Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Partido dos Socialistas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PSdeG»)
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG)
Partido político deGalicia
Logo do Partido dos Socialistas de Galicia
Dirixentes e organización
LíderXosé Ramón Gómez Besteiro
MocidadesXuventudes Socialistas de Galicia
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia
Galeguismo
Posición políticaCentroesquerda
Representación
Parlamento de Galicia
9 / 75
Deputados por Galicia
(Congreso)
7 / 23
Senadores por Galicia
4 / 19
Deputados provinciais en Galicia
36 / 108
Alcaldías en Galicia
111 / 313
Concelleiros en Galicia
1.010 / 3.705
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Na rede
psdeg-psoe.gal
Youtube: UCy91VPlNNujEv8C8ph9hDJgEditar o valor en Wikidata
Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxasePartido Socialista Obrero Español en Galicia.

OPartido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é unpartido político galeguista e socialdemócrata de ámbitogalego, federación doPartido Socialista Obreiro Español enGalicia.

Conta con 1.010 concelleiros e 111 alcaldías. Ademais ten 9 deputados noParlamento de Galicia, 10 noCongreso dos Deputados e 6 noSenado.

Historia

[editar |editar a fonte]

O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos coPartido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.

Tiña 25.423 militantes no ano2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.

Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia:Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Nas eleccións de 2009 o PSdeG-PSOE tivo un retroceso en votos e, aínda que conservou o mesmo número de escanos, non lles foi abondo aos partidos do goberno para conservalo. O2 de marzo de2009, Emilio Pérez Touriño dimitía como secretario xeral, e un mes despois era substituído porPachi Vázquez, quen dirixiu a formación dende o24 de abril de2009 ata2013. Dende entón, o secretario xeral foiJosé Ramón Gómez Besteiro, ata a súa dimisión en 2016 polo caso dasTorres Garañón, no que estaba imputado. A partir de entón, o partido está presidido por unha Comisión xestora.

O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é asXuventudes Socialistas de Galicia (XSG).

Agrupación Local deRedondela.

Resultados electorais

[editar |editar a fonte]

Parlamento de Galicia

[editar |editar a fonte]

Secretarios xerais

[editar |editar a fonte]
Sede do PGdeG-PSOE enOleiros.

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
AGalifontes posúe textos orixinais acerca de:  Partido dos Socialistas de Galicia

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Partido_dos_Socialistas_de_Galicia&oldid=6831034»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp