Unhapalabra[1] é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (agás nos casos en que se usaapóstrofo ouguión), é dicir é a unidade formada por un ou variosfonemas, illable e dotada designificado.
En moitos idiomas, a noción do que constitúe unha "palabra" pódese entenderse principalmente como parte da aprendizaxe do sistema de escritura.[2] É o caso dalingua inglesa e da maioría das linguas escritas con alfabetos derivados dos antigosalfabetos latinos ougregos.
Non existe consenso entre os lingüistas sobre a definición axeitada de "palabra" nunha lingua falada que é independente do seu sistema de escritura, nin sobre a distinción precisa entre ela e "morfema".[2] Este tema é especialmente debatido para ochinés e outras linguas do leste asiático,[3] e pode ser discutible para aslinguas afroasiáticas.
Aciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é amorfoloxía.
As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súaacentuación ou segundo o seu número desílabas.
O día23 de novembro foi proclamado comoDía Internacional da Palabra[4].
Cando nos referimos á palabra como "conxunto de letras" é parte dalinguaxe escrita ou gráfica. Cando nos referimos á palabra como "conxunto de sons" é parte da linguaxe falada ou glótica. En ambos os casos, denomínaseaspecto externo ourepresentación material da palabra, e a este aspecto externo, material, dáselle o nome devocábulo.[5][6]
Cando nos referimos á palabra como "índice da idea que representa", é dicir, cando se fala do sentido tras da palabra escrita ou falada, estamos a referirnos aoaspecto interno ourepresentación inmaterial da palabra, e a este aspecto interno, inmaterial, dáselle o nome determo.[5][7]
É por isto que o correcto é "explicar ben un termo", non "explicar ben unvocábulo". Do mesmo modo, o correcto é "pronunciar ben un vocábulo", non "pronunciar ben untermo".
As palabras poden ser combinadas para crearfrases.
Unha palabra tamén pode ser definida como un conxunto demorfemas. Con todo, aínda que nalinguaescrita a demostración deste concepto sexa relativamente simple (e en moitos sistemas de escrita as palabras sexan delimitadas porespazos entre si), hai idiomas que non empregan divisores de plabras, como nosánscrito. Alén disto, enmanuscritos antigoslatinos (e noxaponés, no que o uso dokanji era frecuente) o uso de delimitadores de palabra era optativo.
As palabras posúen trazos que permiten clasificalas en diferentes grupos, chamados categorías gramaticais ou clases de palabras. Tamén poden clasificarse segundo criterios morfosintácticos (categoría sintáctica e tipo de flexión), fonolóxicos (acentuación, número de sílabas) ou funcionais.
En certas linguas con acento de intensidade fonolóxico, a posición do acento de intensidade non está fixada sempre na mesma sílaba; estas linguas denomínanse linguas de acento libre. En linguas de acento libre como o galego pode facerse a seguinte clasificación:
As palabras agudas ou oxítonas son aquelas na que recae oacento na últimasílaba. Por exemplo:canón.
As palabras graves ou paroxítonas son aquelas nas cales o acento recae na penúltima sílaba. Por exemplo:padiola.
As palabras esdrúxulas ou proparoxítonas son aquelas nas que recae o acento na antepenúltima sílaba. Por exemplo:cóengo.
Fonoloxicamente o acento axuda a segmentar a cadea falada en grupos fónicos ou en palabras. En linguas de acento en posición fixa como ofrancés onde o acento cae ao final de cada palabra tónica, a identificación da posición do acento permite segmentar en palabras (exceptuando as palabrasclíticas).
En galego o concepto de sílaba non é problemático e pode facerse recorrendo a criterios estritamente fonolóxicos: a posición das vogais determina que outros fonemas son inicio de sílaba (ataque silábico) ou final de sílaba (coda silábica). De acordo co número de sílabas as palabras poden clasificarse en:
Palabra monosílaba: aquela palabra cunha soa sílaba. Por exemplo:sol.
Palabra bisílaba: aquela palabra con dúas sílabas. Por exemplo:gui-ón,fi-el,ba-úl
Palabra trisílaba: aquela palabra con tres sílabas. Por exemplo:mu-í-ño,sa-í-a,ó-e-as,ví-de-o
Palabra etrasílaba ou cuadrisílabas:[8] son palabras de catro sílabas:xe-ne-ro-so,la-pi-sei-ro,po-li-cí-a...
Palabra pentasílabas: son palabras de cinco sílabas:com-pu-ta-do-ra,con-me-mo-ra-ción,he-li-cóp-te-ro...
As palabras con varias sílabas denomínanse polisílabas.[9]
Noutras linguas o concepto de sílaba é máis problemático e non existe acordo entre os especialistas sobre como construír segmentacións en sílabas. Un exemplo moi claro son aslinguas salish, que admiten grupos consonánticos de enorme complexidade, entre as que non hai ningunha vogal ou sonorante que permita establecer núcleos silábicos claros. A análise convencional das sílabas presenta algunhas dificultades en varias destas linguas. Algúns exemplos de palabras longas nestas linguas son:[10]
sčkʷkʼkʷƛus.tn 'ollos pequenos' (spokane, salish de Montana).
xłp̓x̣ʷłtłpłłskʷc̓[xɬpʼχʷɬtʰɬpʰɬːskʷʰts͡ʼ] 'tivo no seu poder unha planta deCornus (Cornus canadensis)'.
As palabras poden ser invariables, se sempre se empregan da mesma forma (cada,alguén) ou variables, se poden presentarse de maneiras diferentes de acordo coa súa especificación morfosintáctica (o,a,os,as,lea,len).[11] As invariables preséntanse sempre da mesma forma como constan nundicionario. Aspreposicións, asconxuncións e osadverbios son sempre invariables.[11]
A palabra está composta dun núcleo semántico que é a súa base mórfica ou raíz. Alén dela, os demais elementos son periféricos. A palabra pode estar composta só pola raíz, comomar oufeliz, ou posuír tamén morfemas periféricos, comomarinho ouinfeliz.[12] Olexema é a parte fundamental dunha palabra, ten significado léxico definido por conceptos e entidades tanto reais como imaxinarias que se recollen nodicionario, que explica a que se refiren esas raíces. En ocasións a raíz constitúe a palabra enteira, mais noutras aparece algún morfema máis.
Bases: as palabras a partir das que se crean outras denomínansebases léxicas. Raíz non é o mesmo que base léxica. Por exemplo, enfroiteira, a raíz éfroit- e a base léxica éfroita.
Afixos oumorfemas derivacionais: van unidos ás raíces e modifican o seu significado. Segundo a posición dos morfemas derivativos distínguense tres tipos de palabras:
Desinencias ou morfemas flexionais: van situados ao final das palabras e permiten que as mesmas se presenten nas súas diferentes formas. Indican o xénero e o número nos substantivos e nos pronomes e no caso dos adxectivos e dos determinantes indican concordancia.
Unha palabra primitiva é unha palabra na que a súa formación non tivo orixe a partir doutroradical (por exemplo: pedra, flor, casa, libro, papel).[13] Estas palabras, mediante un proceso derivativo poden dar orixe a novas palabras: pedraría, florecer, caseiro, libraría, papelaría).[13]
Unhafamilia de palabras é un conxunto de palabras que comparten a mesma raíz e constitúen, como o seu propio nome indica, unha familia de palabras, xa que presentan esa idéntica raíz, o que explica os trazos comúns no seu significado.
↑Charles F. Hockett (1951): Review of John De Francis (1950)Nationalism and language reform in China. Published inLanguage, volume 27, issue 3, pages 439-445
↑13,013,1Abaurre, Maria Luiza; Pontara, Marcela Nogueira; Fadel, Tatiana (2005).Português: língua e literatura1 (2.ª ed.). São Paulo: Moderna. p. 161.ISBN85-16-03845-9.