thrash metal e groove metal (1990-2003)

[editar |editar a fonte]

A influencia de tres discos capitais dentro do desenvolvemento dothrash metal (Reign in Blood deSlayer,Master of Puppets de [[Metallica] e Peace Sells... but Who's Buying? deMegadeth]) marcarán a carreira da banda cara ao citado estilo, no que non cadraba Glaze, polo que foi despedido.Phil Anselmo, proveniente deNova Orleáns, foi a súa substitución como vocalista despois de probar algún tempo con outros cantantes comoDavid Peacock ouMatt L'Amour. Porén o cambio de estilo non foi radical senón que foi a ós poucos e o primeiro álbum con Anselmo foiPower Metal (1988), no cal se atopa a canciónProud To Be Loud escrita polo guitarrista deKeel,Marc Ferrari. O estilo de dito traballo orientouse máis cara a unha mestura dohard rock dos anos 80 e o nacentethrash metal, engadindo ademais o estilo vocal de Anselmo, máis áspero e rudo que o de Glaze.

Foi a partir deste entón cando a banda comeza o seu cambio (non só musical senón tamén estilístico), chegando a relegar os antigos discos ó ostracismo, xa que non aparecen na discografía presente na súa páxina oficial. É famosa a frase de Vinnie Paul "These magic clothes don't play music, we do. Let's just go out there and be comfortable—jeans, t-shirt, whatever—and see where it goes" (Estas máxicas roupas non fan música, nós facémola. Saiamos fóra e sintámonos confortables -pantalóns, camisetas, o que sexa- e logo veremos como vai).

Cowboys from Hell (1990-1992)

[editar |editar a fonte]

Pouco despois da edición dePower Metal, Dimebag Darrell presentouse ás audicións deMegadeth, para formar parte do grupo liderado porDave Mustaine. Darrell puxera como condición que se unise tamén o seu irmán Vinnie Paul, pero ao ter Megadeth un batería estable comoNick Menza, Darrell non foi contratado, sendo elixido no seu lugarMarty Friedman. Ante a negativa, os irmáns Abott decidiron centrarse enPantera

Despois de buscar durante un longo período de tempo un selo que acompañase a Pantera na gravación do seguinte disco da banda,[4] Mark Ross, que traballaba paraAtco Records, viu un concerto da banda nun local de Texas e convenceu á súa empresa para que fichase ao grupo. Atco aceptou, e a banda rematou o ano1989 gravando o seu seguinte material nos estudos Pantego.

Cowboys From Hell (1990) marcou un cambio drástico na música de Pantera, que se decantou por un son máis aguerrido e poderoso deixando atrás o glam, condicionado pola voz augardentosa de Anselmo e os potentesriffs de guitarra deDimebag Darrell. Editado o24 de xullo de1990, as súas cancións máis destacadas son a que dá nome ao disco,Cowboys From Hell,Psycho Holiday,Cemetery Gates,Domination ePrimal Concrete Sledge. Moitos fans, e mesmo os membros mesmos da banda, consideraron este traballo como o seu debut oficial. Dimebag Darrell fixo os seus riffs e solos máis complexos e Anselmo adoptou un estilo vocal aínda máis abrasivo que enPower Metal. Para presentar adecuadamente o traballo, Pantera tocou durante un tempo na xira conExodus eSuicidal Tendencies, antes de abrir para artistas do talle deJudas Priest,AC/DC ouMetallica, tocando ante unha multitude de máis de 500.000 persoas enMoscova para celebrar un dos primeiros concertos de música occidental desde a caída daUnión Soviética.[5]

Phil Anselmo, segundo vocalista de Pantera, nun concerto conSuperjoint Ritual o 14 de xullo de2004.

Vulgar Display of Power (1992-1994)

[editar |editar a fonte]

Posteriormente chegouVulgar Display Of Power (25 de febreiro de1992), que presentou aínda maior madurez, máis personalidade e estilo propio. Nel cabe destacar a forza da liña "Groove", coa conseguinte substitución das voces en falsete do power metal en favor dun estilo máis agresivo, con influenciasHardcore e guitarras máis poderosas. Deste disco cabería destacar os temasWalk,Fucking Hostile,A New Level,This Love,Mouth For War eHollow. Os fans e críticos consideraron este traballo como o maior esforzo da banda. Ademais, o público acompañou ao álbum, chegando ao 44º posto nas listas doBillboard grazas, entre outros motivos, á repercusión que tiveron algúns dos vídeos do disco na influenteMTV.

Ao pouco de editar o disco, Pantera colaborou co vocalista de Judas Priest,Rob Halford, para gravar o temaLight Comes Out of Black, que conformou a banda sonora da serieBuffy the Vampire Slayer. Para iso, Halford tomou a voz principal e Anselmo os coros. Despois desta pequena incursión no estudo de gravación, a banda mergúllase nunha xira poloXapón primeiro e no Monsters Of Rock deItalia despois, no que compartiron escenario con estrelas dorock eheavy comoBlack Sabbath ouIron Maiden.

Far Beyond Driven (1994-1995)

[editar |editar a fonte]

TrasVulgar Display Of Power, en1994 publicouse o discoFar Beyond Driven, lixeiramente máis directo e brutal que o seu antecesor, que debutou no primeiro posto doBillboard estadounidense e nas listas deAustralia simultaneamente, converténdose no primeiro álbum de metal en conseguilo. Deste disco poderíanse destacar os temasI'm Broken (nomeada ao Grammy na sección de Mellor Interpretación de Metal en 1995),Becoming,5 Minutes Alone e a versión realizada da canción deBlack SabbathPlanet Caravan. Con este disco gañaron un gran respecto entre os fans máis acérrimos da música máis "brutal". Nun primeiro momento a portada do disco consistía nun trade perforando un ano, mais foi censurada e no seu lugar aparece a famosa cabeza sendo atravesada por un trade, que tamén causou un grande impacto na súa época.

Na xira de promoción do álbum, Pantera embarcouse nun tour porSuramérica e noutro dos festivais "Monsters of Rock". Foi neste último onde os irmáns Abott se enlearon nunha regueifa cuns xornalistas por publicar unhas caricaturas pouco favorecedoras do batería Vinnie Paul. Así mesmo, Anselmo tamén tivo os seus problemas coas autoridades, tendo que pagar 5000$ polas súas agresións a un axente de seguridade durante un concerto e máis tarde sendo condenado a 100 horas de traballos comunitarios.

As tensións internas e The Great Southern Trendkill (1995-1996)

[editar |editar a fonte]

Segundo os irmáns Abott, Anselmo comezou a distanciarse seriamente dos membros da banda cando volveron ó traballo no1995. Mentres que os irmáns pensaban que a fama se lle subira á cabeza, Anselmo achacouno a unhas dores crónicas nas costas que lle impedían comportarse con normalidade. Para tentar solucionalos, Anselmo volveuse adicto ao alcol, algo que acabou distanciándoo inda máis dos seus compañeiros. Os médicos recomendáronlle pasar polo quirófano para solucionar os devanditos problemas, mais Anselmo negouse xa que debería pasar un ano en total repouso, polo que comezou a usar aheroína comoantibiótico eanalxésico, volvéndose adicto á devandita droga.

En1995, Anselmo creou un proxecto chamadoDown, paralelo a Pantera, xunto co baixistaTodd Strange, os guitarristasPepper Keenan eKirk Windstein e a bateríaJimmy Bower. Down editou o seu primeiro disco en setembro do mesmo ano baixo o nome deNOLA. Para o segundo disco do grupo, Strange sería substituído polo baixista de Pantera,Rex Brown, quen gravaríaDown II: A Bustle in Your Hedgerow, cuxo título é un dos versos da coñecida canción deLed ZeppelinStairway to Heaven.

O seguinte álbum de Pantera,The Great Southern Trendkill, foi publicado en1996 durante o final do auxe dogrunge e a aparición dorapcore e onu metal. Cabe destacar os temasDrag The Waters (o únicosingle do álbum e unha das cancións máis famosas da banda),Floods (cun dos solos de guitarra máis complicados de Darrell),[6]War Nerve e os complementariosSuicide Note Pt. I eSuicide Note Pt. II, adicados polo cantantePhil Anselmo á súa adicción á heroína. Anselmo gravou as súas partes vocais nun estudo deNova York xunto conTrent Reznor deNine Inch Nails, mentres o resto do grupo gravou o que restaba en Texas, unha proba máis do progresivo distanciamento que sufría Anselmo con respecto ao resto de integrantes de Pantera.

Sobredose e Official Live:101 Proof (1996-2000)

[editar |editar a fonte]

O 13 de xullo de1996, Anselmo sufriu unhasobredose de heroína unha hora despois dun concerto pertencente á xira que a banda estaba a realizar ao longo do estado de Texas. O seu corazón parouse durante cinco minutos, aínda que os médicos que o atendían administráronlle unha forte dose deadrenalina e foi enviado ao hospital. Despois de espertar, Anselmo agradeceu aos seus compañeiros de banda o apoio recibido durante a súa sobredose, inda que isto non fixo gran cousa no que respecta ao distanciamento de Anselmo cara ao resto de membros, xa que os Abbott estaban avergoñados polo comportamento do vocalista.

En1997 publican o disco en directoOfficial Live: 101 Proof, recompilando as mellores cancións dos seus catro discos anteriores tocadas na xiraTourkill entre1996 e1997, demostrando o seu brutal posta en escena e o seu son en directo, un dos puntos fortes do grupo. Tamén engadiron dous temas inéditos gravados en estudo,Where You Come From eI Can't Hide, ambas as gravadas en1997. Dúas semanas antes da publicación de devandito álbum, a banda conseguiu o seu primeiro disco de platino da súa carreira porCowboys from Hell. Apenas catro meses despois,Vulgar Display of Power eFar Beyond Driven conseguiron este premio tamén.[7]

Durante 1997, Pantera tamén tocou no festivalOzzfest, sendo cabezas de cartel xunto conOzzy Osbourne,Black Sabbath,Marilyn Manson,Type O Negative,Fear Factory ouMachine Head. Un ano despois repetirían a experiencia, tocando noOzzfest de1998 xunto conOzzy Osbourne,Fear Factory,Slayer,Foo Fighters ouSoulfly.

Neste período Anselmo embarcouse en máis proxectos paralelos, entre os que hai que destacar a súa colaboración como guitarrista no álbum deNecrophagia:Holocausto de la Morte, e axudou aos grupos deblack metalViking Crown eEibon. Pola súa banda, os irmáns Abbot e Rex Brown formaronRebel Meets Rebel xunto co vocalistaDavid Allan Coe, no que engadiron sonscountry ao son de Pantera.

Reinventing The Steel (2000-2003)

[editar |editar a fonte]

Tras os rumores de ruptura do grupo debido á gran cantidade de proxectos dos seus compoñentes, o grupo contraataca co que sería o seu último disco,Reinventing the Steel (2000), recuperando un son máis pesado onde as raíces deBlack Sabbath se notan máis que nos seus últimos traballos. As cancións destacadas deste álbum sonGoddamn Electric",Yesterday Don't Mean Shit,Revolution Is My Name (primeirosingle e vídeo no que se pode ver aos compoñentes na súa preadolescencia pintados como os compoñentes de Kiss) eWe'll Grind That Axe For A Long Estafe.

Este mesmo ano, Pantera volveuse a embarcar noutroOzzfest xunto conOzzy Osbourne,Incubus,Queens of the Stone Age ouBlack Label Society. Unha vez finalizado o Ozzfest, a banda foi de xira porAustralia,Estados Unidos,Corea do Sur eEuropa. Con todo, osataques do 11 de setembro de2001 fixeron que a xira por Europa se cancelase, regresando os membros de Pantera aos seus fogares nos Estados Unidos. Unha vez en casa, os irmáns Abbott planearon compor e gravar outro disco con Pantera, algo que nunca puido levar a cabo.[8] Durante esta época, Anselmo fundou novos proxectos, comoSuperjoint Ritual, e editou o segundo álbum deDown. O batería Vinnie Paul expresou que Anselmo dixéralle que non iría de xira durante o tempo que Pantera estivese parada, algo que supostamente rompeu o cantante ao organizar a xira de presentación do segundo traballo de Down e o disco de Superjoint Ritual. Con todo, e segundo declaracións de Anselmo, o descanso de Pantera e a realización das súas xiras con Down e Superjoint Ritual levaron a cabo "de mutuo acordo".[9]

Ruptura e novos proxectos

[editar |editar a fonte]

A banda disolveuse oficialmente no2003, cando os Abbott se deron conta de que Anselmo lles marchara e que non retornaría. A ruptura da banda non foi en absoluto amigable e transcendeu do mundo musical para chegar a informativos e xornais de tirada xeral. Mentres Darrell e Vinnie Paul, xunto cos técnicos de Pantera e demais axudantes, xuraron e perxuraron que tentaran contactar por teléfono con Anselmo, este aduciu que ninguén se interesou por el. Tal foi o enfrontamento entre Anselmo e os irmáns Abbott, que o vocalista, nunha entrevista á revistaMetal Hammer, dixo: "Dimebag merece que lle peguen unha boa malleira". Anselmo diría despois que foi un comentario irónico, algo que Vinnie Paul non creu, empeorando máis se cabe as relacións entre os membros da xa desaparecida banda.

En xullo de2004,Vulgar Display of Power alcanzou de novo o disco de platino, eThe Great Southern Trendkill conseguiu a tamén devandita certificación.

Un ano despois da ruptura de Pantera, os irmáns Abbott fundaronDamageplan xunto conBob Zilla ao baixo ePatrick Lachman como vocalista para editar un único disco,New Found Power, no2004.

Asasinato de Darrell (2004)

[editar |editar a fonte]
Dimebag Darrell, o guitarrista asasinado o8 de decembro de2004 nun concerto conDamageplan.

Durante a xira de presentación deNew Found Power ocorreu a catástrofe. O8 de decembro de2004, exactamente 24 anos despois do asasinato deJohn Lennon, durante o concerto no local Alrosa Vila, enColumbus,Ohio,Dimebag Darrell foi asasinado porNathan Gale, un suposto fan alienado da banda que foi despois abatido por un policía mentres portaba un refén. Á parte do malogrado Darrell, tres persoas máis sufriron feridas mortais: Nathan Bray, un fan da banda de 23 anos; Erin Halk, empregado do local de 29 anos de idade; e Jeffrey Thompson, xefe de seguridade de Damageplan, con 40 anos. Chris Paluska, preparador da xira, e John Brooks, técnico de son da batería, foron tamén feridos por Gale. Isto provocou un shock entre os fans metaleiros, convertendo a Dimebag Darrell nunha lenda.Aínda que Anselmo declarou pouco despois do asasinato de Darrell que estaba a meditar reunir a Pantera,[10] Vinnie Paul dixo un ano despois que esa reunión "nunca pasará". Paul declarou tamén que era imposible unha reconciliación con Anselmo.[11]

Características

[editar |editar a fonte]

Aparicións na cultura popular

[editar |editar a fonte]

Pantera apareceu en multitude de actos e programas de entretemento. A serie animadaBeavis and Butthead incluíu os vídeos das cancións "Mouth for War", "Psycho Holiday", "I'm Broken" e "This Love". En devandita serie, os seus protagonistas comentaban os vídeos mentres as interpretaban. Aínda que devanditos personaxes adoitan comentar de forma negativa a maioría dos vídeos que inclúen na súa serie, cos de Pantera realizan unha excepción ao comentalos relativa e favorablemente. "Walk" foi usada durante a retransmisión do programa deloita libre Extreme Championship Wrestling polo loitador Rob Van Dam. A música de Pantera apareceu tamén en multitude de videoxogos, entre os que destacanDoom (no que aparecen os temas "Rise", "Mouth for War", "Regular People (Conceit)" e "This Love", aínda que todas elas sen parte vocal), eGuitar Hero, no que a canción "Cowboys from Hell" é unha das máis difíciles de tocar.

Doutra banda, moitas cancións de Pantera que non aparecen en ningún álbum oficial da banda, si o fan nas bandas sonoras de, por orde cronolóxica,Buffy the Vampire Slayer,Contos da cripta,Strangeland,Detroit Rock City,Heavy Metal 2000,Dracula 2000 eA matanza de Texas (2003). Tamén unha canción parecida a "Death rattle" apareceu no capítuloSemana de prehibernación da serieBob Esponxa.

Críticas

[editar |editar a fonte]

O estilo de Pantera foi numerosas veces sometido a crítica debido ao parecido deste co da bandaExhorder. Moitos fans da devandita banda acusaron a Pantera de roubar o seu estilo, ogroove metal que logo popularizarían. A biografía presente enAllmusic di que, se Exhorder tivese un orzamento maior de gravación e unha gran compañía detrás, quizais se falou dunha "novos Pantera". Outro músico que cre nun posible plaxio de Pantera a Exhorder éDave Mustaine, líder deMegadeth, quen o dixo nunha entrevista á canleMTV en1994.[12]

No polo oposto atópase o crítico musical Brian Davis, quen traballa para a emisora de radio de fala inglesa por Internet, KNAC, ao dicir que existen algunhas similitudes entre o son de Exhorder e o de Pantera, pero que dicir que Pantera roubou o son de Exhorder é excesivo.

A pesar da controversia que houbo no seu día acerca dun posible plaxio entre as dúas formacións, o vocalista de Exhorder, Kyle Thomas, declarou que non lle importa a polémica que hai ao redor do seu estilo, argüindo que os membros de Pantera e os de Exhorder son grandes amigos e que lamentaba a morte de Darrell.[13]

Discografía

[editar |editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar |editar a fonte]
Data de lanzamentoTítuloDiscográfica
1 de xaneiro de1983Metal MagicMetal Magic Records
1984Projects in the JungleMetal Magic Records
1985I Am the NightMetal Magic Records
1988Power MetalMetal Magic Records
24 de xullo de1990Cowboys from HellAtlantic Records
25 de febreiro de1992Vulgar Display of PowerEastwest Records
15 de marzo de1994Far Beyond DrivenEastwest Records
22 de maio de1996The Great Southern TrendkillEastwest Records
14 de marzo de2000Reinventing the SteelEastwest Records

Directos e especiais

[editar |editar a fonte]
Data de lanzamentoTítuloDiscográfica
29 de xullo de1997Official Live: 101 ProofEastwest Records
23 de setembro de2003The Best Of Pantera: Far Beyond the Great Southern Cowboys' Vulgar Hits!, enEuropa foi publicado comoReinventing hellEastwest Records

Vídeo e DVD

[editar |editar a fonte]
Data de lanzamentoTítuloDiscográfica
1985The Hot 'n Heavy Home VideoMetal Magic Records
1991Cowboys from Hell: The VideosATCO
1993Vulgar VideoElektra
19973: Watch It GoElektra
1999,20063 Vulgar Videos from HellElektra/Rhino
2007Dimevision - Vol 1: That's The Fun I HaveLocomotive Records (EnEspaña)

Membros

[editar |editar a fonte]

Formación Final

[editar |editar a fonte]

Membros Anteriores

[editar |editar a fonte]
  • Terry Glaze (coñecido tamén como Terrence Lee) - Voz (1983-1986)
  • Donny Hart - Voz (1981-1982)
  • Tommy Bradford - Baixo (1981-1982)
  • Terry Glaze - Guitarra (1981–1982), voz (1982–1986)
  • Matt L'Amour - Voz (1986)
  • David Peacock - Voz (1986–1987)

Músicos de estudio

[editar |editar a fonte]
  • Kerry King - deSlayer, guitarra en Goddamn Electric de Reinventing the Steel (2000)
  • Seth Putnam - deAnal Cunt voces en The Great Southern Trendkill (1996)
  • Marc Ferrari - voz e guitarra en Power metal (1988) ["We'll Meet Again" e "Proud to Be Loud"]

Cronoloxía

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Pequena biografía de Pantera". Consultado o 01/10/2005. 
  2. "As 10 mellores bandas da historia do heavy". Arquivado dendeo orixinal o 30/12/2011. Consultado o 14/07/2006. 
  3. "Os 100 mellores artistas de hard rock (do 60 ó 41)". Arquivado dendeo orixinal o 23/06/2013. Consultado o 14/07/2006. 
  4. Kaye, Don (2003)."The Best of Pantera: Far Beyond the Great Southern Cowboys' Vulgar Hits!". Warner Music Group. 
  5. "For Those About to Rock: Monsters in Moscow".MSN. Arquivado dendeo orixinal o 10 de marzo de 2006. Consultado o 24/10/06. 
  6. "Clasificación dos solos máis importantes segundoGuitar World". Arquivado dendeo orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 4 de decembro de 2007. 
  7. "RIAA US Sales Search". Arquivado dendeo orixinal o 08 de xuño de 2007. Consultado o 4 de outubro de 2006. 
  8. Wiederhorn, Jon (21 de decembro de 2005)."Pantera Members Rip It Up With Rebellious Side Projects".MTV. Arquivado dendeo orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 4 de novembro de 2006. 
  9. "Phil Anselmo fala sobre o futuro de Pantera, 27 de maio do 2003".Blabbermouth.net. Consultado o 17/10/05. 
  10. "Philip H. Anselmo; On Behalf of Darrell Lance Abbott, Pt. I". Arquivado dendeo orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2005. 
  11. Bowcott, Nick (Xaneiro de 2006)."Dimebag: Despois dun ano". Metal Hammer. 
  12. "Megadeth Trash Pantera, Dave Matthews Band Busts Out, Mariah Skates: This Week In 1994".MTV. Arquivado dendeo orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 29 de novembro de 2005. 
  13. "Kyle Thomas Speaks Out on the Pantera/Exhorder 'Feud'".Blistering.com. Arquivado dendeo orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2005. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pantera_(grupo_musical)&oldid=7204362»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp