Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Palpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enzooloxía denomínansepalpos a diferentesórganossensoriais presentes en diversos grupos deinvertebrados.

Artrópodos

[editar |editar a fonte]

Ospalpos sonapéndices sensoriais dosartrópodos.

Insectos

[editar |editar a fonte]

Nosinsectos serven para examinar osalimentos. Están situados naarmadura bucal, no lateral externo dasmaxilas (palpos maxilares)[1] e nolabio (palpos labiais).[2]

Quielicerados

[editar |editar a fonte]

Nosarácnidos existen uns apéndicesanálogos denominadospedipalpos, que son o segundo par de apéndices doprosoma (cefalotórax).

Nospicnogónidos denomínasepalpo sensitivo a cada un dos membros do segundo par de apéndices destes animais, constituídos por até dezartellos, situados a continuación dosquelíceros (cando existen), na base daprobóscide ou trompa, e que teñen funcióntáctil.[3]

Moluscos bivalvos

[editar |editar a fonte]

Nomoluscosbivalvos chámasepalpo labial a cada unha das dobras ou lóbulos móveis en forma de aba que flanquean internamente aboca dosprotobranquios, e que realizan, grazas aoscilios da súa superfici, a selección das partículas alimenticias introducidas nacavidade paleal pola probócide.[4]

Poliquetos

[editar |editar a fonte]

Nosvermesanélidospoliquetos, ospalpos son cada un dos dous apéndices laterais, curtos, grosos e de forma cónica, dirixidos cara a adiante, situados noprostomio, e que posúen numerosos órganos táctiles.[5]

No caso particular dafamilia dosespiónidos, denomínanse palpos cada un dos dous longos apéndices musculosos derivados do prostomio, derivados do prostomio e dirixidos cara a adiante, que semellantentáculos e cos que o verme captura as partículas alimenticias.[5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. palpo maxilar (Arthropoda:Insecta) en Garrido, Carlos (1997).
  2. palpo labial (Arthropoda:Insecta) en Garrido, Carlos (1997).
  3. palpo (sensitivo), en Garrido, Carlos (1997).
  4. palpo labial (Molluisca:Bivalvia) en Garrido, Carlos (1997).
  5. 5,05,1palpo (Annelida:Poltychaeta) en Garrido, Carlos (1997).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Palpo&oldid=4277751»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp