Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Paleozoico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eón[1]EraMillóns de anos
FanerozoicoCenozoico65,5 ±0,3
Mesozoico251,0 ±0,4
Paleozoico542,0 ±1,0
Proterozoico 2.500
Arcaico3.800
Hadeicoca. 4.570

Aera paleozoica[2] ouprimaria, tamén chamadapaleozoico (dogrego παλαιόςpalaiós, 'vello', 'antigo', e ζωηzoē, 'vida'; é dicir: 'era da vida antiga') é a primeira das tres na que se divide oeónFanerozoico (ou 'era da vida visíbel —do grego φανερόςphanerós, 'visíbel', 'que está á vista'—). Abarca dende comezos doCámbrico (hai aproximadamente 542 millóns de anos) ata o final doPermiano (hai aproximadamente 251 millóns de anos).

Características do paleozoico

[editar |editar a fonte]

Nesta era a vida no noso planeta aumentou considerablemente. Moitosanimais desenvolveron cuncha ouesqueleto. A principios do Paleozoico todos os seres vivos eran acuáticos. Cara a finais do Paleozoico varios seres xa lograran conquistar terra firme.

Durante a primeira metade do Paleozoico evolucionaron formas de vida máis complicadas. Ospeixes foron os primeiros animais que desenvolveron unhaespiña dorsal, e os máis antigos viviron hai máis de 400 millóns de anos no períodoOrdovícico. A mediados do Paleozoico, os peixes abarrotaban osmares.

Durante esta era, algúnsmoluscos creceron e desenvolveron uncerebro maior e máis eficaz. Estes novos moluscos nadaban utilizando un tipo de propulsión a chorro. Cara ao períododevoniano evolucionaron os peixes. Os primeiros non tiñanmandíbulas. Despois evolucionaron peixes xigantescos e, máis tarde, os de aletas lobuladas desenvolveronpulmóns,dando orixe aosanfibios.

Xeoloxicamente,o Paleozoico iníciase pouco despois da desintegración do supercontinente Pannotia e acaba coa formación do supercontinentePanxea. Durante a maior parte da era, a superficie terrestre dividíase nun número relativamente pequeno decontinentes. A finais da era Paleozoica houbo importantes cambios no relevo dacodia terrestre, aparecendo as cordilleiras tanto no océano como na terra, e producíronse as primeiras invasiónsglaciares extensas, o que permitiu o aumento da extensión e altitude dos continentes, determinando profundas perturbacións nos climas existentes e, como consecuencia, nos organismos que poboaron as extensións continentais.

Subdivisións

[editar |editar a fonte]

A Era Paleozoica divídese en seis períodos: Cámbrico (a vida animal florece nos mares), Ordovícico (dominan osinvertebrados, Silúrico (primeiro animal de respiración aérea), Denóvico (predominio da vida animal; aparecen peixes conescamas duras e os anfibios), Carbonífero (aparecen grandes bosques defentos, os primeiros réptiles e os primeiros insectos voadores) e Permiano (ten lugar unha grande extinción coñecida como aextinción masiva do Permiano-Triásico).

EraPeríodoM. anosEventos principais
PaleozoicoPermiano 299,0 ±0,8Formación daPanxea.Extinción masiva do
Permiano-Triásico, 95% especies desaparecen
CarboníferoPennsylvaniano318,1 ±1,3Abundantesinsectos, primeirosréptiles,
extensos bosques defentos
Mississippiano359,2 ±2,5Árbores grandes primitivos
Devoniano 416.0 ±2,8Aparecen os primeirosanfibios,Lycopsida
eProgymnospermophyta
Silúrico443,7 ±1,5Primeirasplantas terrestres fósiles
Ordovícico488,3 ±1,7Dominan osinvertebrados.
Extincións masivas do Ordovícico-Silúrico
Cámbrico542,0 ±1,0Explosión cámbrica. Primeiros peixes.
Extincións masivas do Cámbrico-Ordovícico

Vida

[editar |editar a fonte]

Nosestratos pertencentes a era Paleozoica atópanse extensos grupos derochas sedimentarias de orixe mariña, nas que aparecen por primeira vez abundantesfósiles perfectamente conservados, principalmenteradiolarios eforaminíferos, así como animais xa de maior tamaño e de organización máis complicada, como ostrilobites.

Nos primeiros períodos desta era non se atopan fósiles de vexetais mariño, pero o final, sobre todo a partir do carbonífero, descubríronse restos de vexetais terrestres, como osfentos e asximnospermas, que formaron selvas extensas e espesas. Na actualidade constitúen importantes depósitos dehulla eantracita.

A fauna mariña foise enriquecendo coa sucesiva aparición doscorais, os trilobites e os moluscos, como oscefalópodos, e no Silúrico xurdiron os primeiros animais terrestres, como osescorpións, aos que seguiron osinsectos primitivos. No mar apareceron os peixes, que tiñan o seu esqueleto brando.

O final da era, os anfibios —primeiro— e algúns réptiles —despois— constituíron os primeirosvertebrados terrestres. Entre os réptiles destacan ospteromorfos, antecesores dosmamíferos, xa que presentan trazos comúns. O desenvolvemento dos réptiles nesta era é preparatorio ao grande auxe que tiveron na seguinte.

Xeoloxía

[editar |editar a fonte]

Hai uns 600 m.a. a Terra estaba constituída por 4 grandes masas continentais que representan o esqueleto dos continentes actuais. Os seus contornos e posicións relativas son moi incertas. Durante o Paleozoico estas masas foron desprazándose e o final do Permiano, hai 225 m.a. aproximadamente, colisionaron e formaron unha masa continental única, chamada Panxea, rodeada por un único e amplo océano,Panthalasa.

A colisión entre os continentes deu lugar a unha actividadeoroxénica que estivo representada por dous grandespregamentos; o Caledoniano, polo que se formaron, entre outras, as cordilleiras de Escocia, Escandinavia e Siberia; e o Herciniano, que afectou a toda Europa.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados poaComisión Internacional sobre Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio daInternational Commision on Stratigraphy, en"Standard Color Codes for the Geological Time Scale".
  2. "Entrada paleozoico en Digalego". Arquivado dendeo orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2019. 
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paleozoico&oldid=6369516»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp