Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pai fillo nai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Partida de pai-fillo-nai, gañada polas cruces verdes ao lograr unha diagonal.

Pai fillo nai é unxogo popular, tamén coñecido porpai nai fillo outres en raia, que se xoga nun taboleiro real, debuxado ou imaxinario. Este ten formacadrada e consta de nove posicións en tres ringleiras e tres columnas, iguais na súa disposición. Hai polo tanto unha posición interior (no centro do cadrado) e oito exteriores, catro das cales ocupan osvértices docadrado e as outras catro os puntos intermedios doslados. No xogo pódense usar fichas ou deixar marcas nas casiñas (con algo que escriba nun papel ou marcando cun pau ou co dedo na area) e participan dous xogadores (que cando se xoga sen fichas normalmente marcan cadansúa posición cos símbolosX eO).

O obxectivo do xogo é conseguir, por medio da colocación das fichas e posteriores movementos, un aliñamento de tres do mesmo xogador, que van facendoquendas para colocar ou mover as fichas. As únicas combinacións válidas son tres disposiciónshorizontais, tresverticais e dúasdiagonais. Cando se logra o obxectivo o gañador avisa ao outro xogador dicindoPai, fillo, nai!, que é de onde lle vén o nome ao xogo.

Hai varias modalidades de xogo. Na máis habitual as fichas póñense ata encher o taboleiro e non poden moverse. Noutra, cada xogador conta con tres fichas e, unha vez están as tres colocadas, van alternativamente cambiando a posición unha a unha para ocupar outro lugar baleiro.

É unxogo infantil de grande utilidade na formación do neno, xa que as posibilidades de colocación das fichas son limitadas pero moi variables. Con este xogo ensínaselle:

  • que mesmo dentro das normas sociais (e da realidade), existen sempre moitas alternativas;
  • que as decisións dun momento (colocacións) poden afectar ás situacións futuras;
  • visión espacial;

A dinámica do xogo apréndese con facilidade para o nivel intelectual dun neno e a súa práctica ten un evidente valor pedagóxico para asmatemáticas e axeometría.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrematemáticas é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pai_fillo_nai&oldid=5536681»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp