OpH oupotencial de hidróxeno iónico, é un índice que indica aacidez,neutralidade oualcalinidade dun medio calquera. O concepto foi introducido porS. P. L. Sørensen en1909. O "p" ven doalemánpotenz, que significa poder de concentración, e o "H" é para o ión dehidróxeno (H+). Ás veces se fai vir dolatínpondus hydroxenii. O "p" equivale aologaritmo negativo de base 10 daactividade dos ións a que se refire, ou sexa,
en que [H+] representa a actividade de H+ en mol/dm3.
Do mesmo modo pódese definir opOH en relación á concentración de ións OH-. A partir da constante de disociación da auga que ten o valor de 10−14 á temperatura de 298 K (25 °C), pódese determinar a relación entre o pOH e o pH. Así pola definición de Kw tense a relación entre as dúas actividades:
Kw =[H+][OH-]
Ao aplicar logaritmos, obtense a relación entre o pH e o pOH:
Ahortensia (Hydrangea macrophylla) ten flores rosa ou azuis dependendo do pH do solo. En solos ácidos as flores son azuis, mentres que en solos alcalinos son rosa[1]
O pH pode ser determinado:
por adición dunindicador de pH na solución a analizar. A cor do indicador varía segundo o pH da solución.
usando un medidor de pH axuntado a un eléctrodo de pH
Os indicadores máis comúns para medir o pH dunha substancia son a fenolftaleína, o laranxa de metilo e o azul de bromofenol.
O valor de pH dunha solución pode ser estimado se se souber a concentración en ións H+. Preséntanse a continuación varios exemplos:
Solución acuosa de ácido clorhídrico (HCl) 0,1M:
Este é un ácido forte, por iso atópase completamente disociado e atópase suficientemente diluído como para que a concentración deH+ sexa próxima á concentración molar dada. Así [H+]=0,1 M e pH=-log[0,1]=1.
Solución acuosa de hidróxido de sodio (NaOH) 0,1M:
Esta é unha base forte, por iso está completamente disociada e atópase suficientemente diluída como para que a concentración de OH- sexa próxima á da concentración molar dada. Así [OH-]=0,1 M e pOH=-log[0,1]=1. Logo pH=14-1=13
Este é un ácido feble, que non está completamente disociado. Por iso débese determinar primeiro a concentración de H+.
Para ácidos febles débese ter en conta a constante de disociación do ácido:
Ka = [H+][A-] / [HA]
A constante de disociación do ácido fórmico ten o valor de Ka = 1,6 × 10−4. Así, considerando que [A-] é igual ax, [HA] ha de ser a parte que non se disociou, ou sexa 0,1-x. Se desprezamos a ionización da auga, concluímos que a única fonte de H+ é o ácido, así [H+]=[A-]. Substituíndo as variables obtense:
A solución é [H+]=x=3,9×10−3. A través da definición de pH, obténse pH=-log[3,9×10−3]=2,4.