Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

PDF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2016.)
Icona PDF

PDF (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é unformato de ficheiroaberto creado porAdobe para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala noPC, imprimila etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental desteformato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice. O lector máis coñecido é oAdobe Reader. Emprégase cando se quere conservar un documento cunha aparencia determinada e non se pretende que se vaia editar.

Cada ficheiro PDF inclúe unha descrición completa dun documento en2D (e, co novoAcrobat 3D, taméndocumentos 3D, que inclúe o texto,fontes, imaxes egráficos vectoriais en 2D que compoñen o documento.

Este formato creouse en1993. Porén, a aceptación non foi inmediata, xa que a únicaaplicación informática que os podía crear,Adobe Acrobat, era cara e as primeiras versións non podían empregarligazóns externas, o que reducía a súa utilidade naweb. Existían tamén outros formatos, comoPostScript, tamén da Adobe. Esta comezou a distribuír gratuitamente o lector Acrobat Reader (actualmente Adobe Reader) e continuou a apoiar este formato ata que se converteu no standardde facto dos documentos preparados para imprimir.

Tecnoloxía

[editar |editar a fonte]

Adobe conserva moitas patentes relacionadas co PDF, pero permite o seu uso sen cargo para a creación de software que siga a súa especificación. Un exemplo notorio é o paquete deofimáticaOpenOffice.org.

PDF é fundamentalmente a combinación de tres tecnoloxías:

  • Un subconxunto dalinguaxe de programación de páxinaPostScript para xerar a disposición dos elementos e os gráficos.
  • Un sistema de inclusión e substitución de tipografías que permite que as tipografías acompañen os documentos.
  • Un sistema de almacenamento estruturado para xuntar estes elementos e calquera contido asociado nun ficheiro único que tamén se pode comprimir.

Existen varios subconxuntos de PDF, algúns dos cales constitúen un standard ISO:

  • PDF/X para a impresión e as artes gráficas (ISO 15930 e ISO TC130)
  • PDF/A para o arquivo de empresas, gobernos,bibliotecas etc. (ISO 19005 e ISO TC171)
  • PDF/E para o intercambio de gráficos deenxeñaría (ISO TC171)
  • PDF/UA para ficheiros PDF accesíbeis universalmente
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=PDF&oldid=6981459»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp