Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pamplona

Coord.:42°49′00″N1°39′00″O / 42.8167,-1.65
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPamplona
Iruña (eu)
Pamplona (es)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°49′00″N1°39′00″O / 42.8167,-1.65
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra
MeiriñadoMeiriñado de Pamplona
ComarcaCuenca de PamplonaEditar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCidade de PamplonaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación207.777(2024)Editar o valor en Wikidata (8.822,8hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (zona lingüística)
lingua éuscara (zona lingüística)Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie23,55 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío ArgaEditar o valor en Wikidata
Altitude450 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación74 a. C.Editar o valor en Wikidata
Evento clave
755asedio de Pamplona
26 de xuño de 1813Asedio de Pamplona
10 de abril de 1823asedio de Pamplona
27 de agosto de 1874asedio de PamplonaEditar o valor en Wikidata
Santo padrónSadurniño de TolosaEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataYolanda Barcina(1999–2011)
Enrique Maya(2011–2015)
Joseba Asiron(2015–2019)
Enrique Maya(2019–2023)
Cristina Ibarrola(pt)Traducir(2023–2023)
Joseba Asiron(2023–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31001–31016Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico948Editar o valor en Wikidata
Código INE31201Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpamplona.esEditar o valor en Wikidata
BNE: XX451108

Pamplona[1] ouIruña (encastelán:Pamplona, enéuscaro:Iruña, as dúas denominacións cooficiais; tamén enéuscaro:Iruñea[2]) é un concello e unha cidade do norte deEspaña, capital daComunidade Foral de Navarra e tamén do históricoPaís Vasco. Ésede arcebispal e etapa noCamiño de Santiago. A súa poboación é de 197.138 habitantes (INE2017).

Pamplona foi fundada no74 a.C. polo xeneral romanoPompeio sobre un poboado preexistente chamadoIruña ouBengoda[3], converténdose nunha das poboacións máis importantes do territorio dosvascóns.

É coñecida internacionalmente polosSanfermines, festas que se celebran entre o6 e14 de xullo e que están declaradas deinterese turístico internacional.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
OArga en Pamplona

Pamplona esta sita na Navarra media ouPrepireneo, nunha ampla depresión, a uns 445 m de altitude sobre o nivel do mar, rodeada de montañas, denominadaCuenca de Pamplona, atravesada polorío Arga, a ambas dúas beiras do cal se estende a cidade. Polo termo municipal de Pamplona, tamén discorren os ríosElorz eSadar. É unha boa situación estratéxica, en cruzamento de vías por todas as direccións, o que influíu no papel histórico da cidade.

Clima

[editar |editar a fonte]

A súa situación na Navarra media, crea un clima de transición entre o tipoatlántico, da Navarra norte e o mediterráneo continentalizado da Navarra sur ouRibera. A media de temperaturas dos meses máis fríos (decembro, xaneiro, febreiro) é de 6,6 °C, con riscos de continentalización por mor da súa situación interior; mentres que a dos meses máis cálidos (xuño, xullo, agosto) é de 21,6 °C, máis suave que que a de localidades do curso medio doEbro. Porén as precipitacións medias son superiores ás do val do Ebro, evidenciando a influencia oceánica, especialmente nos meses invernais (225,9 mm), aínda que só representen a metade das que recibeDonostia (490 mm) no mesmo período, pero netamente superiores ás deLogroño (148,9 mm) ouZaragoza (88,2 mm). A época máis seca corresponde á primavera con só 34,5 mm.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Evolución demográfica

[editar |editar a fonte]

Da evolución demográfica contemporánea da cidade dáse conta no apartado histórico e sinálase no gráfico inferior. Baste indicar que a mediados do século XIX, Pamplona apenas representaba o 7 % da poboación de toda Navarra, mentres que a mediados da década de 1960 ascendía a case o 30 %.

Evolución demográfica de Pamplona desde 1900

Historia

[editar |editar a fonte]

Pamplona é citada porTolomeo comoPompailon, supóndose que o nome alude á súa fundación por Cneo Pompeio no ano74 a.C. NoItinerario de Antonino aparece comoPompelone. No ano465 a cidade é ocupada polo rei visigodoEurico, e posteriormente por reis francos por pouco tempo. Nese mesmo século afírmase como sé episcopal, con san Fermín como primeiro bispo segundo a tradición. Tomada polos árabes, foi atacada porCarlomagno no ano778, pero este sería derrotado enRoncesvales na súa retirada.

Durante oséculo IX o reis de Pamplona, os Enneco, afirman paulatinamente a súa independencia, buscando, se era preciso o apoio dosBanu Qasi deTudela e tomando precaucións diplomáticas a respecto doutros gobernantes musulmáns próximos. En924 foi de novo asolada polos musulmáns, conAbd ar-Rahman III, que saquea e incendia a cidade, pero que non incorpora.

Baluarte do Redín das Murallas de Pamplona (século XVI).

A finais doséculo XI parece estar restaurada a sede bispal, pero a cidade está sometida á autoridade real. Durante o reinado deSancho Ramírez iniciouse a construción da catedral, no que se coñece como aNavarrería, que ven continuar o antigo núcleo romano. O impulso de renovación urbana en todaEuropa, propiciou a chegada de estranxeiros, especialmente de territorio francés, de aí o nome xenérico de francos con que son coñecidos. Acollidos na cidade, acrecentan o seu perímetro asentados noburgo de San Cernín, que é obxecto de protección real a través de foro propio desde1129. Sesenta anos despois engádese oburgo de san Nicolás. Os tres burgos, autónomos en certo modo, pasan a formar unha unidade urbana en1423 poloPrivilexio de Unión outorgado polo reiCarlos III.

As ambiciónsaragonesas noséculo XV e a súa rivalidade conFrancia, herdadas poloRei Católico, conduciron á invasión de Navarra e á toma da capital, con tropas ao mando doduque de Alba o25 de xullo de1512. O reino, perdida a súa secular independencia medieval, sería, porén incorporado áCoroa de Castela en1515, e pasa a ser dirixida por unvicerrei auxiliado por un consello real, aínda que conservaría os seus foros, facenda (Cámara de Comptos), cortes, moeda propia e alfándegas fronte os reinos peninsulares limítrofes.

Poucos anos despois en1521 a cidade sería cercada, por tropas deFrancisco I de Francia, infrutuosamente. Con oito camiños en dirección cara ao país galo, decidiuse fortificar adecuadamente a cidade, e en1571, no reinado deFilipe II levantouse a cidadela amurallada.

Oséculo XVII, como noutras localidades españolas, veu xurdir unha febre construtiva que dotou a cidade dalgúns dos seus mellores edificios: conventos das recoletas e das carmelitas descalzas, basílica desanto Ignacio, febre que proseguiu noXVIII: Pazo episcopal, capela de san Fermín (catedral), seminario sacerdotal de san Xoán, casa de misericordia, fachada da catedral etc.

Panorámica dos barrios do norte de Pamplona co Monte Ezcaba ou San Cristóbal ao fondo, visto desde o miradoiro do Redín.

En1808 Pamplona foi tomada polas tropas napoleónicas, que a mantiveron no seu poder até1813. Foco Navarra, como o País Vasco en xeral,tradicionalista, as guerras carlistas, marcaron un certo declive da capital, en especial desde a terceira guerra carlista. Só paulatinamente nas primeiras décadas do XX foi capaz dun certo dinamismo, que superou a atonía vixente. Durante aII República, Navarra e Pamplona con ela, volveu ser un centro da ideoloxía tradicionalista, onde o xeneral Mola atoparía o clima propicio para dirixir o golpe militar do18 de xullo de1936 e lograr o apoio dunha forte masa carlista, calculada en 100.000 homes que se lle uniría en milicias.

con algo menos de 23.000 habitantes en 1860, a segunda metade do século XX veu medrar a cidade en detrimento do país rural navarro. En1950 a cidade tiña xa sobre 50.000 habitantes, pero en 1958 estaba xa moi cerca dos 80.000. En apenas unha ducia de anos esta poboación duplicaríase até atinxir arredor dos 150.000 en1972, alcanzando a súa periferia unha serie de localidades que tamén viron medrar a súa poboación.

Patrimonio monumental e cultural

[editar |editar a fonte]
Catedral de Santa María
  • Cidadela (1571), recinto amurallado de plano en estrela pentagonal, edificado polo italiano Jacopo Paleazzo.
  • Igrexa de San Cernín (San Sadurniño), gótica, de comezos do século XIV, coa capela barroca da Virxe do Camiño.
  • Catedral, doséculo XV,gótica: reedificación polo monarca navarroCarlos III, despois do esborrallamento da vella sé a fins doséculo XIV. As tres naves góticas complétanse cunha serie de capelas barrocas construídas nos séculos XVII e XVIII
    • Claustro, século XIV e XV, con importantes relevos góticos.
    • Fachada, de estilo neoclásico, non se corresponde co resto da fábrica, débese ao arquitectoVentura Rodríguez.
  • Cámara de Comptos, edificio que albergou a facenda real navarra desde o século XIV.
  • Palacio de Navarra,
  • Basílica de San Ignacio (1694), barroca.
  • Igrexa de San Lourenzo (1717), coa capela de San Fermín.
  • Pazo Municipal, do século XVIII.

Museos

[editar |editar a fonte]
  • Museo de Navarra, ocupa un edificio renacentista (1556) que foi hospital. Contén coleccións arqueolóxicas e coleccións de pinturas desde a época gótica.
  • Museo Diocesano, sito na catedral, exhibe coleccións fundamentalmente de orixe relixiosa, procedentes de toda Navarra.

Linguas

[editar |editar a fonte]
Placa dunha rúa escrita encastelán eéuscaro.

Xunto aocastelán, lingua principal que se fala na cidade, oéuscaro ten unha presenza notable e histórica como queda patente, ademais de nos múltiples documentos históricos que a testemuñan, na gran cantidade de nomes euskéricos presentes na toponimia da cidade. Durante aIdade Moderna comezou un período de declive ata a súa case desaparición. Na actualidade, o seu coñecemento e uso están a aumentar. Segundo datos oficiais, un 20% da poboación coñécea, aínda que o seu uso na vida cotiá sexa bastante menor do que indica esta cifra.[4]

Pamplona pertence á chamada Zona mixta segundo aLei foral do éuscaro de 1986 (as outras dúas zonas definidas pola lei son a "Zona vascófona" e a "Zona no vascófona". Polo tanto, todos os impresos da administración, e tamén as rotulacións, deben estar nas dúas linguas oficiais da cidade, ocastelán e oéuscaro, aínda que non chega a ser así.

A propia cidade noméase coa dobre denominaciónPamplona-Iruña en virtude da citada Lei, sendo dobres os nomes oficiais de moitos dos seus barrios (Rochapea/Arrotxapea,Casco Viejo/Alde Zaharra, San Juan/Donibane).

Deporte

[editar |editar a fonte]
Estadio Reyno de Navarra

Ten equipos nas máis altas categorías dalgúns deportes, destacando a nivel rexional, estatal e ata a nivel continental.

Entre eles cabe destacar oClub Atlético Osasuna defútbol, histórico do fútbol español. O Osasuna participou ademais en diversas ocasións nas principais competicións europeas, aCopa da UEFA e aLiga de Campións. Xoga os seus partidos no coñecido estadio deEl Sadar.

Outro que destaca é oSDC San Antonio debalonmán, que conseguiu varios títulos nacionais e europeos, e oMRA Navarra defútbol sala, que milita na máxima categoría da liga española. Sendo así mesmo digno de destacar que nela se atopa a sede daFederación Internacional de Pelota Vasca, máximo organismo deste deporte a nivel internacional.

Cidades irmandadas

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapamplonés.
  2. O topónimo correcto enéuscaro segundo aEuskaltzaindia éIruñea, aínda que popularmente chámase taménIruña. Non obstante, os topónimos oficiais sonPamplona eIruña.
  3. DeHistoria general de España y América páxina 265Disponible en Google BooksArquivado 14 de decembro de 2011 enWayback Machine.
  4. pampiruña.com (ed.)."Euskera en Pamplona". Consultado o 16 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Pamplona
Capitais deprovincias deEspaña
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pamplona&oldid=6986939»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp