Osetia do Sur,[1] ás veces tamén escrita comoOssetia do Sur,[2] (oseto: Республикæ Хуссар Ирыстон,Respublikae Xussar Iryston;ruso: Республика Южная Осетия,Respublika Yuzhnaya Osetiya;xeorxiano: სამხრეთი ოსეთი,Samkhreti Oseti o máis xustoცხინვალის მხარე tskhinvalis mkhare) é unharepública independentede facto dentro deXeorxia. Malia que declarou a súa independencia tras un referendo o 12 de decembro de 2006 (co 99% de votos a prol da independencia), a súa separación de Xeorxia non foi recoñecida polo outro país. Xeorxia négase a recoñecer a Osetia do sur como unha entidade distinta; o goberno chámaa polo antigo nome deSamachlabo ou, máis recentemente, a rexión deTskhinvali (pola capital da república). Osetia do Sur foi parte da rexión xeorxiá deShida Kartli.
Tras meses de tensións[3], o goberno de Xeorxia, desexoso de rematar co separatismo nas repúblicas independentes de facto de Osetia do Sur eAbkhazia para facilitar a súa entrada naOTAN, ordenou na noite do7 de agosto ó 18 unha ofensiva en territorio oseto.
Xeorxia atacouTskhinvali e varias localidades circundantes con sistemas múltiples de lanzamento de foguetesBM-21 "Grad", tanques e avións de combate. Osetia do Sur denunciou unha limpeza étnica mentres que os xeorxianos non deixaron actuar as ambulancias. Un convoi con axuda humanitaria foi bombardeado[4]. Xeorxia mobilizou ós seus reservistas[5]. Pola súa banda, o líder abkhazio Sergei Bagapsh dixo que voluntarios procedentes de Abkhazia ían de camiño para axudar ós osetos do sur, mentres que algunhas unidades da armada avanzaron cara a zona limítrofe con Xeorxia[6]. Na ofensiva calcúlanse os mortos por miles: fontes osetas cifran en 1.600 os civís asasinados (Xeorxia baixa o número a 100)[7], mentres que 15 membros das forzas de paz rusas foron asasinados e 70 foron feridos[8].
O8 de agostoRusia enviou tropas a Osetia do Sur. Xeorxia afirma que as súas bases militares foron atacadas por avións militares rusos, mentres que o presidente Mikhail Saakashvili dicía que as súas tropas mantiñan o control da capital, Tskhinvali. Pola súa banda os osetos afirmaban ter o control da cidade[9].
O9 de agosto prodúcese unha escalada nos combates, e o Parlamento xeorxiano declara o estado de guerra.