Nado como Achille Damiano Ambrogio Ratti en (Desio, naquela altura Reino da Lombardía-Venecia), cuarto fillo de Francesco Rati, director dunha fábrica téxtil, e de Teresa Galli. Comezou os seus estudos na escola elemental de Desio, e aos dez anos ingreso no Seminario Menor de Seveso, posteriormente estuda no Seminario deMonza e no Colexio de San Carlos deMilán, onde remata os seus estudos secundarios.
Era un home dotado para o estudo e dunha grande erudición, tanto que os seus estudos deFilosofía chamaron a atención do papaLeón XIII. O ano1882 será o da súa tripla licenciatura. O 13 de marzo na Pontificia Facultade dellaSapienza consegue a titulación en teoloxía; o 9 de xuño, na Universidade Gregoriana, licenciase endereito canónico e o 23 de xuño, sempre no mesmo ano, na Pontificia Academia de San Tomé, a licenciatura en filosofía.
Ao mesmo tampo chama a atención na súa biografía que era un excelente atleta, gran afeccionado ao alpinismo. De feito, foi dos primeiros en escalar oMont Blanc.
Comezou como profesor de oratoria sagrada e teoloxía dogmática no seminario deMilán. Máis tarde entrará a traballar como investigador na prestixiosaBiblioteca Ambrosiana da mesma cidade, onde chegou ó máis alto grao. Chamado por SanPío X a Roma, en1914 convértese en Viceprefecto daBiblioteca Vaticana.
Tras aprimeira guerra mundial, en1918 o PapaBieito XV nomeouno Visitador apostólico enPolonia, cargo que se converteu en Nuncio en1919. Pero era un home de carácter enérxico e escasas dotes diplomáticas, e pola súa actitude sobre os plebiscitos na AltaSilesia e enPrusia Occidental, que provocou o descontento de tódalas partes, o goberno polaco solicita ao Vaticano a súa marcha.
En1921, foi creadocardeal e nomeadoarcebispo deMilán. Volveu á súa cidade de orixe e destacou pola súa capacidade de traballo, a pesar do pouco tempo que exerceu este posto deixou obras como aUniversidade Pontificia do Sacro Cuore, que no seu pensamento, era a continuación case natural da longa e prestixiosa tradición da Biblioteca Ambrosiana.
Este acordo, que poñía fin ó estado de cousas vixente dende1870, fora procurado por ambas partes, e a ambas conviña. ParaMussolini, que buscaba un achegamento óscatólicos, cuxa posición ante oFascismo fora bastante fría. Para aIgrexa, o obte-lo recoñecemento de dereito do seu estado, que aínda que reducido a unha mínima expresión territorial, colocaba a este dentro do concerto das nacións do mundo, con capacidade de establecer relacións diplomáticas.
En Italia, o partido católico do dirixente políticoLuigi Sturzo, chamadoPartido Popular, e opositor ófascismo, disolvérase pouco antes. Pío XI animou óscatólicos italianos nas eleccións de marzo de1929 a que votasen ós fascistas, e catalogou aBenito Mussolini comoun home enviado a nós pola providencia.
A pesar do seu intransixenteanticomunismo, que compartía con quen era un dos seus colaboradores máis próximos, Uxío Pacelli, o futuroPío XII, cara ao final do seu pontificado, en marzo de1937, Pío XI emitiu unhaencíclica coñecida comoCon candente preocupación (enalemán:Mit brennender sorge), en onde se condenaba nunha forma moi tépeda ó réximenazi. A pesar do ton moi vago das afirmacións deste documento,Adolf Hitler ordenou aReinhard Heydrich, xefe daGestapo, que incautase e destruíse as copia do mesmo, e as relacións entre a Alemaña nazi e oVaticano enturbáronse por un tempo.
Días despois, outraencíclica, coñecida comoDivino Redentor (enlatín:Divini Redemptoris), condenaba, en termos esta vez máis explícitos, ócomunismo.
Afirmouse que cara fins de1938 Pío XI preparaba un documento similar no que se aprestaba a denuncia-loantisemitismo do réxime nazi, pero estaencíclica, cuxos borradores foron descubertos non hai moito, nunca foi publicada debido á súa enfermidade e morte.
Pio XI morre o10 de febreiro de1939, cando só faltaban uns poucos meses para que estalase asegunda guerra mundial. Durante o seu pontificado, a Igrexa católica fortaleceuse como institución e comezou a ser un referente importante a nivel mundial non soamente nos aspectos relixiosos senón tamén políticos.
Algúns anos antes, en1931, e coa colaboración dun dos inventores daradio, o nobre italianoMarconi, inauguráronse as transmisións deRadio Vaticano, a través das cales a Igrexa manifestou dende entón as súas opinións a nivel mundial, xa que a emisora moi pronto desenvolveu transmisións en diversos idiomas, cousa que ata o presente continúa facendo.
No ámbito intelectual e científico, dou un gran pulo a institucións como aBiblioteca Vaticana, o Instituto Arqueolóxico ou a Pontificia Academia das Ciencias.
No ámbito diplomático: estendeu as relacións da igrexa con múltiples países. Creou delegacións e nunciaturas e asinou concordatos. Os Secretarios de Estado do seu pontificado foron Gasparri, ata1930 eEugenio Pacelli, que o sucedería despois no Sede de Pedro.