Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Outro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O fundador da fenomenoloxía,Edmund Husserl, identificou o Outro como unha das bases conceptuais deintersubxectividade, das relacións entre as persoas.

Enfenomenoloxía,Outro ouO Outro é un termo para identificar o outro ser humano, a diferenza dun mesmo como o factor constitutivo daautoimaxe dunha persoa. É un recoñecemento dunser real, diferente e oposto ó Un Mesmo, ó Nós e ó Mesmo.[1][2]. O Outro constitutivo (tamén coñecido comoalteridade) constitúe un concepto chave da filosofía continental. É unha idea oposta áidentidade e refírese, ou se tenta referir, a aquilo que é «outro» fronte á idea de ser considerado algo. O Outro, considerado sempre como algo diferente, alude a outro individuo máis que a un mesmo e normalmente escríbese en maiúsculas.

A idea do Outro

[editar |editar a fonte]

A definición do Outro é parte do que explica a un mesmo, ademais doutros fenómenos e unidades culturais. Asciencias sociais empregaron o concepto para comprender o proceso polo cal as sociedades e grupos exclúen a «outros» que non encaixan na súa sociedade ou ocupan un lugar subordinado nela. A noción de «outredade» forma tamén parte integral da comprensión dunha persoa, xa que é o individuo mesmo o que asume un rol en relación con “outros” como parte dun proceso de reacción que non ten por que estar relacionado coa estigmatización ou a condena.

A noción do Outro está moi ligada ás identidades nacionais, porque as prácticas de admisión e segregación poden formar ou manter as fronteiras e o carácter nacional. O Outro axuda a distinguir entre a familia e o afastado, entre o certo e o incerto. A miúdo implica a demonización e deshumanización dun grupo, que tenta xustificar a explotación desoutro inferior alegando razóns civilizatorias.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. The Oxford Companion to Philosophy (1995) p. 637.
  2. "The Other",The New Fontana Dictionary of Modern Thought, Third Edition, (1999) p. 620.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Outro&oldid=4756266»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp