Pío I, chamado logosan Pío, nado quizais enAquileia e morto posiblemente enRoma en154, foibispocristián desa diocese entre os anos142 e154, e por conseguinte primeiro dunha longa lista de papas que recibiron ese nome.
OFragmento de Muratori sinala que Pío I era irmán doHermas que escribiu o tratadoO pastor; polo tanto, se o que nese documento se conta é verídico, Pío I debeu nacer comoescravo. Outras fontes din que quen foi escravo foi seu pai, pero que tanto el como seu irmán xa naceron como homes libres.
APascua, que xa se celebraba en domingo dendeTelesforo, crese que foi colocada por Pío I o domingo despois dalúa chea demarzo. Autorizou o bautismo dos xudeus conversos ao cristianismo
Como todos os papas anteriores aoedicto de Milán, foi consideradosanto. Tamén se ten sinalado que foimártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o11 de xullo.