Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pacifismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2017.)
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Pacifismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
 Oposto a
Implicados
 Practicado por
Identificadores
Freebase/m/067hyEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 161926BNE: XX525815
Wikidata C:Commons

Opacifismo é a oposición águerra e a outras formas deviolencia expresadas a través dun movemento político, relixioso, ou como unha ideoloxía específica.

Clasificación

[editar |editar a fonte]

Xeralmente recoñécense dous tipos de pacifismos:

  • Opacifismo absoluto ou radical: rexeita a violencia en calquera das súas formas, considerando que todo acto violento xera máis violencia, sendo contraproducente o seu uso.
  • Opacifismo relativo ou moderado: rexeita en principio ouso da forza, pero a admite para defenderse de ameazas estremas.

Medios

[editar |editar a fonte]

Algúns dos medios dos que se vale o pacifismo na procura dos seus fins son:

Orixes

[editar |editar a fonte]

A aparición do pacifismo remóntase a cando os primeiroscristiáns se negaron a tomar armas e exercer a violencia, para o que utilizaron unha frase doSermón da montaña: "Non resistades ó mal coa forza".

O pacifismo comezou a ser definido a partir doséculo XVIII por numerosas personalidades:

  • Leibniz, ademais de filósofo foi matemático, historiador, teólogo e diplomático. Percorreu todaEuropa establecendo contactos con moita xente distinta. Isto fíxoo para intentar conseguir o entendemento e a comprensión, xa que o seu propósito era crear unha lingua exacta e universal.
  • Rousseau (1712-1778), filósofo e escritor francés, destacou por atacar ó goberno, ó sistema de ensino e áIgrexa Católica. Durante aRevolución Francesa pretendeu conseguir liberdades individuais edereitos humanos.
  • Bentham (1748-1832), xurista e economista inglés, ideou que o ben era pracer e o mal era dor. Intentou crear un sistema moral no que cada persoa escollese o pracer que máis felicidade lle dese, segundo o seu interese, conseguindo así o beneficio dos demais.
  • Saint-Simon (1760-1825) era un sociólogo francés que creou un sistema industrial no que os cristiáns intentaban mellorar a situación dos pobres a través de métodos non violentos.

O pacifismo moderno

[editar |editar a fonte]

Pero os impulsos ó pacifismo máis fortes e importantes foron os dalgúns os seus defensores, comoMahatma Gandhi,Martin Luther King eÓscar Romero. Estas persoas, ademais de escribir sobre o pacifismo, levárono á práctica:

Tamén foron importantes as protestas contra aguerra de Vietnam enEstados Unidos, e os movementos en favor dodesarme nuclear durante aguerra fría.

Número de manifestantes nas protestas
do 15 de febreiro de 2003 contra a invasión a Iraq
Roma2.000.000
Londres750.000
Barcelona700.000
Madrid660.000
Berlín≥500.000
Zaragoza300.000
Sydney250.000†
Sevilla≥200.000
Damasco200.000
Málaga150.000
Granada150.000
Montreal150.000
Melbourne150.000†
París100.000
Vigo100.000
Oviedo100.000
Dublín100.000
Os Ánxeles100.000
Nova York90.000
Glasgow80.000
Córdoba75.000
San Francisco65.000†
Alacant60.000
Oslo60.000
Buenos Aires60.000
Seattle60.000
Bruxelas50.000
Atenas50.000
Montevideo50.000
Valladolid50.000
Berna40.000
São Paulo (un dato)35.000
Estocolmo35.000
Xirona30.000
Cádiz30.000
Belfast30.000
Santander30.000
Copenhaguen25.000
Elx20.000
Gotemborg20.000
Newcastle20.000
Vancúver20.000
Helsinqui15.000
Perth15.000
Viena15.000
Alxeciras15.000
Luxemburgo14.000
México, D.F.13.000
Trondheim11.000
Canberra10.000
Calcuta10.000
Tesalónica10.000
Toronto10.000
Ámsterdan10.000
Auckland10.000
Austin10.000
Beirut10.000
Cidade do Cabo10.000
Xohanesburgo10.000
Porto10.000
Leipzig10.000
Filadelfia10.000
São Paulo (un dato)10.000
Zagreb10.000
Wellington6.000
Ávila5.000
Istanbul5.000
Malmö5.000
Lismore5.000
Tokyo5.000
Liubliana5.000
Eugene4.000
Colorado Springs4.000
Reiquiavik4.000
Bangkok3.000
Byron Bay3.000
Quebec3.000
Tel Aviv3.000
Sarasota2.500
Bellingen2.500
Ottawa2.000
Manila2.000
Kíiv2.000
Christchurch2.000
Dacca2.000
Sofía2.000
Varsovia2.000
Chicoutimi1.500
Kuala Lumpur1.500
Dunedin1.500
Flagstaff1.000
Hong Kong1.000
Knoxville650
Nova Orleáns500
Akureyri500
Chipre500
Maribor500
Quito350
Poznań300
Lima300
Moscova300
San Salvador250
Srinagar100
Mostar100
Whanganui70
Tallinn60
Almaty50
McMurdo Station50
Tauranga10
(Total)≥10.430.590
†: 14 o 16 de febreiro
Fonte:The Globe and Mail e outros

Contexto actual

[editar |editar a fonte]

Aguerra de Iraq serviu como detonante para revitalizar un movemento que levaba tempo fóra das portadas. Asmanifestacións mundiais contra a guerra foron convocadas simultaneamente en todo o mundo, sendo as primeiras convocatorias de carácter realmenteglobal da historia. As manifestacións foron especialmente relevantes nos países comprometidos coa invasión (Australia,Estados Unidos,España,Gran Bretaña,Portugal,Polonia,Italia). Estas foron as primeiras manifestacións convocadas porInternet eSMS, e mostrouse a efectividade dos novos medios, xa que a protesta mundial (ou marcha pola paz) comezouse a organizar só un mes antes da súa realización. As circunstancias locais permitiron a súa permanencia no tempo, sobre todo enGran Bretaña,Estados Unidos,España eItalia, onde puideron servir de bandeira de enganche contra os Gobernos no poder, contribuíndo así ó envorco electoral enEspaña eItalia.

O lema universalmente adoptado foiNon á guerra.

O15 de febreiro de2003 tivo lugar a maior das manifestacións, conseguíndose a maior mobilización mundial na Historia. Millóns de persoas saíron ás rúas en moitas cidades, encabezadas porRoma con 2 millóns de manifestantes (ver táboa). Cabe destacar o baile de cifras, en canto ao número de manifestantes nas principais cidades dos países cuxos gobernos apoiaron a invasión. Foi moi grande a diferenza entre os datos oficiais dados polas administracións e as dadas polos convocadores; cada un defendendo os seus intereses. Un claro exemplo éMadrid, onde parece claro que o número de manifestantes foi moi superior ós 660.000 oficiais, aínda que tamén é moi posible que non chegasen ós 2 millóns de persoas segundo os convocadores, sendo unha cifra intermedia o dato real. A táboa adxunta mostra os datos oficiais das cidades que reuniron a un maior número de persoas, entre as que se atopaVigo como única representante galega na lista.

De forma concomitante ó gran movemento creado á calor daguerra global contra o terrorismo, no movemento pacifista actual existen dúas grandes correntes.

  • Grupos de pacifismo reformista que tratan de ignorar as contradicións sociais e predican a paz entre todos por sobre todas as cousas de xeito moi pouco crítica. Aquí sitúanse grupos chamados pacifismo conservacionista, pacifistas cidadáns, mobilizacións polo civismo etc.
  • Doutra banda están os grupos que cren na acción non violenta para o realizar cambios radicais (ata revolucións) e para enfrontar os conflitos tomaron os termos activista non violento, pacifista militante etc, para recalcar a necesidade da acción, a realidade dos conflitos sociais e a postura de enfrontamento contra estruturas autoritarias dun xeito radical, levando a cabo acciones que poden incluír o boicot e a sabotaxe pero non a agresión a persoas, menos aínda de xeito mortal. Entre estes sitúanse osantimilitaristas e osanarcopacifistas por exemplo.

Lista de grandes pacifistas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pacifismo&oldid=7249001»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp