Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Paestum

Coord.:40°25′12″N15°00′20″L / 40.42,15.0056
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPaestum
(it)PaestumEditar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico
sitio arqueolóxico da Grecia antigaEditar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCapaccio Paestum, ItaliaEditar o valor en Wikidata
LocalizaciónPaestum(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Mapa
 40°25′12″N15°00′20″L / 40.42,15.0056
Características
Altitude18 mEditar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1998 (22ª Sesión)
Identificador№842вспискеобъектоввсемирногонаследия(en)
Historia
Data de creación ou fundación600 a. C.Editar o valor en Wikidata

Sitio webmuseopaestum.beniculturali.itEditar o valor en Wikidata
Templo de Atenea, antes coñecido como templo de Ceres.

Paestum (antigaPoseidonia) é o nome romano clásico dunha importante cidade greco-romana situada no litoral doMar Tirreno naMagna Grecia, na rexiónitaliana deCampania. Atópase ao sueste na provincia deSalerno, a 40km ao sur da capital provincial e 92 deNápoles. É un dos barrios do concello deCapaccio-Paestum.

As ruínas de Paestum son famosas polos seus trestemplos gregos deorde dórica, que datan do 600 ao 450 a.C., e que están nun moi bo estado de conservación. As murallas da cidade e o anfiteatro están en gran parte intactas e permanece a parte inferior das paredes de moitas outras estruturas, así como as estradas pavimentadas. O sitio está aberto ao público e hai un moderno museo nacional que contén tamén os descubrimentos do sitio grego asociado deFoce del Sele.

Trala súa fundación por colonos gregos baixo o nome dePoseidonia (grego antigo: οσειδωνία) foi finalmente conquistada polos Lucanos e posteriormente polosromanos. Os lucanos renomeárono comoPaistos e os romanos deron á cidade o seu nome actual. Como "Pesto" ou Paestum, a cidade converteuse nun obispado (agora sósé titular), pero foi abandonada no inicio daIdade Media, e quedou inalterado e en gran parte esquecido ata o século XVIII.

Hoxe en día os restos da cidade atópanse na modernafrazione de Paestum, que forma parte dacomune deCapaccio naProvincia de Salerno,Campania,Italia. O asentamento moderno, directamente ao sur do xacemento arqueolóxico, é unha popular localidade costeira, con longas praias de area.

Restos antigos

[editar |editar a fonte]
Vista aérea de Paestum, mirando cara ao noroeste; dous templos de Hera en primeiro plano, o templo de Atenea no fondo, o museo moderno á dereita.

Moitas das características máis famosas do sitio hoxe en día son os tres grandes templos da versión arcaica daorde dórica grega, que datan de aproximadamente do 550 ao 450 a.C. Todos son típicos do período,[1] con columnatas masivas que teñen unha pronunciadaéntase (que se ensanchan mentres baixan) e capiteis moi anchos semellantes a cogumelos virados. Por encima das columnas, só o segundo Templo de Hera conserva a maior parte do seuentaboamento, e os outros dous teñen só oarquitrabe.

Estes foron dedicados aHera,Athena ePoseidón (Xuno,Minerva eNeptuno para os romanos), aínda que anteriormente identificáronse a miúdo doutro xeito, por exemplo, como unha basílica e un templo deCeres (aDeméter grega), segundo argumentos do século XVIII. Os dous templos de Hera están xuntos un á beira do outro, mentres que o Templo de Atenea está ao outro lado do centro da cidade. Houbo outros templos, tanto gregos como romanos, que están moito menos ben preservados. Paestum está lonxe de ser unha boa fonte de mármore. Os tres templos principais tiñan poucos relevos de pedra, quizais usaban pinturas no seu lugar. Usaronterracota pintada para algúns detalles de parte da estrutura. Os grandes anacos de terracota que sobreviviron están no museo.

Toda a antiga cidade de Paestum ten unha superficie aproximada de 120 hectáreas. Só se escavaron as 25 hectáreas que conteñen os tres templos principais e os outros edificios principais. As outras 95 hectáreas permanecen en terreos privados e non foron estudados. A cidade está rodeada de muros defensivos que aínda están en pé. As murallas teñen aproximadamente 4750 m de longo, 5 a 7 m de espesor e 15 m de alto. Situadas ao longo da muralla hai 24 torres cadradas e redondas. Pode haber ata 28, pero algunhas delas foron destruídos durante a construción dunha estrada durante o século XVIII que efectivamente cortou o sitio en dous.

A zona central está completamente libre de edificios modernos e sempre o estivo en gran medida desde a Idade Media. Aínda que se retiraron moitas pedras do sitio, un gran número de edificios seguen sendo detectables polas súas bases ou polas partes inferiores das súas paredes, e as estradas principais permanecen pavimentadas. Un pequeno santuario memorial ouHeroon construído para un heroe local descoñecido sobreviviu intacto; os contidos están no museo. Escaváronse numerosas tumbas fóra das murallas.

Os tres templos gregos

[editar |editar a fonte]
Primeiro templo de Hera, c. 550 BC
Segundo templo de Hera, c. 450 BC
Templo de Hera II pola noite

Oprimeiro templo de Hera, construído ao redor do ano 550 a.C. polos colonos gregos, é o templo máis antigo sobrevivente de Paestum. Os arqueólogos do século XVIII denominárono "A Basílica" porque algúns pensaban que era un edificio romano. (A basílica romana orixinal) era esencialmente unha forma cívica de construción, antes de que o primeiro plano da basílica fose adoptado polos primeiros cristiáns para as igrexas.)

As inscricións e as estatuíñas de terracota revelaron que a deusa aquí venerada era Hera. Máis tarde, desenterrouse un altar diante do templo, no lugar ao aire libre, habitual para un altar grego. Os fieis podían asistir a ritos e sacrificios sen entrar nacella ou santuario interior.

As columnas teñen unha forteéntase ou curvatura ao longo da súa lonxitude, indicación dunha temperá data de construción. Algúns dos capiteis aínda conservan restos visibles da súa pintura orixinal.[2] O templo é máis ancho que a maioría dos templos gregos, probablemente porque ten dúas portas e unha fila de sete columnas no centro da cella, unha rara característica.[3] Isto pode reflectir unha dobre dedicación do templo. Ter un número impar de columnas, aquí nove, nos lados máis curtos tamén é moi raro, hai dezaoito columnas ao longo dos lados máis longos. Isto foi posible ou necesario debido ás dúas portas, polo que ningunha ten unha vista bloqueada por unha columna.

Osegundo Templo de Hera construíuse ao redor do 460-450 a.C., xusto ao norte do primeiro templo de Hera. Pensouse erroneamente que se dedicou aPoseidón. As columnas non teñen as típicas 20 estrías en cada columna senón que teñen 24 estrías. O Templo de Hera II ten un tamaño de columna máis amplo e intervalos menores entre columnas. O templo tamén foi usado para adorar aZeus e outra deidade, cuxa identidade é descoñecida. No lado leste están visibles os restos de dous altares, un grande e outro máis pequeno. O máis pequeno é unha adición romana, construído cando un camiño que leva a unforo romano foi cortado polo máis grande. Tamén é posible que o templo orixinalmente estivese dedicado tanto a Hera como a Poseidón, algunhas estatuas de ofrenda atopadas ao redor do altar maior están pensadas para demostrar esta identificación.

Templo de Atenea, c. 500 aC

No punto máis alto da cidade, a certa distancia dos templos de Hera e ao norte do centro do antigo poboado, atópase otemplo de Atenea. Construíuse ao redor do ano 500 a. C., e durante algún tempo pensábase que estaba dedicado a Ceres.[4] A arquitectura é de transición, estando en parte noestilo xónico e en partedórico. Tres tumbas cristiás medievais no chan demostran que o templo foi usado nalgún momento como unha igrexa cristiá.

Vídeos externos
smARThistory – Ancient Greek Temples at Paestum, Italy[5]

Outras características arqueolóxicas

[editar |editar a fonte]

Na parte central do complexo atópase o foro romano, pensado para construírse no sitio da anterior ágora. No lado norte do foro hai un pequeno templo romano, datado no ano 200 a.C. dedicado áTríade Capitolina, aXuno,Xúpiter, eMinerva.

Ao nordés do foro atópase oanfiteatro. Que ten un patrón romano normal, aínda que moito máis pequeno que os exemplos posteriores. Só a metade occidental é visible, en 1930, construíuse unha estrada a través do sitio, sepultando a metade oriental. Segundo afirman os habitantes locais, o enxeñeiro civil responsable foi xulgado, condenado e recibiu unha pena de prisión polo que se describiu como destrución indebida dun sitio histórico. Hai tamén un pequeno concello circular (bouleuterion) ou espazo de reunión (ekklesiasterion), con asentos en niveis. Probablemente nunca estivo cuberto, pero tiña un muro ao seu redor, quizais cunha pequena arcada ao redor do interior.[6] Isto deixou de ter un papel nos tempos romanos e foi cuberto.[7]

Detalle dun dos vasos de bronce do Heroon, no museo que amosa unha ovella e unha muller.

Oheroon, próximo ao foro e ao templo de Atenea, construíuse probablemente como homenaxe ao fundador da cidade, aínda que se construíu ao redor dun século despois da morte desta figura anónima. Era un túmulo baixo cun recinto rectangular amurallado e con grandes pedras ao seu redor. Cando escavouse en 1954, descubriuse no centro unha cámara baixa de pedra cun tellado inclinado, a metade por debaixo do chan de terra circundante e a metade enriba. Este contiña varios vasos de bronce grandes, raros e espléndidos, quizais non feitos na localidade, e unha grananfora de cerámica ateniense de ao redor do 520-500 a.C. Os vasos de bronce tiñan trazos de mel dentro. Estes están agora no museo.[7]

Xusto ao sur das murallas da cidade, nun sitio aínda chamado Santa Venera, atopáronse nun santuario unha serie deofertorios, pequenas estatuíñas de mulleres espidas moldeadas en terracota vestindo unpolo o tocado das deusas deAnatolia e Siria, datadas na primeira metade doséculo VI a.C. Escavacións similares realizáronse noutros santuarios de Paestum durante as escavacións dos anos 80. estas figuras son moi raras no Mediterráneo Occidental.[8] Otémenos ao aire libre estableceuse no inicio da ocupación grega: non construíuse un templo no sitio ata o inicio do século V a.C. Unha deusa espida era unha figura allea á cultura grega antes da famosaAfrodita Cnida dePraxíteles no século IV. as análises iconográficas deben buscarse naAstarte fenicia e na Afrodita chipriota. "En lugares onde os gregos e os fenicios entraron en contacto uns cos outros, a miúdo hai unha superposición na personalidade das dúas deidades", explicou Rebecca Miller Ammerman (Ammerman 1991) ao identificar o culto no lugar como o da Astarte fenicia ou a Afrodita chipriota.

As inscricións deixan claro que durante a época romana, o culto estaba reservado aVenus.

  • O teito da cámara heroon, despois de que o tumulo fose retirado
    O teito da cámaraheroon, despois de que o tumulo fose retirado
  • O ekklesiasterion ou cámara do concello
    Oekklesiasterion ou cámara do concello
  • Unha torre en ruínas no muro da cidade
    Unha torre en ruínas no muro da cidade
  • A Vía Sacra, rúa principal da cidade romana
    A Vía Sacra, rúa principal da cidade romana

Tumbas pintadas

[editar |editar a fonte]
O teito daTumba do nadador, c. 470 aC
O simposio na parede norte

Paestum tamén é recoñecido polas súas tumbas pintadas, principalmente pertencentes ao período de goberno lucano, mentres que só unha delas data do período grego. Non obstante, esta é aTumba do nadador (italiano: Tomba del tuffatore), que é a máis famosa. É o nome da enigmática escena, representada na parte inferior da lousa da cuberta, dun mozo que se mergulla na auga. Data da primeira metade do século V a.C. (ao redor do 470 a.C.), a idade de ouro da cidade grega. Foi atopada o 3 de xuño de 1968, nunha pequena necrópole a aproximadamente 1,5 quilómetros ao sur das antigas murallas. A tumba está pintada coa técnica do fresco e a súa importancia radica en ser "o único exemplo de pintura grega con escenas figuradas que datan dos períodos orientalizantes, arcaico ou clásicos en sobrevivir na súa totalidade, entre os miles de tumbas gregas desta época (aproximadamente entre o 700 e o 400 a.C.), este é a única decorada con frescos de suxeitos humanos."

As catro paredes restantes da tumba están ocupadas por escenas relacionadas co simposio, unha iconografía moito máis coñecida na cerámica grega que a escena de mergullo. Os cinco frescos expóñense no museo arqueolóxico, xunto con outros ciclos de tumbas pintadas polos Lucanos. En contraste coas pinturas de tumbas gregas anteriores, estas escenas posteriores teñen moitas figuras e unha alta proporción de escenas con cabalos e deportes ecuestres.

Métopa de Sele, dúas mulleres correndo, c. 510 aC
As métopas de Sele como se mostran no museo de Paestum

Complexo do Sele

[editar |editar a fonte]

A poucos quilómetros de Paestum había un complexo de templos na desembocadura dorío Sele (Foce del Sele en italiano) dedicado a Hera. O templo está agora case destruído e quedan poucos restos doutros edificios. Non obstante, recuperáronse ao redor de 70métopas arcaicas do relevo do templo e doutro edificio do século VI a.C. Estes divídense en dous grupos, o primeiro mostra a historia da vida deHeracles en 38 relevos sobreviventes, o outro grupo, aproximadamente do 510 a.C, mostra a parellas de mulleres correndo. O primeiro ciclo constitúe a peza central do museo Paestum, colocadas ao redor de paredes á altura orixinal. No sitio hai un "museo narrante" con pantallas de vídeo, pero non hai obxectos orixinais.[9]

Historia

[editar |editar a fonte]

Fundación

[editar |editar a fonte]
Vista xeral de Paestum, 1769

SegundoEstrabón, a cidade fundouse comoPoseidonia (nomeada así pola deidade grega do mar) por Aqueos gregos deSibaris. Os colonos construíron fortificacións próximas ao mar, pero logo decidiron fundar a cidade máis no interior nunha elevación máis alta. As fortificacións puideron construírse ao sur de Poseidonia no promontorio onde está agoraAgropoli. Segundo a tradición histórica o santuario de Poseidón estaba situado alí, debido ao cal a cidade sería nomeada así. A data da fundación de Poseidonia non é dada por fontes antigas, pero a evidencia arqueolóxica dá unha data de aproximadamente o 600 a.C.

Alternativamente, de feito, os sibaritas poden sertrecenos.Aristóteles escribiu que un grupo de Trecenios foi expulsado de Sibaris polos aqueos logo da fundación conxunta desa cidade.Gaius Julius Solinus chama a Paestum coloniaDoria e Estrabón menciona que unha vez Trecén chamouse Poseidonia. Como consecuencia, argumentouse que Paestum foi fundado polos trecenos referidos por Aristóteles. Outra hipótese é que os sibaritas foron axudados polos dorios na súa fundación de Poseidonia.

Período grego

[editar |editar a fonte]
Rapto de Europa dunhaCrátera,c.  350 BC

As evidencias arqueolóxicas dos primeiros séculos de Paestum indican a construción de estradas, templos e outras características dunha cidade en crecemento. As moedas, a arquitectura e as estampas votivas testemuñan as estreitas relacións mantidas conMetaponto nos séculos VI e V.[10]

Presúmese que Poseidonia albergou refuxiados da súa cidade nai, Sibaris, cando a cidade foi conquistada por Crotón no 510 a.C. A principios do século V, as moedas de Poseidonia adoptaron o estándar de peso Aquea e o touro visto nas moedas sibaritas. AJ Graham cre que foi plausible que o número de refuxiados fose o suficientemente grande como para que ocorrese algún tipo desinecismo entre os Poseidonios e os Sibaritas, posiblemente en forma de simpolidade deSympoliteia.

Poseidonia puido ter unha parte importante nunha nova fundación de Sibaris, que durou desde o 452/1 a.C ata o 446/5 a.C. Isto o suxire a gran semellanza das moedas de Sibaris coas de Poseidonia durante este período. Posiblemente un tratado de amizade entre Sibaris, os seus aliados e os Serdaioi (un pobo descoñecido) se remonta a esta nova fundación, porque Poseidonia era o garante deste tratado.

Fresco da "Tumba do cabaleiro negro", c. 340 BC

Período Lucano

[editar |editar a fonte]
fresco da carreira de carros e do posto gañador, no século III a.C, no museo

Non é ata o final do século V a.C que é mencionada a cidade, cando segundo Estrabón a cidade foi conquistada polos lucanos. Das evidencias arqueolóxicas parece que as dúas culturas, grega e osca, foron capaces de prosperar xunto a outras.

Moitas pinturas de tumbas mostran cabalos e carreiras de cabalos, unha obsesión das elites lucanas.

Período romano e abandono

[editar |editar a fonte]

Converteuse na cidade romana de Paestum no 273 a.C., como consecuencia dasguerras pírricas, na que os greco-italianos Poseidonios se uniron ao reiPirro deEpiro contra aRepública romana.

Durante a invasión cartaxinesa de Italia porHaníbal, a cidade permaneceu fiel a Roma e despois fóronlle concedidos favores especiais como a cuñaxe da súa propia moeda. A cidade continuou prosperando durante o período imperial romano e converteuse nun bispado como a diocese católica de Pesto ao redor do 400 d.C. Comezou a declinar entre os séculos IV e VII d.C, e foi abandonada durante aIdade Media. O bispado suprimiuse en 1100. Como Nápoles e a maior parte da rexión circundante, os habitantes probablemente falaron un dialecto grego ao longo da súa historia. O descenso e o abandono foron probablemente debido a cambios nos patróns de drenaxe das terras locais, provocando condicións pantanosas e demalaria. Os ataques dos escravistas e piratas sarracenos tamén puideron ser un factor decisivo. A poboación restante parece que se trasladou ao asentamento máis alto do cantil enAgropoli (é dicir, "acrópole" en grego), a poucos quilómetros de distancia, aínda que este asentamento converteuse nunha base para os invasores musulmáns durante un período. O sitio de Paestum quedou descoidado e en gran parte esquecido, aínda que colleuse algunha pedraspolia para utilizala na construción dacatedral de Salerno deRobert Guiscard (1085).

Redescubrimento

[editar |editar a fonte]
Un dos gravados deGiovanni Battista Piranesi, 1778
Isidro González Velázquez:Vista das magníficas ruínas da antiga cidade de, 1837, mostra parte das muralllas e os tres templos

A pesar dalgunhas mencións como a da historia dePietro Summonte en 1524, que identificou correctamente os tres templos dóricos como tales, as súas ruínas só volveron a ter notoriedade no século XVIII, tras a redescuberta das cidades romanas dePompeia eHerculano, e durante a construción dunha nova estrada costeira ao sur deNápoles. O moderno asentamento comezara a revivir polo menos no século XVI, ao lado das antigas ruínas. Despois dun comezo complicado, o redescubrimento dos tres antigos templos gregos e facilmente accesibles crearon un enorme interese en toda Europa. Difundíronse as obras de arte deGiovanni Battista Piranesi (1778) e outras máis.[11] A forma completa e relativamente sinxela dos templos converteuse en influente naarquitectura do renacemento grego.

En 1740 fíxose unha proposta, pero non executada, para aproveitar as columnas para o novoPalacio de Capodimonte en Nápoles. Inicialmente, os sabios do século XVIII dubidaban de que as estruturas fosen templos, e suxeríronse diversas posibilidades que incluían un ximnasio, unhabasílica pública ou salón ou un "pórtico". Tamén houbo controversias e malentendidos sobre o seu contexto cultural. Alessio Simmaco Mazzocchi, clérigo e antiquario, "o fundador do estudo moderno da Magna Graecia" (os antigos gregos en Italia), pensaba que eranetruscos, de acordo coas súas teorías de que os colonos gregos só se xuntaron ás culturas existentes en Italia, fundadas por pobos do leste. Derivou a [[etimoloxía] de "Poseidonia" dunha deidade do mar fenicia inventada.

A primeira publicación moderna das ruínas foi "Les Ruines de Paestum" en 1764, por GPM Dumont, que fora levado alí en 1750 xunto co arquitectoJacques-Germain Soufflot polo conde Gazzola, un enxeñeiro do goberno de Nápoles. Gazzola debuxara ou encargara debuxos medidos, aos que Dumont engadiu as súas fotos, ademais de láminas máis artísticas. Houbo unha edición ampliada en 1769, o mesmo ano en que o inglés Thomas Major publicou un relato aínda máis extenso. En 1774 había nove diferentes publicacións ilustradas no sitio.[12]

Unha compañía de soldados montou a súa oficina entre as columnas dóricas do Templo de Hera II, c. 1943

Segunda guerra mundial

[editar |editar a fonte]

O 9 de setembro de 1943, Paestum foi a localización das praias de desembarco da36ª División de Infantaría dos Estados Unidos durante ainvasión de Italia polos Aliados. As forzas deAlemaña resistiron os desembarcos desde o principio, provocando grandes combates dentro e arredor da cidade. O combate persistiu ao redor da cidade durante nove días antes de que os alemáns se retirasen ao norte. As forzas aliadas estableceron os seus hospitais de campaña da Cruz Vermella nos templos, e ao redor deles, xa que os templos estaban "fóra dos límites" dos bombardeos por ambos lados.[13]

Nomos de Poseidonia, c. 530–500 a.C. Poseidón manexando untridente cunhaclámide envolta nos seus brazos.

Moedas

[editar |editar a fonte]

As moedas de Paestum comezan ao redor do 550 a.C. Adoitan representar a Poseidón cun tridente ascendente. As emisións continúan ata o reinado deTiberio. Por razóns descoñecidas, Paestum é a única de todas as pequenascecas italianas, autorizada a seguir acuñando moedas de bronce mediante un decreto senatorial de aproximadamente o 89 a.C., despois de que esta fose centralizada. As moedas posteriores levan "PSSC", que significa "Paesti Signatum Senatus Consulto" para reflectir isto.[14]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. de feito, moitas veces úsanse para ilustrar o estilo nos libros arquitectónicos.
  2. "Le meraviglie di Paestum, 1:32-1:38"
  3. ""The early temple of Hera, known as the ‘Basilica’"". Arquivado dendeo orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 01 de maio de 2019. 
  4. ""The temple of Athena"". Arquivado dendeo orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 02 de maio de 2019. 
  5. "Ancient Greek Temples at Paestum, Italy". smARThistory at Khan Academy. Arquivado dendeo orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  6. Two possible reconstructions here
  7. 7,07,1""The Greek town at Paestum"". Arquivado dendeo orixinal o 23 de agosto de 2019. Consultado o 02 de maio de 2019. 
  8. Rebecca Miller Ammerman, "The Naked Standing Goddess: A Group of Archaic Terracotta Figurines from Paestum",American Journal of Archaeology95.2 (abril 1991), pp. 203–230.
  9. http://www.paestum.org .ukArquivado 01 de maio de 2019 enWayback Machine. "O santuario na desembocadura do río Sele"
  10. Ammerman, Rebecca Miller (2002-01-01). University of Michigan Press, ed.O Santuario de Santa Venera a Paestum. p. 48.ISBN 978-0472108992. 
  11. O título completo de Piranesi foiDifferentes vues de quelques restes de trois grands édifices qui subsistent encore dans le milieu de l'ancienne ville de Pesto autrement Possidonia, et qui est située dans la Lucanie, 1778
  12. Wilton-Ely, 118; Ceserani, 60–65
  13. "Photo". Arquivado dendeo orixinal o 04 de maio de 2019. Consultado o 04 de maio de 2019. 
  14. "Poseidonia" inHistoria Numorum

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Paestum

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paestum&oldid=6884728»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp