Mellóreo engadindo referencias queverifiquen as afirmacións contidas no artigo e engadareferencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unhafonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor,non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado.(Desde novembro de 2017.)
Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, verestado. Verestado, para unha definición segundo odereito internacional.
Mapa dos estados do mundo (ano 2011).
Unpaís (dofrancéspays, procedente dolatínpagus, -i, ‘aldea, distrito’)[1], ouestado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propiogoberno, administración,leis, a maior parte das veces unhaconstitución,policía,forzas armadas, leistributarias, e ungrupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país éGalicia.
Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis bennacións.
Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:
país é unha área xeográfica.
nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.
estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.
terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.