Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Países nórdicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países nórdicos
Bandeiras dos cinco países nórdicos

O termopaíses nórdicos aplícase a cinco estados soberanos situados naEuropa setentrional:Finlandia,Noruega,Suecia,Dinamarca eIslandia.

A expresión países nórdicos é equivalente aEscandinavia, na acepción máis ampla deste último termo. O cal, en sentido propio, só corresponde aos estados daPenínsula Escandinava: Noruega e Suecia. Sen prexuízo de que tamén se empregue para sinalar a todos os países nos que se falan linguas orixinarias da devandita península, como son Noruega, Suecia, Dinamarca e Islandia.

Finlandia, aínda que non ten vencellos étnicos nin lingüísticos cos demais países denominados nórdicos, é considerada como un deles por cuestións de índole histórica (formou parte de Suecia durante oito séculos) e cultural.

Todas as bandeiras destes países teñen o mesmo deseño (a chamadaCruz escandinava), variando de cor en cada caso, o que reflicte a unidade histórica e cultural que posúen.

Adóitase usar como símbolo dos países nórdicos a imaxe de cincocisnes voando na mesma dirección, cada un representando unha nación.

Os cinco países nórdicos conforman oConsello Nórdico (Nordiska rådet), organización interparlamentaria de cooperación, a cal inclúe ademais ás rexións autónomas dasIllas Feroe,Groenlandia eÅland. É símbolo do consello, uncisne branco con oito ás sobre un círculo azul que á súa vez se atopa sobre un fondo branco.

Bandeiras

[editar |editar a fonte]

Todos os países nórdicos, incluíndo os territorios autónomos das illasFeroe eÅland, teñen unha bandeira semellante, baseada naDannebrog, a bandeira dinamarquesa. Todas estas bandeiras teñen unhacruz descentrada, coa interacción máis preto do pau que do voo, e reciben o nome de «cruz nórdica».

DinamarcaFeroeFinlandiaIslandiaNoruegaSueciaÅland

Groenlandia e opobo saami adoptaron bandeiras sen a cruz nórdica, pero presentan un círculo descentrado situado no mesmo lugar que a cruz.

GroenlandiaLaponia

Rexións vencelladas aos países nórdicos

[editar |editar a fonte]

Dende a súa independencia daUnión Soviética en1991,Estonia presentouse como un país nórdico, de tal xeito que o actual presidente de Estonia,Toomas Hendrik Ilves, constantemente describe ao seu pais como "un país nórdico"[1]. Os estonianos considéranse un pobo nórdico, e nonbáltico[2][3] O pobo estoniano é étnica e lingüisticamente próximo ao finlandés e ademais comparte fortes vencellos culturais e históricos conSuecia eDinamarca. A maioría dos investimentos e do comercio internacional de Estonia son cos países nórdicos.[4] No eido militar, Estonia é membro doGrupo de combate Nórdico daUnión Europea. Porén, o país é xeralmente considerado un dospaíses bálticos, malia que etnicamente se diferencie destes.

As illasShetland eOrcadas, situadas no norte deEscocia, tamén teñen fortes raíces cos países nórdicos. Estas illas foron colonias norueguesas durante máis de 500 anos ata1472, e ata o día de hoxe manteñen intercambios culturais con Escandinavia. Os deseños das bandeiras das Shetland e Orcadas amosan os seus vencellos cos países nórdicos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 19 de marzo de 2008. 
  2. Publicación do Ministerio de relacións exteriores de EstoniaArquivado 25 de marzo de 2009 enWayback Machine., 2004
  3. Publicación do Ministerio de relacións exteriores de EstoniaArquivado 07 de marzo de 2008 enWayback Machine., 2002
  4. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 16 de decembro de 2007. Consultado o 19 de marzo de 2008. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Países_nórdicos&oldid=6955458»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp