OPanchen Lama ((entibetano),chinés simplificado: 班禪喇嘛chinés tradicional: 班禅喇嘛), ouPanchen Erdeni ((entibetano);chinés simplificado: 班禪額爾德尼;chinés tradicional: 班禅额尔德尼), é o maior títuloLama por detrás doDalai Lama na liñaxeGelugpa (Dge-lugs-pa) dobudismo tibetano (esta liñaxe controlou o oeste doTíbet dende oséculo XVI ata aRebelión Tibetana de 1959). A presente encarnación do Panchen Lama (o 11º) é motivo de controversia: aRepública Popular da China afirma que éGyancain Norbu, mentres que o 14º Dalai Lama,Tenzin Gyatso, afirmou o 14 de maio de 1995 que o auténtico 11º Panchen Lama eraGedhun Choekyi Nyima. Este último está permanece desaparecido dende pouco despois do seu nomeamento aos seis anos de idade. As autoridades chinesas declararon que Gendhun fora posto baixo custodia daqueles que o querían levar ao exilio, e actualmente se atopa en cauteverio en contra dos desexos do tibetano.[1] Os tibetanos e grupos a favor dos dereitos humanos continúan a facer campaña pola súa liberación.[2]
Os sucesivos Panchen Lama forman parte dunha liñaxe de reencarnaciónstulku que se di que son encarnacións doBuda Amitabha. O título, que significaGran Erudito, é unha contración tibetana dosánscritopaṇḍita (erudito) e do tibetanochenpo (gran). O Panchen Lama vive tradicionalmente noMosteiro Tashilhunpo (Teshu-lumbo) enShigatse. Polo nome deste mosteiro, os europeos referíronse ao Pancen Lama como oTashi-Lama (ou escritoTesho-Lama ouTeshu-Lama).[3][4][5]
O recoñecemento do Panchen Lama sempre foi un asunto relacionado co Dalai Lama.[6][7] O mesmo10º Panchen Lama declarou, como se cita nunha conté oficial chinesa que "de acordo coa tradición tibetana, a confirmación tanto do Dalai como do Panchen debe ser recoñecida mutuamente".[8] A participación da China neste asunto é vista por algúns como unha manobra política para tentar coller o control sobre o recoñecemento do seguinte Dalai Lama, e reforzar o seu control sobre o futuro do Tíbet e o seu goberno. China asegura con todo que a súa participación non rompe coa tradición na que a decisión final sobre o recoñecemento tanto do Dalai Lama como do Panchen Lama estaba nas mans do emperador da China. Por exemplo, despois de 1792, pensouse que afurna dousada fora empregada para a selección do 10º, 11º e 12º Dalai Lama;[9] mais o 14º Dalai Lama,Tenzin Gyatso, declarou máis Recentemente que só foi empregada na selección do 11º.[10] Houbo controversia entre o goberno do Tíbet e os seguidores deChökyi Gyaltsen durante a elección do 10º Panchen Lama.
Ma Bufang favoreceu ao10º Panchen Lama, e á Seita Lamaísta Vermella fronte ao Dalai Lama.Qinghai serviu como "santuario" para os membros da Seita Vermella, e Ma Bufang permitiulle aoMosteiro Kumbum ser totalmente autogobernado polo Panchen Lama.[11] O 10º Panchen Lama, que foi exiliado do Tíbet polo goberno do Dalai Lama, quería vingarse levando un exército contra o Tíbet en setembro de1949, para o que pediu axuda a Ma Bufang.[12] Ma cooperou co Panchen Lama en contra do réxime doDalai Lama no Tíbet. O Panchen Lama ficou en Qinghai. Ma tentou persuadir ao Panchen Lama para ir co goberno deKuomintang aTaiwán cando a vitoria comunista se acercou, mais o Panchen Lama decidiu desertar aos comunistas no seu lugar. O Panchen Lama, ao contrario do Dalai Lama, tratou de exercer control na toma de decisións.[13][14]
Na liñaxe dos Panchen Lama tibetanos non se consideran catro reencarnacións indias e tres tibetanas do BudaAmitabha anteriores aKhedrup Gelek Pelzang, que é recoñecido como o primeiro Panchen Lama. A liñaxe comezou conSubhuti, un dos discípulos orixinais deSiddhartha Gautama.Gö Lotsawa é considerado primeira encarnación tibetana do Buda Amitabha nesta liña.[15][16]
As figuras monásticas teñen mantido historicamente papeis importantes na composición social e política doTíbet, e aínda que eses papeis teñen diminuído dende 1959, moitos tibetanos continúan a ver ao Panchen Lama como unha figura política significativa, así como espiritual debido ao papel que xoga tradicionalmente na selección do seguinte Dalai Lama. A importancia política do papel é tamén empregada polo Estado chinés.[17] Algúns grupos de apoio tibetano teñen argumentado que o goberno chinés pretende instalar a súa propia elección do Dalai Lama cando Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, morra e que por esta razón o elixido do Dalai Lama,Gedhun Choekyi Nyima, desapareceu aos seis anos de idade, sendo substituído polo elixido do Estado chinés,Gyancain Norbu. Se esta táctica é correcta, o anuncio feito polo Dalai Lama o10 de marzo de2011 de que deixará o seu papel político[18] podería dar lugar a un cambio na política con respecto aos dous candidatos en disputa.
↑Das, Sarat Chandra.Contributions on the Religion and History of Tibet (1970), p. 82. Manjushri Publishing House, New Delhi. First published in theJournal of the Asiatic Society of Bengal, Vol. LI (1882).
China Tibetology No. 03, unha serie de artigos en tibet.cn que explican a postura do goberno chinés na busca das reencarnacións do Panchen Lama(eninglés)