Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ramón Otero Pedrayo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Otero Pedrayo»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Ramón Otero.

Modelo:BiografíaRamón Otero Pedrayo

Otero Pedrayo na Arxentina en 1947 (1947)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1888Editar o valor en Wikidata
Ourense, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 1976Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ourense, EspañaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte naturalEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de OurenseEditar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral:Ourense
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Relixióncatólica
EducaciónUniversidade CentralEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoMadridEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, xeógrafo, político, catedráticoEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido GaleguistaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela,ensaio,teatro, poesía
ProfesoresAntonio González Garbín,Marcelo Macías,Eduardo Moreno López,Eduardo de Hinojosa y Naveros eAndrés Ovejero BustamanteEditar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioCerro de los Llanos
Santiago de Amaral
Roque de AgraEditar o valor en Wikidata
Linguagalego ecastelán
Obra
Obras destacables
DoutorandoMaría del Rosario Castells VilaEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosefa Bustamante Muñoz[1]Editar o valor en Wikidata
Fillosnon tivoEditar o valor en Wikidata
PaisEnrique Otero SoteloEditar o valor en Wikidata  e Eladia Pedrayo AnsoarEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Diciopedia do século 21, (vol:3, p.1532)
Diccionario de escritores en lingua galega, (p.306-307)Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 161306Galiciana: 36187BNE: XX1022329Bitraga: 653BUSC: otero-pedrayo-ramon-1888-1976Find a Grave: 10920815Arquivo Histórico de Deputados: 83920Editar o valor en Wikidata

Ramón Otero Pedrayo, nado enOurense o5 de marzo de1888 e finado na mesma cidade o10 de abril de1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro daXeración Nós, ingresou nasIrmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía doSeminario de Estudos Galegos edeputado poloPartido Galeguista nasCortes Constituíntes republicanas. Traballou na aprobación doEstatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante aGuerra civil española, foi expedientado. Foi membro daReal Academia Galega e presidiu aEditorial Galaxia. Participou noInstituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

AFundación Otero Pedrayo e aFundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En1988 dedicóuselle oDía das Letras Galegas.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Mocidade

[editar |editar a fonte]
Casa natal. Rúa da Paz, Ourense.

Naceu no número 25 da rúa da Paz (até 1839 chamada a dos Zapateiros), no mesmo edificio en que vivíaVicente Risco, e foi bautizado o 6 de marzo na igrexa de Santa María Nai cos nomes de Ramón Antonio Vicente. Foi membro dunha familia rica, fillo único do médico e deputadoEnrique Otero Sotelo, e mais deEladia Pedrayo Ansoar, filla do prestixioso avogado e político ourensánRamón Pedrayo Silva, quen foi padriño do neno.

En setembro de 1898 ingresou no Centro Provincial de Instrución, hoxe coñecido comaInstituto Otero Pedrayo, inaugurado en 1896 nas inmediacións doxardín do Posío.[2] Estudou o bacharelato na súa cidade natal, onde recibiu clases deMarcelo Macías eEduardo Moreno López entre outros. Grazas aos seus bos resultados académicos, en xuño de 1901 foi elixido canda aFlorentino López Cuevillas para ter unha merenda conEmilia Pardo Bazán.

Trala morte do seu pai, pasou o curso 1904-05 preparando por libre o primeiro curso de Filosofía e Letras e mais o preparatorio de Dereito polaUniversidade de Santiago de Compostela. En maio de 1905 foi por vez primeira aSantiago de Compostela, onde recibiu clases deArmando Cotarelo Valledor, González Salgado e Modesto Fernández Ferreiro. En xuño aprobou os exames e no verán fixo unha viaxe co seu tío polomar do Norte, recalando enSouthampton,Brest eRotterdam. En outubro de1905 marchou aMadrid a estudar Dereito e retomar Filosofía e Letras. Alí frecuentou oAteneo.

Tras rematar as dúas carreiras en 1912, regresou a Ourense, coa idea de preparar oposicións a catedrático. En 1917 publicou dous artigos enLa Centuria: «La confesión del hombre culto» (no n.º 2) e «Cartas espontáneas» (no n.º 3). O 13 de xaneiro de 1918 publicou enLa Región o artigo «Acción regionalista», en apoio á candidatura deLuís Porteiro Garea áseleccións xerais. Xusto unha semana despois interviu nun mitin enBentraces. Nese mesmo ano, 1918, ingresou nasIrmandades da Fala.[3] O 19 de febreiro de1919, logo de tres intentos, aprobou por oposición a cátedra de Xeografía e Historia. Tomou posesión o 23 de marzo dese ano enBurgos, e en xullo permutou a praza por outra enSantander. En outono de 1921 acadou praza en Ourense.

En 1920 foi un dos fundadores da revistaNós, onde publicou o seu primeiro artigo en decembro de 1921, «Irlanda política no século XIX». Nesta época aumenta a súa militancia galeguista, e dá o seu primeiro discurso público en galego na presentación do álbumNós deAlfonso Daniel Rodríguez Castelao enVilagarcía de Arousa.

Membros doSEG en1928. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo,Losada,Cuevillas,Risco,Carballo Calero,Filgueira,García Paz,Pintos,Fraguas eOsorio-Tafall. Sentados:Parga,Moralejo,Carro,Cabeza de León,Arias,Limeses eNovás.

Catedrático en Ourense

[editar |editar a fonte]

O6 de agosto de 1923 casou en San Vicente de Toranzo,Corvera de Toranzo, con María Josefa Bustamante Muñoz (Fita), dez anos máis nova, nada o 27 de setembro de1898, a quen coñecera en Santander.[1] Marchan delúa de mel aParís,Bélxica e as praias domar do Norte,[4] e á volta residen entre Ourense e Trasalba, pasando os veráns enCantabria. Nunca terían fillos.

A súa actividade cultural e política é cada vez maior. En abril de 1921 participou naIII Asemblea Nacionalista deVigo, e en febreiro de 1922 naIV Asemblea Nacionalista deMonforte de Lemos. Aínda que nesa época non tivo cargos de responsabilidade, durante aditadura de Primo de Rivera consagrouse como líder ideolóxico e membro daXeración Nós. En 1924 acadou o premio convocado poloSeminario de Estudos Galegos coa obraPantelas, home libre, publicada porLar en 1924. En xaneiro de 1924 publicou «O feitizo das roínas», o seu primeiro artigo no voceiroA Nosa Terra.

En agosto de 1926 publicou no número 32 da revistaNós un anaco da novela deJames JoyceUlises, a primeiratradución realizada nunha lingua da península Ibérica[5]. Tamén en 1926 publicou aGuía de Galicia, volume publicado porEspasa Calpe.

Ingreso de Otero Pedrayo na RAG,1929. ConLugrís;Pérez Barreiro;Eladio Rodríguez;Estrada Catoyra;Carré eRisco.

Colaborou de forma activa co Seminario de Estudos Galegos e dirixiu a sección de Xeografía desde 1926. En xullo dese ano,Ano Santo Xacobeo, foi canda aVicente Risco,Xavier Pardo, Lois Feixoo e Antón Sánchez desdeOurense atéSantiago de Compostela camiñando. O itinerario, de catro días, deu pé ao texto de LameiroNo camiño de San-Yago. En 1927 percorreu as terras doCarballiño eO Ribeiro. En xullo dese mesmo ano foi con Vicente Risco eXosé Ramón Fernández-Oxea camiñando desde Ourense até oSantuario de Santo André de Teixido, percorrido que deu pé aolibro de viaxesPelerinaxes I, publicado en 1929.

O 9 de decembro de 1929 ingresou naReal Academia Galega co discursoRomanticismo, saudade e sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal, contestado por Vicente Risco.[6][7] Inicialmente ía ler o seu discurso o 30 de novembro,[8] mais sufriu un accidente de tráfico ao envorcar o coche no que ía coa súa muller, a carón daTorre de Hércules.[9] O 10 de xullo de 1930 foi elixido primeiro presidente daAsociación de Escritores Gallegos.

Deputados galegos de 1931.Ramón Suárez Picallo,Daniel Vázquez,Alejandro Rodríguez Cadarso,Castelao,Nóvoa Santos,Antón Villar Ponte,Poza Juncal, Otero Pedrayo eAntón Alonso Ríos.[10]

En 1929 rexeitou unirse áOrganización Republicana Gallega Autónoma creada porSantiago Casares Quiroga. ODía Nacional de Galicia de 1930 deu un mitin noTeatro García Barbón de Vigo, canda aValentín Paz-Andrade e maisCastelao. En setembro dese mesmo ano participou noPacto de Barrantes. O1 de abril de1931, pouco antes da proclamación daSegunda República Española, fundou oPartido Nazonalista Republicán de Ourense. Para aseleccións constituíntes celebradas o28 de xuño de1931, foi elixidodeputado a Cortes polaprovincia de Ourense, acadando máis votos caBasilio Álvarez,José Calvo Sotelo eManuel Martínez-Risco. Nas Cortes defendeu un modelo de estado federalista e confesional, maila cooficialidade de castelán e galego. En outubro de1931 asinou, canda a outros nove galeguistas, o texto «Afirmación Católica d'un grupo de Nacionalistas», que apareceu publicado na revistaLogos.

Na mesa presidencial doAberri Eguna de 1933, enDonostia.

En decembro de 1931, o seu partido unificouse xunto con outras frontesnacionalistas noPartido Galeguista, de cuxo primeiro Consello Executivo pasou a formar parte. En xullo de 1932 visitou aGeneralitat de Cataluña xunto con Castelao, convidados porFrancesc Macià i Llussà, e en abril de 1933 participou noAberri Eguna, organizado poloPartido Nacionalista Vasco. Naseleccións de 1933 perdeu a acta de deputado. Comezou entón a afastarse da primeira liña política, se ben o 25 de xullo de 1934 participou nomitin das arengas. En abril de 1935, na IV Asemblea do Partido Galeguista, enfrontouse ás voces máis vinculadas á esquerda. Defendeu a aprobación doEstatuto de autonomía de Galicia de 1936.

O 3 de maio substitúe na presidencia do Ateneo ourensán a Marcelo Macías. O 19 de maio de 1936 defendeu a súa tese de doutoramento, tituladaLos orígenes de la Galicia moderna e cualificada con sobresaínte polo tribunal, presidido por Cotarelo Valledor. A finais de maio substituíu a Luis Iglesias —nomeado reitor da Universidade compostelá— como presidente do Seminario de Estudos Galegos.

Guerra e posguerra

[editar |editar a fonte]

No verán de1937, durante aguerra civil española, foi deposto da súa cátedra e salvou a vida grazas ás boas relacións que mantiña coa cúpula da igrexa ourensá. Nos anos seguintes viviu na súa casa de Trasalba, retirado da vida política.Xosé Filgueira Valverde animouno a que solicitase a súa reincorporación á vida docente, pero Otero Pedrayo negouse ao entender que xa que non pedira que lle quitasen o traballo, non ía pedir que llo devolvesen.[11] Nesa época escribiu colaboracións na prensa en castelán cospseudónimos de Luís de Alba, Santiago Amaral, Luís Peñaforte, Roque de Agra[12], Juan Gallego,Tristán de Montenegro ou coas iniciais R.O.P. En 1946 comezou a colaborar no xornal compostelánLa Noche coa secciónParladoiro, escrita en galego e asinada co seu nome.

Conferencia enMendoza, o 20 de agosto de 1947.

En xuño de1947, embarcando enLisboa, viaxou áArxentina coa súa dona, convidado polocentro galego da capital, chegando alí o18 de xullo. Levou un exemplar daCarta xeométrica de Galicia deDomingo Fontán. Amais deBuenos Aires, visitaronRosario eMendoza. Á volta a Buenos Aires, tivo ocasión de se reencontrar con Castelao, a quen non vía desde 1936.[13] Xurdiu entón o proxecto para publicarHistoria de Galicia, encargado porManuel Puente.

Entre 1947 e 1949 participou na creación dopadroado Rosalía de Castro, encargado de adquirir aCasa da Matanza (musealizada en 1971). Amais, en 1951 rodouse o filmePeregrinaxe lírica aos lugares rosalianos. En 1949 participara na homenaxe en Ourense aValentín Lamas Carvajal, posiblemente o primeiro discurso que deu en galego despois da guerra.[14]

Regreso a Santiago de Compostela

[editar |editar a fonte]
Despacho na súa casa de Trasalba, coa súa toga pendurada.

En novembro de1948, xa con sesenta anos, foi reposto na docencia noinstituto de Ourense, e en abril de1950 acadou a cátedra de Xeografía na Universidade de Santiago, e marchou vivir á capital galega. O seu maxisterio, ata que se xubilou en 1958, foi de grande importancia para atraer ao galeguismo a un feixe de estudantes que anos despois serían líderes do novo nacionalismo.[15] En xullo dese mesmo ano foi dos fundadores daEditorial Galaxia, sendo presidente do consello de administración.[16] En marzo de 1956 estivo un mes enCaracas, onde o acolleuSilvio Santiago. Dous anos despois editouse o libroHomaxe da Galicia Universal.

Nesta época seguiu a escribir decote, e participou en varios congresos, como o celebrado enBraga en 1950 na memoria deMartiño de Dumio ou no de etnografía e folclore celebrado na mesma cidade en 1956. En 1957 retomou a publicación en galego coa colección de relatosEntre a vendima e a castañeira, e en 1958 publicou o seu primeiro poemario,Bocarribeira.

O 4 de febreiro de 1957 finou a súa nai, coa que mantivo unha relación moi cariñosa e á que ía visitar cada semana. Otero Pedrayo xubilouse o día do seu septuaxésimo aniversario, cunha lección maxistral no paraninfo universitario co título de «Unha visión xeral de Galicia». Tras deixar a docencia, regresou vivir a Ourense e Trasalba.

Casa-museo enTrasalba.

Últimos anos

[editar |editar a fonte]

Logo de xubilarse, seguiu escribindo e participando en actos. En 1959 regresou a Buenos Aires. En 1962 acadou o Premio Galicia daFundación Juan March, dotado con 300 000pesetas. En 1964 foi premiado polaDeputación de Ourense con 150 000 pesetas polo traballo de investigaciónEl padre Feijóo. Su vida, doctrina e influencias. Dado que lle quedara unha pensión dexubilación baixa, en 1973 aFundación Pedro Barrié de la Maza concedeulle unha bolsa de axuda económica.[17]

Desde 1958 fixéronlle diversas homenaxes. En1967 foi nomeado cronista da cidade de Ourense, de xeito que exerceu até1970, aínda que seguiu a ser o cronista oficial até o seu pasamento.[18][19] O 3 de marzo de 1968, dous días antes do seu octoxésimo aniversario, celebrouse naCatedral de Santiago de Compostela unha misa en lingua galega da man do arcebispoFernando Quiroga Palacios. O 4 de agosto de 1973 celebrouse un xantar en Ourense para celebrar as súasvodas de ouro. Pola súa banda, participou na homenaxe celebrada en Madrid en 1958 co gallo do centenario do matrimonio deRosalía de Castro eManuel Murguía, e na homenaxe celebrada en Ourense en 1966 aCelso Emilio Ferreiro pola súa marcha a América.

Logo da morte da súa muller en febreiro de 1975, pasou o último ano de vida feble de saúde, e estivo ingresado no Policlínico da Rosaleda en Santiago de Compostela, ao cargo do doutorAgustín Sixto Seco. Finou na súa casa natal o 10 de abril de 1976.[20] Foi soterrado noCemiterio de San Francisco de Ourense,[21] vestido co hábito daorde de San Francisco e envolto nabandeira de Galicia.

O seu patrimonio foi legado áFundación Penzol, e en 1979 creouse aFundación Otero Pedrayo, que garda a biblioteca así como os documentos e escritos do ilustre galego e continúa o seu labor nacasa museo deTrasalba.

Obra

[editar |editar a fonte]

Considerado o «patriarca das letras galegas», pertenceu áXeración Nós e é un dos máis preclaros escritores galegos. Traballou diversos xéneros: ensaio, novela, poesía, ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago.

Entre as súasnovelas destacanOs camiños da vida, publicada orixinalmente en tres partes,[22] eO mesón dos ermos,[23] descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida éArredor de si que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido «autobiográfico»,Arredor de si complétase cos artigos «Dos nosos tempos», deFlorentino López Cuevillas, e mais conNós, os inadaptados, deVicente Risco; estes dous últimos aparecidos na revistaNós.

 

Pantelas, home libre, 1925, eEscrito na néboa, 1927.

Na súa obra destaca o influxo doantropónimoAdrián. O autor, que nacera o día5 de marzo, día deSanto Hadriano de Cesarea,mártir, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros: Adrián Solovio (Arredor de si eEscrito na néboa), Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva) e Adrián Soutelo (o tío de Paio n'Os camiños da vida).[24]

Obra en galego

[editar |editar a fonte]

Narrativa

[editar |editar a fonte]
  • Pantelas, home libre (relatos breves;Lar, 1925).[25]
  • O purgatorio de don Ramiro (relatos breves, 1926).[26]
  • Escrito na néboa (relatos breves, Lar, 1927).[27]
  • Os camiños da vida (novela en tres libros;Nós, 1928). Inclúe:[22]
  • I.Os señores da terra
  • II.A maorazga
  • III.O estudante
 

Fra Vernero eA romeiría de Xelmírez, ámbolos dous
de 1934.[29][30]

Teatro

[editar |editar a fonte]
 

O mesón dos ermos, 1936, eRomanticismo,
saudade e sentimento da raza…
, 1931.

Ensaio

[editar |editar a fonte]
  • Síntese xeográfica de Galicia (Lar, Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos, 1926).[48]
  • Romanticismo, saudade e sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía Castro e Pondal (Nós, 1931).[6]
  • Por os vieiros da saudade. Lembranzas e crónica de un viaxe a Buenos Aires (Galaxia, 1952).[49]
  • O libro dos amigos (Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).[50]
  • Síntesis histórica do século XVIII na Galiza (Galaxia, 1969).
  • Florentino L. Cuevillas (Galaxia, 1980).[51]
  • A miña amizade con Castelao (Ediciós do Castro, 1986; conferencia ditada en 1971 noMuseo Maside).
  • Sereno e grave gozo. Ensaios sobre a paisaxe (Galaxia, 1999).[52]
  • Lembranzas do meu vivir II. Os tempos da universidade. Madrid, 1904-1912 (2016).
  • Lembranzas do meu vivir I. O meu século XIX. Os tempos do instituto. Ourense, 1898-1904 (2020). Galaxia. 368 páxs.[53]

Obra xornalística

[editar |editar a fonte]
 

O fidalgo, 1982, eEnsaio histórico sobre a cultura
galega
,Biblioteca Básica da Cultura Galega.[42][54]

  • Parladoiro. Obra selecta I (1973).
  • Prosa miúda. Artigos coleccionados (1927-1934) de Ramón Otero Pedrayo (1988).
  • Otero Pedrayo na revista Nós 1920-1936 (1988).
  • Lembranza de D. Ramon Otero Pedrayo 1888-1988. Galiza, dentro e lonxe (1988).
  • Artigos de posguerra: Finisterre e Sonata Gallega (2002).
  • Teoría de Galicia. Obra xornalística completa en Vida Gallega 1926-1963 (2007).

Epistolarios

[editar |editar a fonte]

Poesía

[editar |editar a fonte]

Obras colectivas

[editar |editar a fonte]
 

Paisajes y problemas geográficos de Galicia, 1928,
eEl padre Feijóo, 1972.

  • Ensaio sobor da paisaxe galega, enPaisaxe e cultura (ensaio, 1955, Galaxia).
  • «A revolta de Casdenón», enContos (Galaxia, 1965).[59]
  • Historia de Galiza, como coordinador, (1973,Ediciones Galicia, Buenos Aires).

Zarzuela

[editar |editar a fonte]

Obra en castelán

[editar |editar a fonte]

Narrativa

[editar |editar a fonte]
  • Las palmas del convento (Buenos Aires, Emecé, 1941)[61]
  • La fiesta del Conde Benrstein (1943; editada en 1988)[62][63]
  • Adolescencia (Buenos Aires,Editorial Nova, 1944)
  • La vocación de Adrián Silva (A Coruña, Moret, 1949)

Ensaio

[editar |editar a fonte]
  • Guía de Galicia (1926).[64]
  • Paisajes y problemas geográficos de Galicia (Madrid,CIAP, 1928).
  • Treinta y tres lecciones de Geografía General (1929).[3]
  • Lecciones elementales de Historia Universal (1929).[3]
Ensayo histórico sobre la cultura galega, Nós, 1933.[54]
  • Ensayo histórico sobre la cultura gallega (Madrid, 1933).[54]
  • Lecciones elementales de Historia Universal (1931).
  • Lecciones de geografía e historia (Ourense, 1936).
  • Historia de la cultura gallega (Buenos Aires, Emecé Editores, 1939).
  • Vida del Doctor Don Marcelo Macías y García (Moret, 1943).
  • Guía de Santiago de Compostela (Editorial Compostela, 1943).
  • Motivos sobre el paisaje de Galicia (1948).
  • Juan Manuel Bedoya (1950).
  • Las ciudades gallegas (Buenos Aires,Ediciones Galicia, 1951).
  • El doctor Varela de Montes. Médico humanista compostelano del siglo XIX (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, 1952).
  • Geografía de España. Presencia y potencia del suelo y el pueblo español (1956).
  • Orense (Caixa de Aforros Provincial de Ourense, 1966; con debuxos deXaime Quessada).
  • El padre Feijóo. Su vida, doctrina e influencias (Ourense, IEO, 1972).
  • Galicia: una cultura de Occidente (Editorial Everest, 1975).
  • Ciudades y paisajes de Galicia en la obra de Julio Prieto Nespereira (1977).
  • Gelmírez o el genio afectuoso, creador y humorista del tiempo románico (1991).[65]

Guións

[editar |editar a fonte]

Epistolarios

[editar |editar a fonte]
  • Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. Galaxia. 2007. [67]
  • Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1951-1956. Galaxia. 2007. [68]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Ramón Otero Pedrayo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Casares 2004, p. 260.
  2. "O neno. A familia". Fundación. Consultado o 20/11/2015. 
  3. 3,03,13,2"Figuras homenaxeadas. Otero Pedrayo". RAG. 
  4. Arias, P.;Pazos, M., eds. (2007).Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. p. 23. 
  5. McKevitt, K. A. (2003): "Introdución", enJoyce, J.:Fragmentos de Ulises, 1926. Vigo: Ed. Galaxia. Páx. 7-51.ISBN 978-84-8288-646-0.
  6. 6,06,1Otero Pedrayo, R. (1931).Romantismo, saudade, sentimiento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía Castro e Pondal. Real Academia Galega. 
  7. "Os homes, os feitos, as verbas", enNós nº 73, 15/1/1930, px. 15.
  8. "Junta ordinaria de 30 de noviembre de 1929".Boletín da Real Academia Galega19 (222): 154–155. 
  9. "Discurso de ingreso de Otero Pedrayo".Real Academia Galega. 11 de abril de 2013. 
  10. "Dúas entrevistas...".Factoría Ronsel. 27/3/2014. 
  11. Arias Chachero & Vázquez-Monxardín 2014, p. 116.
  12. Otero Pedrayo, R. (2007).Arias Chachero, P. ePazos Martínez, M., ed.Cartas á nai. 1905-1950. Editorial Galaxia. p. 22.ISBN 9788471541055. 
  13. Arias, P.;Pazos, M., eds. (2007).Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. p. 33. 
  14. Arias Chachero & Vázquez-Monxardín 2014, p. 123.
  15. Beramendi, J. (2003)."XI. De la dictadura a la democracia (1936-2000)".Historia de la ciudad de Santiago de Compostela(encastelán). USC. p. 592.ISBN 84-9750-137-3. 
  16. "A historia de Galaxia"
  17. Arias Chachero & Vázquez-Monxardín 2014, p. 144.
  18. "Ourense recupera a faceta de Otero Pedrayo como cronista oficial da cidade".La Voz de Galicia. 24 de abril de 2018. 
  19. "Ourense permanece sin cronista oficial desde el año 2009, fecha de la muerte de López Morais".Faro de Vigo(encastelán). 2/5/2018. 
  20. VV.AA. (11/4/1976)."Morreu Ramón Otero Pedrayo"(PDF).La Voz de Galicia: 10–16. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 29-01-2018. Consultado o 28-01-2018. 
  21. Find a Grave(eninglés).
  22. 22,022,1IOs señores da terra;IIA maorazga eIIIO estudante
  23. 23,023,1O mesón dos ermos na BDH.
  24. Arias, P.;Pazos, M., eds. (2007).Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. p. 16. 
  25. Premio da Festa da Lingua Galega 1924, convocado poloSEG.Os libros de Ánxel Casal
  26. Publicado na revistaGalaxia (La Región, 21/7/1926, p. 1;El Pueblo Gallego, 22/7/1926, p. 2).
  27. Iglesias, X.:"Escrito na néboa"OLdÁC.
  28. Iglesias, X.:"Pelerinaxes I"Os libros de Ánxel Casal.
  29. 29,029,1Homenaxe aZacharias Werner.Iglesias, X.:"Fra Vernero"Os libros de Ánxel Casal.
  30. 30,030,1A romeiría de Xelmírez na Biblioteca Digital Hispánica eA romaría de Xelmírez naBVG.
  31. Incluído, co n.º 20, naBiblioteca Galega 120.
  32. "The World Around Us".Biblioteca da Tradución Galega. Arquivado dendeo orixinal o 12/3/2018. Consultado o 8/7/2019. 
  33. "Circling".Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 8/7/2019. 
  34. Despois incluído enO fidalgo e outras narracións,BBdCG, 1982 (eO fidalgo e outros relatos).
  35. Iglesias, X.:"Contos do camiño e da rúa"OLdÁC.
  36. Sobre a edición orixinal enOs libros de Ánxel Casal eedición de 1992 en Galaxia enGoogle Books.
  37. Entre a vendima e a castañeira na BDH.
  38. O señorito da Reboraina na Biblioteca Digital Hispánica.
  39. "El señorito de la Reboraina".Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 20/6/2019. 
  40. O espello na serán en Google Books.
  41. O Maroutallo imaxe da portada.
  42. 42,042,1O fidalgo e outras narracións enWorldCat. Despois retitulado:O fidalgo e outros relatos[1]
  43. Despois incluído naBiblioteca de Autores Galegos co n.º 10 e naBiblioteca 114 co n.º 4.
  44. 44,044,1A lagarada. O desengano do prioiro na BDH.
  45. Teatro de máscaras na Biblioteca Digital Hispánica.
  46. O fidalgo e a noite na Biblioteca Virtual Galega.
  47. Rosalía na BDH eRosalía en Google Books.
  48. Iglesias, X.:Síntese xeográfica de Galicia OLdÁC.
  49. Ficha na Biblioteca Virtual Galega
  50. Reeditado en 1997 por Galaxia na colecciónLiteraria.
  51. Florentino L. Cuevillas en Google Books.
  52. Sereno e grave gozo na BDH. Antes incluído enPaisaxe e cultura (1955).
  53. López Silva, Xosé Antonio (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Un fundamental Otero Pedrayo".Grial. Revista galega de culturaLIX (229): 86–87.ISSN 0017-4181. 
  54. 54,054,154,2Editado en 1933 en castelán por Nós;[2] en 1939 en Buenos Aires por Emecé Editores co títuloHistoria de la cultura gallega, e en 1982 (xa en galego) por Galaxia naBiblioteca Básica da Cultura Galega. En 2004 foi incluído naBiblioteca Gallega de Autores en Castellano deLa Voz de Galicia.
  55. ISBN 978-84-95632-35-7.
  56. ISBN 978-84-942893-1-6. Edición deXosé M. Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro:Correspondencia entre M. María e Otero Pedrayo
  57. "Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo".publicacions.academia.gal. Consultado o 29/4/2021. 
  58. "Ao abeiro da amizade".editorialgalaxia.gal. 
  59. Amais inclúe: "Todos cantos sabían algo da historia da vila" deCastelao; "Conto de Reis" deDieste; "A arrasadeira" deBlanco Amor; "Os lobos" deFole e "O reló de area" deCunqueiro.
  60. "Miñatos de vran".Editorial Galaxia. Consultado o2023-01-26. 
  61. "La novela del ultimo Trovador. Biografía novelada deRodríguez del Padrón" (Colección Hórreo).
  62. "Las palmas del convento; La fiesta del conde Bernstein. Novelas de Otero Pedrayo".Fundación Barrié. 
  63. Vélez Latorre, J. M. (2018). "Alemaña en Otero Pedrayo. Para unha interpretración de "La fiesta del Conde Bernstein" (1943)".A Trabe de Ouro (109). pp. 71–81.ISSN 1130-2674. 
  64. Otero Pedrayo (1954) [1926].Guía de Galicia. Galaxia. 
  65. Escrito en 1951 para un concurso da editorial Aedos de Barcelona. Publicado en castelán en 1991 pola Xunta de Galicia. Versión en galego da Editorial Galaxia:Xelmírez ou o xenio afectuoso, creador e humorista do tempo románico BDH.
  66. Escrito en 1952 por encarga deSuevia Films.Camino de Santiago. Guión para una película Galaxia.
  67. Arias, P. ePazos, M. (eds.).ISBN 978-84-7154-105-5.Cartas á nai 1905-1950 en Google Books.
  68. Arias, P. ePazos, M. (eds.).ISBN 978-84-7154-106-2 /Salgado, Daniel (26/7/2007)."La intrahistoria de Otero Pedrayo".El País(encastelán). 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Ramón Otero PedrayoModificar a ligazón no Wikidata
AGalicitas posúe citas sobre:  Ramón Otero Pedrayo

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Multimedia externa
Gravacións de son
Discurso de Otero Pedrayo en 1972
Achegando a Literatura GalegaR. Reimunde
Vídeos
Ramón Villares sobre Otero Pedrayo
Predecesor:
Vicente Risco
 Cronista de Ourense 
1967 -1970/1976
Sucesor:
Alfredo Cid Rumbao
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_Otero_Pedrayo&oldid=6980288»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp