Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Osteocito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sección transversal de óso. Os puntos vermellos son osteocitos.

Ososteocitos son células dotecido óseo orixinadas a partir da diferenciación dososteoblastos, que á súa vez derivan das células osteoproxenitoras. Todos estes tipos celulares, xunto cososteoclastos (de distinta orixe), constitúen os elementos celulares dotecido óseo.

Localización

[editar |editar a fonte]

Poden atoparse situados en cavidades da matriz ósea, denominadaslagoas osteocitarias ou osteoplastos. A diferenza dos osteoblastos, os osteocitos están conectados uns con outros e co resto das células óseas, por medio de longas prolongacións citoplasmáticas delgadas eunións comunicantes denominadas uniónsgap, formando unsincitio. Os canalículos da matriz polos que discorren as prolongacións citoplasmáticas denomínanse calcóforos. Tanto nas lagoas coma nos calcóforos hai líquido entre a matriz e as células (líquido intersticial).

O sistema de conexión que posúen é o axeitado para poder levar a cabo un intercambio de metabolitos (ións) entre elas, xa que non poden moverse na matriz.

Características

[editar |editar a fonte]

Estas células non se poden dividir, polo que só se pode ver en cada lagoa un só osteocito. O citoplasma é lixeiramente alongado e basófilo, cunha enorme cantidade de prolongacións citoplásmicas; teñen pouco desenvolvido oretículo endoplasmático rugoso e oaparato de Golgi; ademais hai pequenas pingas de lípidos e pequenas cantidades deglicóxeno[1]. Teñen a capacidade de segregar oureabsorber a matriz ósea que os circunda, de feito podería dicirse que estas células son osteoblastos que quedaron atrapados na súa propia substancia de secreción. Malia a distancia que hai entre os osteocitos, e da cantidade de matriz que os separa, estes permanecen en contacto a través de pequenas canles que hai ao longo do óso. A comunicación dos osteocitos é importante para controlar a cantidade de óso que se forma e deteriora.

Canto un osteocito se libera da súa lagoa ósea debido a unha reabsorción do óso ou unha fractura, pode reiniciar unha actividade biosintética moi activa e converterse en osteoblasto.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. D.W. Fawcett. Tratado de Histología. Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición (1987). Páxinas 210-212.ISBN 84-7605-361-4

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • BUHistology - 02003loa[1]
  • "Cartilage and Bone and Bone Histogenesis: cells of[2]
  • "Cartilage and Bone and Bone Histogenesis: compact bone"* =DHistology at ou.edu
Células humanas derivadas domesoderma
Paraxial
Intermedio
Placa lateral/
hemanxioblasto
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Osteocito&oldid=5426395»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp