Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Oryx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oryx
Órix / Órices

Oryx gazella
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Orde:Artiodactyla
Suborde:Ruminantia
Infraorde:Pecora
Familia:Bovidae
Subfamilia:Hippotraginae
Tribo:Hippotragini
Xénero:Oryx
Blainville, 1816
Especies
Véxase o texto

Oryx é unxénero demamíferosartiodáctilosruminantes dafamilia dosbóvidos,subfamilia doshipotraguinos etribo doshipotraguininos.

O xénero comprende catroespecies de grandesantílopes con aspecto de cabalo con cornos, adaptados a viviren en zonas semidesérticas ou mesamo desérticas, e que son coñecidos vulgarmente comoórix ouórices.

Características

[editar |editar a fonte]

Os principais caracteres distintivos dos órix son:[1][2]

  • Son grandes antílopes con cornos ben desenvolvidos (de até 1 m de lonxitude ou máis), presentes en ambos os sexos, anelados, case rectos ou lixeiramente curvados cara a atrás.
  • Orellas estreitas, relativamente pequenas.
  • O seu aspecto recorda a un cabalo, pois teñen un pescozo ancho cuberto de crina, a cabeza de perfil recto e formas arredonadas, con longas patas.
  • Belfos vilosos.
  • Cola longa, acabada nunha borla.

Bioloxía

[editar |editar a fonte]
Oryx beisa.
Oryx dammah.
Oryx leucoryx.

Son resistentes ás temperaturas extremas, á sede, e ademais poden manter un galope sostido durante moitos quilómetros. Como particularidade, poden aumentar a temperatura do seu corpo para poder irradiar a calor ao ambiente en lugar de absorbelo, grazas a un sofisticado sistema de irrigación sanguínea que tamén permite que o sangue máis frío sexa o que regue o cerebro tras pasar previamente polas narinas do animal, onde se refresca.
Machos e femias de todas as especies presentan unha desenvolvida cornamenta, e o seu carácter e temperamento pódese comparar ao duntouro bravo, de forma que a súacaza é perigosa para calqueradepredador.
Nas loitas intraespecíficas, ambos os contendentes trucan cos cornos en paralelo, de forma que se produce un forcexo entre eles sen que se chegue a ferir ao rival, mentres que á hora de defenderse de depredadores, trucan apuntando coa súa cornamenta de forma que poden ensartar ao seu inimigo.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

O xénero foi creado en1816 polonaturalistafrancésHenri Marie Ducrotay de Blainville na súa obraProdrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal (Comezo dunha nova distribución do reino animal), publicada noBull. Sci. Soc. Philom. Paris,1816: 75.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Blainville tirou o nomeOryx dogrego antigo όρυχóryx, que significa "antílope", "gacela".

Especies e subespecies

[editar |editar a fonte]

A clasificación do xéneroOryx é discutida. Para algúns autores comprendería unha única especie,O. gazella,[2] para outros serían tres,O. gazella,O. beisa eO. dsammah,[1] e para a maioría as catro aquí indicadas.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Dorst, J.et al. (1973), p. 201-206.
  2. 2,02,1Haltenorth, T.et al. (1986), pp. 67-68.
  3. Oryx en Wilson & Reeder (2005).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  OryxModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Oryx

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973):Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986):A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd.ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981):Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones.ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005):Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA.ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Oryx&oldid=6276901»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp