Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

PSV Eindhoven

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PSV
NomePhilips Sport VerenigingNV
Alcume(s)Boeren
Rood-witten
Red White Army
Fundación31 de agosto de 1913 (112 anos)
EstadioPhilips Stadion,
Eindhoven,Países Baixos
Inauguración15 de xaneiro de 1911
Capacidade35.000
PresidentePaíses Baixos Peter Swinkels
AdestradorPaíses BaixosPhillip Cocu
LigaEredivisie
Eredivisie 2024-20251.º
Na rede
http://www.psv.nl/
Facebook: PSVTwitter: PSVInstagram: psvYoutube: UC_2ynsXrRrKP8zYrU7Hc06ATikTok: psvEditar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

OPSV Eindhoven, que ten por nome oficialPhilips Sport Vereniging, é un club defútbol da cidade deEindhoven, nosPaíses Baixos.

Foi fundado en1913 e xoga naEredivisie da liga neerlandesa de fútbol. É un dos tres "grandes" do fútbol neerlandés, xunto aoAjax Ámsterdan e oFeyenoord Rotterdam.

Historia

[editar |editar a fonte]

Foi fundado oficialmente o31 de agosto de1913 ao final dunha gran festa de deporte de Philips, esta festa fíxose coa intención de celebrar a independencia holandesa do dominio francés. O PSV Eindhoven desenvolveuse como club profesional de fútbol e ao longo da súa historia contou con xogadores comoRuud Gullit,Ronald Koeman,Mark van Bommel,Mateja Kežman,Romário,André Ooijer,Ronaldo,Phillip Cocu,Eric Gerets,Jaap Stam,Ruud van Nistelrooy,Arjen Robben,Jefferson Farfán ePatrick Kluivert.

Ronald Koeman, figura dos éxitos do PSV Eindhoven nos80'

O grande éxito do club fundouse a través das achegas de xogadores comoWilly van der Kuijlen, os irmánsVan der Kerkhof eJanuary van Beveren, quen gañaron aCopa da UEFA en1978 ao derrotar na final ao Bastia deFrancia. Os éxitos internacionais do PSV volveron no ano1988 cando, adestrado porGuus Hiddink e cun equipo que contaba con xogadores como Ronald Koeman, Eric Gerets, Soren Lerby e Wim Kieft; o PSV gañou aCopa de Europa derrotando na final aoBenfica dePortugal e deixando no camiño aofrancésGirondins de Bordeos e aoReal Madrid. Logo dese triunfo, o PSV Eindhoven xogou aCopa Intercontinental ante oNacional de Montevideo, que a perdeu ante o club charrúa.

Na actualidade demostra o seu poder tanto nas competicións locais que nas internacionais, aínda que naLiga de Campións da UEFA, o club mostrou unha boa cara, chegando ás semifinais en2005, caendo por diferenza de goles ante oAC Milan.

Primeiro equipo do PSV gañador da liga en1929.

Nos últimos anos, PSV Eindhoven demostrou ser o mellor equipo da Liga Holandesa, xa que neste período foi o que gañou máis títulos, incluídas 4 ligas consecutivas. Ademais, marcou un fito dentro do fútbol holandés: é o único club en gañar 4 títulos consecutivos de liga en dúas ocasións.

Uniforme

[editar |editar a fonte]
  • Uniforme titular: Camiseta vermella con franxas verticais brancas, pantalón negro, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta con cadrados azuis e negros, pantalón negro, medias azuis.

Estadio

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Philips Stadion.

O estadio de PSV chámase enneerlandésPhilips Stadion e ten capacidade para 35.000 espectadores. Foi inaugurado o mesmo día de fundación do club (31 de agosto de1913).

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar |editar a fonte]

Torneos internacionais

[editar |editar a fonte]

Torneos amigables

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=PSV_Eindhoven&oldid=7171283»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp