Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Paleta de Narmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paleta de Narmer

Tipoobxecto arqueolóxico ePaleta cosmética(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Culturacultura do Antigo ExiptoEditar o valor en Wikidata
Creadorvalor descoñecidoEditar o valor en Wikidata
Material usadoLousa
Data
Data-3100 --3200
Data de creaciónséculo XXXI a. C.Editar o valor en Wikidata
PeríodoPeríodo tinita,Primeira dinastía de Exipto ePeríodo pre-dinásticoEditar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura6,5 cm
Anchura45 cm
Lonxitude64 cm
Descuberta
LocalizaciónHierakómpolis,El-Kab,ExiptoExipto
Data1894
Descuberto porJames E. Quibell
Frederick W. Green
Conservación
LocalizaciónMuseo Exipcio do Cairo
ColecciónMuseo Exipcio do CairoEditar o valor en Wikidata
Wikidata ]

APaleta de Narmer ouGran paleta de Hierakómpolis é unha paletaexipcia datada entre3100 e3200 a. C. e que contén algúns dosxeróglifos máis antigos actualmente coñecidos. Trátase dunha placa cerimonial (ou, segundo outros autores, unha base para preparar maquillaxe) con inscricións erelevos representando o acontecemento histórico da unificación doAlto eBaixo Exipto sobre ofaraónNarmer (posibelmente outro nome paraMenes ou un antecesor seu).

A paleta, que sobrevive en óptimas condicións, foi atopada polos arqueólogos británicosJames E. Quibell eFrederick W. Green en1894 enHierakómpolis, a antiga capital predinástica do Alto Exipto, no santuario dovoitreNekhbet, protector dos reis do Sul, situado enEl-Kab. Na mesma escavación atopáronse amaza de Narmer e amaza de Escorpión. Desgraciadamente, o lugar exacto destes achados non foi rexistrado apropiadamente. En todo caso parece que a Maza de pedra formaba parte dun depósito e obxectos votivos do protodinástico (ás veces denominado "depósito principal"), enterrado baixo o chan do templo que data doImperio Antigo mentres que a paleta se atopou a uns metros de distancia.

A paleta encóntrase actualmente noMuseo Exipcio do Cairo,Exipto.

Descrición

[editar |editar a fonte]

As paletas son un dos documentos máis antigos polos que se pode coñecer ahistoria de Exipto. Datan doperíodo predinástico e atópanse nas áreas de asentamento doGerzense ouNaquada II (3600-3200 a. de C. aproximadamente), cultura moi estendida que se pode atopar até naBaixa Nubia. Nun principio, a súa función era a de servir de soporte aos pigmentos, cremas, óleos etc. que se aplicaban sobre o corpo. Era frecuente atopalas nosenxovais funerarios ou como ofrendas aos templos. Elaborábanse en diferentes materiais, como a pedra, omarfil, oóso etc. e nelas plasmábanse tanto feitos mitolóxicos como reais.

O estudo da paleta non está exento de problemas e existen mesmo diferentes abordaxes sobre cal sería a súa función. Mais a gran liña temporal que separa a creación da paleta daarte final do antigo Exipto permite, no entanto, observar como moitas das características e elementos se repiten ao longo da súa historia, o que posibilita unha mellor interpretación.

A placa, decorada enbaixorrelevo en ambos os lados, consiste nunha única peza delousa ouxisto verde puído de 64 cm de lonxitude, 45 cm de anchura e 6,5 cm na súa parte máis grosa. Presenta unha forma aproximada á dunescudo. Na parte superior das dúas faces haiserekhs (o antecesor docartucho) cos símbolosn'r (peixe-gato) emr (cicel), representación fonética do nome de Narmer.

Face anterior

[editar |editar a fonte]
Face frontal.

A face anterior encóntrase dividida en 4 niveis: superior, intermedio superior, intermedio inferior e inferior.

Azona superior, que termina nunha forma recortada, é similar en ambos os dous lados e presenta o nome do rei nunserekh, co nome dofaraón) inscrito entre dúas cabezas debovino (interpretacións: unhavaca - como referencia ás deusasHator ouBata ou unboi – como referencia á forza do rei). Aquí pódense xa observar diferenzas do estilo de representación que tanto caracteriza a arte exipcia das "grandes" dinastías; aquí asúmese aínda a representación frontal do obxecto.

Azona intermedia superior presenta do lado esquerdo a Narmer usando acoroa vermella (deshert) do Baixo Exipto e como a figura de maiores dimensións da composición. Á esquerda do rei xorde o seu portador das sandalias rexias so unha roseta (talvez o seu nome) e unsímbolo rectangular non identificado (talvez o nome dunha vila). O feito de que Narmer se encontre descalzo reforza a idea de que o acontecemento ten lugar nun espazo sagrado ou da importante relación coa terra. Á dereita do rei aparece unha figura de cabelos longos (posibelmente unsacerdote de nome Tshet) precedido por catro portaestandartes con símbolos da casa real ou das rexións do reino (unha pel de animal, un can e dousfalcóns). Do lado dereito deste nível encóntrase o destino desta procesión: unha fileira de dez cadáveres decapitados, posibelmente os derrotados da rexión conquistada. É importante sinalar que estas figuras están representadas como sendo vistas desde arriba, o que denota unha preocupación por escoller a vista que mellor se aplica a determinada situación. Os símbolos sobre esta representación -un barco, un falcón e un arpón- poderían significar o nome da nova provincia fundada.

Azona intermedia inferior presenta dousanimais fantásticos (serpopardos) cuxos pescozos se entrelazan formando uncírculo no centro da paleta (talvez onde se moían os pigmentos). Estes animais están a ser domados por dúas figuras totalmente representadas de lado (vista utilizada para figuras de menor importancia) e crese que simbolizan a unión entre o Alto e o Baixo Exipto; contradicindo esta teoría están outras representacións idénticas naMesopotamia e o feito de que se trata dunha imaxe única na arte exipcia.

Azona inferior reforza unha vez máis a forza do rei vencedor pola ilustración dunboi que domina unha figura humana, un inimigo, aos seus pés (bastante contorsionada en relación aos cánones exipcios de representación posteriores) e unhamuralla na zona superior.

Face posterior

[editar |editar a fonte]
Face posterior da reprodución exposta no Royal Ontario Museum.

A face posterior encóntrase dividida en 3 niveis: o nivel superior, o intermedio e o inferior.

Azona superior é idéntica á da face anterior.

Azona intermedia é a de máis destacada desta face e simboliza opoder e a vitoria do rei unificador, Narmer, que, unha vez máis, é representado como a figura de maiores dimensións e que usa, nesta escena, acoroa branca (hedjet) do Alto Exipto e a colabovina, peza usada en acontecementos solemnes. Axeonllado aos seus pés do lado dereito está unha figura agarrada polos cabelos simbolizando o inimigo (posibelmente un libio), a derrota das rexións conquistadas, cuxo nome probabelmente é o que aparece a carón da cabeza. Ao lado esquerdo do rei, nunha posición máis recollida, está novamente o portador de sandalias. Do lado dereito, sobre a cabeza da vítima, xorde unha imaxe composta de significado ambiguo (o DeusfalcónHorus asegura unha corda atada a unha cabeza na base dun ramallo de seis flores depapiro), onde se pode establecer a relación entre ofaraón e odeus como diferentes representacións da mesma entidade. As flores de papiro interprétanse como asmarismas dodelta do Nilo, como que a batalla foi nunha zona de marismas ou como que foron seis mil os inimigos vencidos.

Azona inferior presenta dúas figuras espidas e barbadas contorsionadas (non se sabe se a correr ou escarranchadas no chan), moi posibelmente representacións do inimigo derrotado. Os símbolos que aparecen a carón das súas cabezas son unha muralla e un nó.

Convencións

[editar |editar a fonte]

Esta peza ten moitas particularidades propias da etapa artístico en que se creou, mais posúe tamén moitos dos elementos que permanecerán inmutábeis ao longo de 3.500 anos, as convencións de representación.

Dun modo xeral, pódese dicir que a paleta presenta xa o estilo claro, racional e sintético que tanto caracteriza a arte exipcia posterior, a división do espazo en niveis horizontais ben demarcados, a descrición inmóbel e solemne dun acontecemento importante descrito de modosimbólico (desproporcións dimensionais entre figuras de acordo coa súa importancia, p. ex.) e narrada por xeróglifos.

Tamén a representación humana se resume aquí a tres posíbeis puntos de observación destituídos de volume ou tridimensionalidade: desde arriba (no caso da fileira de cadáveres), de lado (no caso dos portaestandartes) e de fronte (no caso dos bovinos da zona superior). Na figura do faraón pódese ver xa a representación simultánea de dous puntos de vista diferentes, estilo que permanecerá ao longo da arte exipcia, aLei da Frontalidade:cabeza epernas vistas de lado,ollos eombros vistos de fronte.

Interpretación

[editar |editar a fonte]

Un concepto fundamental da paleta é o protagonismo total do rei, a figura unificadora do país, Menes, que algúns identifican con Narmer (pola aparición dunhas improntas de selos enAbidos, nos que os seus nomes aparecen unidos). O problema da unificación é outra das cuestións nas que non hai acordo. Na paleta, o soberano aparece tanto coa coroa do Sul como coa do Norte, mais non coadupla coroa, o cal se interpretou como que o que se está a representar é a culminación do proceso de unificación dos dous territorios. Pode tamén que se tratase dunha reunificación cando un rei do Norte, con capital enButo invadise o Sul, con capital enNekhen, unión que non tardaría en desaparecer cara ao final do Gerzense.

Nun momento posterior comezaría un proceso de expansión ou reconquista por parte do Alto Exipto, que remataría co inicio doPeríodo Dinástico, mesmo que a unificación non sería total e polo tanto non tería desaparecido a identidade de cada un dos estados, o que ocasionaría que en momentos de crise do poder central os territorios predinásticos se separarían. Durante os primeiros reis aínda se produciron enfrontamentos.

Hai mesmo quen pensa que no Norte non chegou a existir unha monarquía única, senón pequenos territorios equivalentes aosnomos posteriores, cada un deles cun gobernante propio, que terían sido conquistados por un estado unificado do Sul. Outros investigadores argumentan que o motivo destas conquistas se debeu ao control das inundacións dorío Nilo e a obtención do metais, o que tería motivado un enfrontamento no Sur que se tería estendido cara ao Norte.

No ámbito relixioso tamén se poden apreciar certas características relacionadas coa unificación de Exipto, como no caso dos mitos, sendo o máis coñecido o deOsiris ou as loitas entreHorus eSet.

Hoxe en día outras teses, as maioritarias, consideran que as decoracións desta paleta e doutros obxectos similares contemporáneos describen acontecementos concretos.Nicholas Miller interprétaos como auténticos resumos dos acontecementos máis destacados do ano de reinado do gobernante no que foron ofrecidos tales obxectos ao templo, poñendo en garda contra a tentación de tomar os acontecementos como necesariamente importantes e "históricos".

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paleta_de_Narmer&oldid=6982701»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp