Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia. Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes. |

Unhapaisaxe sonora defínese como un ambiente acústico ou un ambiente creado poloson. Na súa concepción orixinal referíase ao ambiente acústico natural: os sons das forzas danatureza, os animais e os seres humanos. Deste xeito construíaR. Murray Schafer o concepto deSoundscape.
Segundo R. Murray Schafer son varios os elementos dunha paisaxe sonora:
Este é un termomusical que identifica anota principal dun son, non sempre audible (de forma consciente). Aínda que esta nota non se oia intúese, vólvese a ela. Os sons principais contornean o carácter da xente que vive no lugar en que se escoita(Schafer). Son creados pola natureza (xeografía eclima): vento, auga, bosques, vales, paxaros, insectos, animais. En moitas áreas urbanas, o tráfico converteuse no son principal.
Estes son os sons que están en primeiro plano, que se escoitan conscientemente. Exemplo: dispositivos de alarmas, campás, chifres, sirenas etc.
Unha marca sonora é un son que é único nunha área xeográfica. Contribúe á identificación dun lugar e forma parte do imaxinario sonoro común dos habitantes dese lugar. Unha vez que se identificou unha Marca Sonora, merece ser protexida, porque as Marcas Sonoras fan única a vida acústica dunha comunidade(Schafer).
As paisaxes sonoras combináronse tradicionalmente coas composicións musicais. Actualmente as gravacións de campo son elementos habituais nas creacións sonoras; unha porcentaxe moi elevada de obras actuais inclúen, dun xeito ou doutro, gravacións naturais moi procesadas.
Fai unhas décadas entendíase que unha obra con paisaxes sonoras era unha composición musical electroacústica que crea un retrato dos sons dunambiente concreto. Dous exemplos de compositores que utilizaron Paisaxes Sonoras na historia da música, combinados con sons sintéticos, son:Barry Truax eLuc Ferrari, deste último é a obraPresque rien, numéro 1 (1970), a primeira composición con paisaxes sonoras da historia oficial da música. (Roads 2001, p. 312)
Certos autores empezaron a empregar o termo "paisaxe sonora" comosinónimo deimaxe sonora, o que desvirtúa o concepto por completo. Este é o caso deTrevor Wishart, quen na súa obraSímbolos e paisaxes sonoras (1986), define unha paisaxe sonora como a fonte imaxinaria dos sons percibidos. É dicir, como a recreación dunha paisaxe real, co que está definindo, algo similar o que se entende por imaxe sonora (que tamén pode ser a recreación dunha contorna sonora irreal).
Na actualidade o concepto de paisaxe sonora excedeu as fronteiras daterminoloxía de composición musical para integrarse no acervo común dalinguaxe falada.