Nolegendarium deJ. R. R. Tolkien,os Magos Azuis (ou Ithryn Luin) son dous personaxes misteriosos daTerra Media. N'O Señor dos Aneis son só citados candoSaruman di que hai cincoIstari[1]. Porén, outros manuscritos de Tolkien menciónanos máis. Nunha pasaxe deUnfinished Tales of Númenor and Middle-earth, Tolkien escribe que dous Magos foron enviados para o Leste. Os seus nomes enValinor eran Alatar[2] e Pallando[3].
Todos os Magos Azuis eran Maiar pertencentes á da Orde dos Istari. Aparentemente eran ambos servidores deOromë, mais enUnfinished Tales afírmase que Pallando se sumou ás hostes de Oromë posteriormente, e que antes desa versión final tería algunha relación conMandos eNienna. Alatar sempre estivo xunto a Oromë, que o elixiu como un dos Maiar que serían enviados áTerra Media. Tolkien tamén di nunha das súas cartas que, por ser un grande amigo de Pallando, Alatar era servo de Mandos (Námo), e outros afirman mesmo que Alatar foi á Terra Media por insistencia de Mandos e non de Oromë.
Nunha carta,Tolkien di que os magos foron para o Leste, e que probabelmente fracasaron na súa misión, talvez comezando cultos máxicos. Noutro texto publicado (The Peoples of Middle-earth), danse nomes alternativos: Morinehtar e Rómestámo. Non fica claro se eses nomes pretendían substituír Alatar e Pallando, ou se eran os seus segundos nomes. O autor afirma que non chegaron naTerceira Idade, senón naSegunda, ao redor do ano 1600, aproximadamente no momento da forxa doAnel Único. A pesar diso, a súa misión aínda é no Leste, para enfraquecer as hostes de Sauron, e foi isto no que fallaron; talvez tivesen un papel principal nas vitorias no Oeste nos finais da Segunda e Terceira Idade. Ao mesmo tempo, Tolkien considerou a posibilidade de queGlorfindel volvese á Terra Media xunto cos Magos Azuis.
Como a maioría dos nomes cos que traballou Tolkien, os nomes dos Magos Azuis[4] son relevantes. O nome Rómestámo significa axudante do Leste, procedente doQuenya,romen, que significa "motín", "nacer do sol", "leste". Rómestámo incorpora non só a relación co Leste da Terra Media, tamén súa misión alí: provocar motíns e rebelións contraSauron. Do mesmo modo, Pallando pode derivar do Quenya,palan, que significa "lonxe" e "ancho".