| Oza | |
|---|---|
| Concello | A Coruña[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°20′48″N8°22′59″O / 43.3467,-8.383116 |
| Poboación | 6.435 hab. (2018) |
| Entidades de poboación | 2[2][1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Oza é unha parroquia que se localiza na parte central leste do concello daCoruña. Segundo o padrón municipal (INE) en2018 tiña 6435 habitantes (3094 homes e 3341 mulleres), 94 máis ca en 2014. ONomenclátor de Galicia inclúe na parroquia once entidades de poboación, se ben moitos núcleos históricos da parroquia (A Gaiteira,Os Castros,O Castrillón, Monelos etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos denomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela.
O núcleo histórico de Oza atopábase na costa da parroquia, arredor daCapela de Santa María de Oza (templo parroquial ata oséculo XIX) e ao pé da praia de Oza[3], máis tarde coñecida comopraia de Lazareto (destruída, e que non se debe confundir coanova praia de Oza construída en1994). Alí desembarcaron as tropasbritánicas durante o ataque deFrancis Drake sobre A Coruña en1589[4].

Por causa diso, no século seguinte foron construídas varias fortalezas dentro dos límites da parroquia, coma ocastelo de San Diego, o forte de Oza e o castelo de Valparaíso, que xunto aocastelo de Santo Antón, ocastelo de Santa Cruz, ocastelo de Santo Amaro e outrasbaterías coma as de Pradeiras e Durmideiras, constituían o sistema defensivo da cidade[5].
Trala promulgación daConstitución española de 1812 e a creación dosconcellos constitucionais, a parroquia de Santa María de Oza formou oconcello de Oza xunto ás parroquias deSan Cristovo das Viñas,San Pedro de Visma eSan Vicenzo de Elviña. O declive do núcleo orixinal de Oza (probablemente condicionado pola construción dunhavía férrea polo seu medio) fixo que as sedes relixiosa e municipal se trasladasen a Monelos, que era o núcleo máis habitado do concello naquela altura[6].

Na etapa municipal, foi inaugurado unlazareto nos terreos costeiros situados arredor da antiga aldea de Oza, entre a punta de Oza (onde se situaba o antigo forte, que foi convertido en parte do lazareto) e a punta Filgueira[7] (logo chamada O Puntal[8][9][10]; nome que antanto tamén chegou a ser usado para se referir á propia punta de Oza[11]), comunicándose ambos os extremos mediante unha ponte sobre a praia[8]. O cemiterio parroquial tivo que ser trasladado por causa da creación do establecemento sanitario. Durante aguerra de Cuba, moitos militares procedentes da illa caribeña foron ingresados nesta instalación[8]. En1910, o lazareto converteuse en Sanatorio Marítimo para o tratamento de nenos afectados detuberculose[4].
O concello sufriu unha situación política inestable que provocou un gran endebedamento municipal e o levou a ter que aceptar a anexión ao concello daCoruña. Dese xeito, en1912, o concello da Coruña anexionou oconcello de Oza e a parroquia de Santa María de Oza converteuse nunha das cinco parroquias da Coruña.
Durante oséculo XX, coas sucesivas ampliacións doPorto da Coruña e a instalación de diversos estaleiros, a configuración da costa viuse transformada, desaparecendo a contorna natural en toda a costa da parroquia, agás nasXubias. En consecuencia, perdéronse calas e praias, destacando o caso da praia das Canas[12] e mais o anteriormente citado da praia de Lazareto, ademais do Castelo de San Diego, que foi derrubado. No seu canto instalouse o porto petroleiro de San Diego (dende que parte o oleoduto que atravesa A Coruña ata aRefinaría) e o porto pesqueiro de Oza, ademais daEstación de San Diego, para o transporte de mercadorías. Alén diso, orío de Monelos, que desembocaba en San Diego e facía de límite entre Oza e A Coruña, foi canalizado e soterrado. Co crecemento da cidade, os núcleos históricos máis próximos á parroquia da Coruña foron urbanizados con bloques de vivendas e ficaron integrados no casco urbano da cidade, como é o caso dosCastros, Monelos, A Gaiteira, A Cubela ouO Castrillón, aínda que certos lugares illados situados nesa área, comoO Corgo ouAgramonte, aínda manteñen parte da súa tipoloxía.
Entre o patrimonio histórico da parroquia atópase o conxunto de edificios na área do sanatorio de Oza: a antigacapela de Santa María de Oza (construída noséculo XII e reformada noséculo XVI), ofaro (construído en1915 sobre o Forte de Oza, que foi levantado a finais doséculo XVI e reformado en varias ocasións[4]), o Pavillón de Colonias do arquitectoPedro Mariño (1926), o Pavillón Cirúrxico Fernández Latorre (1913) e o Hospital Marítimo de Oza (1995).[4][13]
No resto do territorio están aigrexa de Santa María de Oza (1863[14]), o cemiterio parroquial (1895), e os restos doCastelo de Eirís[15]. A antiga casa consistorial desapareceu, mais aínda se conserva en ruínas outra casa que albergou a sede do concello no lugar doCorgo. OCastelo de San Diego, construído entre1630 e1636, foi derrubado na década de 1960 durante a construción doporto petroleiro da Coruña[16].
| Lugares da parroquia deOza no concello daCoruña | |
|---|---|
Non constan noNomenclátor de 2003:Casabranca |Casanova de Eirís |O Castaño de Eirís |As Cernadas |Curramontes |Eirís de Abaixo |Eirís de Arriba |Lamadosa |Monte Mero |Montserrat |As Xubias Lugares desaparecidos:Monte tras da Costa |
| A Galipedia ten unportal sobre:A Coruña |