OsPaíses Baixos (enneerlandés:Nederland) é un dos países constituíntes doReino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais deBonaire,Saba eSanto Eustaquio. Localizado no noroeste deEuropa, limita ó norte e ó oeste comar do Norte, ó leste conAlemaña e ó sur conBélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súasprovincias,Holanda Setentrional eHolanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seusdiques, os seustulipáns, os seusmuíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.
Retrato deÁmsterdan durante a idade de ouro neerlandesa.
No reinado deCarlos V, Sacro Emperador Romano e rei deEspaña, a rexión era parte das Dezasete Provincias dos Países Baixos, abranguendo a maior parte do que hoxe éBélxica. A proclamación da independencia (Unión de Utrecht,1579; abdicación da soberanía española,1581), no reinado deFilipe II, seguiu aguerra de independencia. A sinatura, baixoFilipe IV, do Tratado de Münster pon fin á Guerra dos Oitenta Anos. O imperio español recoñeceu a República Holandesa dos Países Baixos Unidos, gobernados pola casa de Orange-Nassau e os Estados Xerais, que anteriormente foran unha provincia do imperio español. Holanda tornouse así a primeira nación europea en asumir unha forma de goberno republicana.
Aínda que o novo Estado exercese autonomía apenas sobre as provincias do norte, aRepública das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos desenvolveuse e tornouse unha das máis importantes potencias navais e económicas doséculo XVII. Neste período, coñecido coma a súaIdade de Ouro, os Países Baixos estenderon as súas redes comerciais por todo o planeta, estabelecendo colonias en lugares tan distantes comaXava e oNordeste brasileiro.
Eclipsada pola ascensiónbritánica durante oséculo XVIII, a rexión foi máis tarde incorporada ó imperiofrancés baixoNapoleón Bonaparte. Mais noCongreso de Viena (1815), constituíuse o Reino dos Países Baixos, incluíndo os actuaisBélxica eLuxemburgo. Aquela conseguiu a súa independencia en1830; este, que seguía regras sucesorias distintas, seguiu o seu propio camiño logo da morte do reiGuillerme III. Xa noséculo XIX, os Países Baixos industrializáronse máis lentamente do que o fixeron os países veciños.
Seguindo, enMaastricht, a sinatura do Tratado daUnión Europea, o país foi un dos seus membros fundadores, e adheriuse óeuro en1999, coas moedas e billetes circulando a partir de2002.
As súaspolíticas liberais chamaron a atención mundial particularmente na área deconsumo de drogas,prostitución eeutanasia.[1] O país descríbese como un estado de consolidación político-social, chegando mesmo a proxectarse como unstatu quo dos países do mundo. Aspolíticas do seugoberno caracterízanse por un esforzo en alcanzar amploconsenso en decisións importantes, dentro da comunidade política e da sociedade na súa totalidade. O Estado ademais caracterízase política e socialmente por reformar institucións como afamilia e permitir con iso a entrada de novas maneiras de convivencia social tales como omatrimonio do mesmo sexo, a prostitución, aclonación, a eutanasia e o utilización de drogas para uso lúdico.
Oxefe de estado é, dende2013, oRei Guillerme Alexandre deOrange-Nassau, quen nomea formalmente os membros do goberno. Na práctica, unha vez coñecidos os resultados das eleccións parlamentarias, fórmase un goberno de coalición (nun proceso que pode demorar varios meses), tras o que o goberno constituído é oficialmente nomeado pola raíña. O xefe do goberno é o primeiro ministro ouMinistro Presidente, que é tamén, xeralmente, o líder do maior partido da coalición.
O parlamento consiste de dúas cámaras. As eleccións para os 150 membros da Cámara Baixa (Tweede Kamer, ou Segunda Cámara) ten lugar de catro en catro anos, ou a intervalos menores en caso de que Cámara Baixa aprobe unha moción de censura contra o goberno. OSenado, menos importante (Eerste Kamer, ou Primeira Cámara), escóllese de catro en catro anos despois das eleccións provinciais polos membros dos parlamentos provinciais elixidos recentemente. En conxunto, as dúas cámaras son coñecidas como osStaten Generaal, ou Estados Xerais. Opoder xudicial é independente e a máis elevada instancia é o Tribunal Supremo, con sede na Haia, que xoga un papel determinante na unificación da doutrina xurídica[2].
A administración provincial é exercido polas Asembleas Provisionais, as cales tamén son elixidas por sufraxio directo.
Os analistas políticos consideran os Países Baixos un clásico exemplo dun estado constitucional. O país é sede doTribunal Internacional de Xustiza.
Os Países Baixos están divididos endoce rexións administrativas, chamadasprovincies (provincias), cada unha baixo o mandato dun gobernador chamadoCommissaris van de Koningin (Comisario da Raíña), excepto na provincia deLimburgo onde o comisario se chamaGouverneur (Gobernador). Tódalas provincias están divididas enmunicipalidades (gemeenten), sendo en total 380 (1 de xaneiro de 2018). O país tamén está subdivido en distritos acuícolas, gobernado por unha Xunta da Auga (waterschap ouhoogheemraadschap), cada unha con autoridade en asuntos relacionados coa auga, habendo 21 a 17 de maio de 2018. A creación destas Xuntas da Auga é incluso anterior á da propia nación, xa que estas aparecen por primeira vez en1196. De feito, as xuntas das augas neerlandesas son unhas das máis antigas entidades democráticas do mundo que aínda existen.
Seis illas doMar do Caribe pertencen ós Países Baixos, na forma das dependencias deAruba e dasAntillas Neerlandesas (Nederlandse Antillen), que agrupan as outras cinco.
Paisaxe típica neerlandesaImaxe de satélite dos Países Baixos o6 de maio de2000.
O nome do país,Nederlanden ("Terras baixas"), débese a que unha parte do norte e oeste do territorio do país atópase por baixo do nivel do mar. Ao sueste do país se estenden os chamadosPaíses Altos superiores, que se elevan un pouco por riba do nivel do mar.
Un complexo sistema de drenaxe de auga, cuxa construción se iniciou na épocamedieval, permitiu incrementar a superficie do país en máis dun 20%. Sen unha drenaxe constante a metade dos Países Baixos sería alagado polo mar e polos numerosos ríos que cruzan o seu territorio, como é o caso doRin que desemboca enRotterdam, o que fixo desta cidade o porto de maior tráfico de Europa. Xunto co Rin hai outros dous ríos máis que dividen ao país en dúas partes, estes son orío Mosa e oWaal. O punto máis alto do país atópase enVaalserberg, na provincia deLimburgo e ten unha altitude de 321 metros sobre o nivel do mar.[5]
Durante ainundación de 1953 causada polomar do Norte, a fenda nun dique causou a morte a 1.835 persoas, forzando a evacuación doutras 70.000, ademais de ser destruídas 4.500 edificacións. Para evitar que unha catástrofe así se repetise, un ambicioso proxecto foi posto en marcha, oPlan Delta (enneerlandés:Deltawerken) que uniu as desembocaduras doRin e oMosa. Todo este proxecto está considerado unha das sete marabillas do mundo moderno segundo a Sociedade Americana de enxeñeiros civís.
Ademais, os Países Baixos son un dos países que máis sofren ocambio climático. Non só son un problema as inundacións producidas polomar, xa que un desbordamento dosríos tamén podería ser moi perigoso.[6][7]
Obioma primixenio nos Países Baixos é obosque amornado de frondosas. SegundoWWF, a práctica totalidade dos Países Baixos pertence áecorrexión denominadabosque mixto atlántico, agás o extremo sueste, que corresponde aobosque de frondosas de Europa occidental. O vento predominante é suroeste e causa unclima oceánico moderado con calorosos veráns e invernos suaves. As seguintes táboas están baseadas en resultados do instituto KNMI enDe Bilt (Utrecht) entre1971 e2000:
Os Países Baixos son unha das maiores e máis desenvolvidaseconomías do mundo. No ano2005 o seuPIB (Produto Interior Bruto) creceu un 1,5%, dando como resultado unha renda per cápita de 30.300 $dólares. O 79% da forza laboral traballa nosector servizos, un 17% traballa naindustria, e tan só o 2% da forza laboral traballa no sector deagricultura. No ano 2005 a taxa dedesemprego situouse no 6,6%, e apobreza alcanzou ao 0,5% da poboación.[8]
A economía destaca polo seu alto grao de competitividade, situándose no oitavo posto da táboa mundial. Ocomercio representa máis do 80% do seu PIB e se sumamos as súasimportacións eexportacións, a pesar de que a súa poboación ten un peso relativo do 0.22% na poboación mundial, o seu comercio equivale ao 4% do total. En2006, o porto deRotterdam era o sétimo colector máis grande en termos deTEU. No norte, preto deSlochteren está situado un dos campos de gas natural máis grandes do mundo.[9] Até agora a explotación deste campo deu un ingreso total de 159 mil millóns deeuros dende mediados dos anos 1970. Cun pouco máis da metade das reservas consumidas e esperando unha subida continuada dos prezos dopetróleo espéranse ingresos durante as próximas décadas.[10]
Ámsterdan é a capital do país e un dos destinos máis visitados polos turistas. Os lugares máis relevantes para visitar enÁmsterdan son oMuseo van Gogh, oRijksmuseum e a casa deAnne Frank. A poboación utiliza abicicleta como medio de transporte preferente.
No resto do país os destinos máis frecuentes sonA Haia, capital administrativa dos Países Bajos,Rotterdam co Europoort, o porto máis grande de Europa e segundo do mundo,Gouda co seu mercado de queixo que se celebra todos os xoves,Alkmaar tamén importante polos seus queixos,Maastricht, cidade máis antiga dos Países Baixos xunto conNimega e as localidades deLisse eHillegom que posúen oKeukenhof, o famoso xardín neerlandés que posúe tipo de flores típicas, coma o tulipán, antigos muíños holandeses, lagos ou fontes. Tamén importantes sonDelft,Haarlem,Utrecht ouGroninga.
Densidade de poboación nos Países Baixos no 2006.Evolución demográfica dos Países Baixos.
No ano2007, os Países Baixos tiñan unha poboación de 16.570.000 habitantes e unPIB de 30.174 €per cápita. Con máis de 450 habitantes por quilómetro cadrado, é un dos países máis densamente poboados do mundo. Hai dúas linguas oficiais, ambas as dúasxermánicas, oneerlandés e ofrisio, aínda que este só se usa na provincia setentrional daFrisia. Ademais están recoñecidas coma linguas minoritarias obaixo saxón e olimbúrxico.
Aesperanza de vida é de 79,1 anos, o 99% da poboación esta alfabetizada e a media de fillos por muller é de 1,66. A maioría dos seus habitantes son descendentes dosfrancos, dosfrisios e dossaxóns.
A maioría da poboación (63% en1999) non se considera parte de igrexa ningunha. A minoría restante divídese principalmente entre ocatolicismo, (18%), máis forte ó sur dos grandes ríos, e oprotestantismo, ó norte (15%). A maior parte destes protestantes pertence á Igrexa Reformada Neerlandesa.
Talvez porque a súa guerra de independencia estivo intimamente relacionada cos conflitos relixiosos desencadeados polaReforma, o país ten unha tradición de tolerancia e liberalidade. Mais recentemente, as políticas nacionais sobredrogas recreativas,prostitución, omatrimonio homosexual e aeutanasia atraen atención internacional;Ámsterdan tende a ser vista como unha cidade onde "se pode facer todo".
O país está densamente poboado, aínda que as cidades sexan modestas no tamaño comparado con outros países europeos ou mundiais. Aínda que non teñen un tamaño moi grande o seu grao de urbanización é moi alto. A capital e a cidade máis grande éÁmsterdan, aínda que o goberno está localizado enA Haia. Mentres que a capital xeralmente está definida como a cidade onde habita a sede do goberno, neste caso ninguén chamaría nunca á Haia como capital. De tódolos xeitos esta cidade é chamada tamén a "capital legal do mundo" ao posuír a Oficina Europea de Policía (Europol).
ORandstad (doneerlandésrand: beira estad: cidade) é o nome que recibe a maior conurbación dos Países Baixos, á súa vez unha das maiores deEuropa.
Hai que distinguir entre a área metropolitana deRandstad, cunha poboación ao redor dos 6,5 millóns de habitantes (40% do total dos Países Baixos), e a Rexión de Randstad, (unha asociación socio-económica) que reúne uns 7,6 millóns de habitantes (case a metade da poboación do país).
Noséculo XVII, durante o período que se coñece como a «Idade de Ouro neerlandesa», a influencia cultural do país tivo a súa cúspide. Entre as figuras neerlandesas máis notorias desa época estabanChristiaan Huygens eBaruch Spinoza. Ademais, había estranxeiros que vivían no país grazas ao seu ambiente de tolerancia, como ofrancésRené Descartes ou oinglésJohn Locke.
Os Países Baixos teñen unha gran tradiciónpictórica. A pinturabarroca holandesa é burguesa, dominando os temas de paisaxe, retratos e vida cotiá, coa figura deRembrandt como o seu mellor expoñente. Nesta "Idade de Ouro neerlandesa" do século XVII tamén destacaronJohannes Vermeer,Frans Hals e anteriormenteHieronymus Bosch. En séculos máis recentes, o país produciu pintores notables comoVincent van Gogh ouPiet Mondrian. Tamén estáMaurits Escher, un coñecido artista gráfico.
A abstracción de Mondrian elaborouse a partir da retícula cubista, á que progresivamente reduciu a trazos horizontais e verticais que encerran planos de cor pura. Polo seu simplificación, a linguaxe doneoplasticismo (véxaseDe Stijl). No período de entreguerras,Theo van Doesburg, despois de ser un dos principais defensores do neoplasticismo, renovou de maneira decisiva a arte abstracta ao manter que a creación artística só debía estar sometida a regras controlables e lóxicas.
UnErwtensoep (sopa de chícharos) en proceso de elaboración, é o prato nacional.
Acociña caracterízase polo consumo en grandes cantidades depan epatacas. É moi popular unhatorrada redonda untada conmanteiga: obeschuit, que se adoita comer comoalmorzo con diferentes sabores ou en diferentes celebracións. Tamén é famoso un dos pratos nacionais, oErwtensoep que basicamente é unhasopa dechícharos.
Son populares osqueixos, entre os que destacan ogouda, oedam e oleyden. Moitas das cidades no leste teñen os seus propios queixos, algúns deles distinguibles só polo sabor e pola súa aparencia exterior.
Pero como en tódolos paíseseuropeos as diferenzas rexionais fanse patentes e cada rexión ten os seus pratos típicos. O norte, protestante, ten outra forma de ver a vida que o sur, católico; e iso vese tamén nas súas influencias gastronómicas.
No país, a maioría da poboación fala alingua neerlandesa, mais tamén están recoñecidas outras linguas edialectos rexionais. As linguas oficiais son o neerlandés, coñecida por tódolos habitantes dos Países Baixos,Flandres eSuriname e alingua frisoa, que é co-oficial na provincia deFrisia, está lingua é falada por 453.000 persoas.[12]
Cómpre destacar que é tradicional no país coñecer outras linguas, o 70% da poboación dá faladoinglés, entre o 55 e o 59% sabealemán e sobre o 19% controla oidioma francés.[14]
Este día é dedicado á memoria dos mortos durante asegunda guerra mundial. O significado deste día ampliouse ás persoas mortas en misións dasNacións Unidas.