Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ortografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As dúbidas ortográficas poden resolverse co uso dundicionario.

Ortografía (dogregoορθο, 'correcto' eγραφος, 'escrita') é a forma correcta de escribir aspalabras.[1]

Características

[editar |editar a fonte]

A ortografía é a parte dagramática normativa que ensina a escribir correctamente as palabras dunhalingua definindo, especialmente, o conxunto de símbolos (letras esinais diacríticos), a forma como deben ser usados, apuntuación, o uso de maiúsculas, etc. Unha mesma lingua pode ter varias ortografías, algunhas con pequenas diferenzas coma oinglés deEstados Unidos e o dasillas Británicas, outras máis diversas, caso donoruegués (as máis comúns son a bokmål e a nynorsk). Nalgúns casos até se utilizan diferentessistemas de escrita para variedades moi próximas (croata eserbio;urdú ehindi).

A ortografía, en moitas linguas reguladas oficialmente, non é máis ca unha tentativa de transcribir os sons dunha determinada lingua en símbolos escritos. Esta transcrición é sempre por aproximación e raramente é perfecta e exenta de incoherencias.

Un dos sistemas ortográficos máis complexos é o dalingua xaponesa que usa unha combinación de varias centenas de caracteres ideográficoskanji, de orixe chinesa, dous silabarios,katakana ehiragana, e tamén o alfabeto latino, nomeadoromaji. Todas as palabras enxaponés poden ser escritas en katakana, hiragana ou romaji.

Ortografía fonética e ortografía etimolóxica

[editar |editar a fonte]

Analizando as linguas europeas poden identificarse dúas tendencias ortográficas diferentes:

  • Ortografía fonética, en que a cada son corresponde unha letra ou grupo de letras únicos e a cada letra ou grupo de letras un son único.
  • Ortografía etimolóxica, en que a un mesmo son poden corresponder diversas letras e a cada letra ou grupo de letras diversos sons, dependendo da historia, da gramática e dos usos tradicionais.

Salvo o caso doAlfabeto Fonético Internacional, que consegue facer a transcrición a caracteres alfabéticos de todos os sons, non hai sistemas ortográficos pura e exclusivamente fonéticos. Porén, podemos dicir que son eminentemente fonéticas as ortografías das linguasbúlgara,finesa,italiana,rusa,turca,alemá e, até certo punto, a dalingua española. No caso particular do español, podemos admitir que se trata dunha ortografía fonética en relación ao español estándar falado enEspaña, pero non tanto en relación aos falares americanos, especialmente aos daArxentina e deCuba, nos cales se verifica menos aínda a correspondencia entre son e letra ou grupo de letras (polo seseo, a relaxación da pronuncia de certas consoantes intervocálicas, as aspiradas, a influencia do inglés etc.).

Ortografía do galego

[editar |editar a fonte]

Cando se comezou a escribir o galego, na Gallaecia só había tradición da escrita en latín, polo que foi a súa ortografía a que se empregou para escribilo, pero había algúns sons no galego que non tiñan representación no latín polo que unha serie de variantes apareceron para representar estes sons:

  • mn ou~ para representar a nasalidade:bom,bon ou.
  • ll, li, ly, lh para o fonema palatal lateral ʎ:fillo,filio,filho entre outras moitas.
  • nn, ni, ny, nh, ñ para o fonema palatal nasal ɲ:lenna,lenha,leña,legna...

Estes usos non impedían que noutros casos se usase algún destes signos para outro son, principalmente por criterios etimolóxicos, así no mesmo texto podíase escribirallo ecavallo (cabalo). Pero o galego non chegou áIdade Moderna como lingua escrita, período no que outras linguas do contorno comezaron a adoptar unhas determinadas normas ortográficas. Cando se comezou a escribir galego de novo durante oRexurdimento volveron as vacilacións, mais esta vez non respecto ao latín senón á ortografía española da época: así houbo un forte debate sobre a representación do fonema palatal ʃ existindo unha liña etimoloxista (baixo, igreja, gente, geologia) e outra foneticista, que se impuxo por practicidade, diferencialismo do español e fundamentalmente porque non se sabía ben cal era a forma correcta de moitas palabras.

Ao longo do século XX este debate seguiu até que aXunta de Galicia estabeleceu unha ortografía oficial coa declaración dasNOMIG como normativa oficial. Aínda así, había algunhas variantes que diverxían das escollas das NOMIG, especialmente entreASPG ou oBNG, polo que en 2003 se adoptou unha modificación das NOMIG para integralas, no que se deu en chamar anormativa de concordia. Porén ademais da ortografía oficial existe, aínda que de xeito minoritario, a ortografíareintegracionista propugnada polaAGAL e os partidarios do acordo ortográfico luso-brasileiro de 1945. En xaneiro de 2011, o xornal reintegracionistaNovas de Galicia pasou a aplicar oAcordo Ortográfico de 1990[2].

Outras ortografías

[editar |editar a fonte]

Aortografía actual do portugués é, tamén, bastante máis fonética ca etimolóxica. Porén, antes dareforma ortográfica de 1911 enPortugal, a escrita oficialmente usada era marcadamente etimolóxica. Escribíase, por exemplo,pharmacia,lyrio,orthographia,phleugma,diccionario,caravella,estylo eprompto en vez dos actuaisfarmácia,lírio,ortografia,fleuma,dicionário,caravela,estilo epronto. A ortografía tradicional etimolóxica perdurou noBrasil até a década de 1930.

Un exemplo típico de ortografía etimolóxica é a escrita doinglés. En inglés un grupo de letras (por exemplo:ough) pode ter máis de catro sons diferentes, dependendo da palabra onde estea inserido. É tamén a etimoloxía que rexe a escrita da gran maioría das palabras nofrancés, onde un mesmo son pode ter até nove formas de escrita diferentes, caso das palabras homófonasau,aux,haut,hauts,os,aulx,oh,eau,eaux.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Ortografía".Portal das Palabras. Arquivado dendeo orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 3 de xaneiro do 2016. 
  2. "Jornal galego aplica novo acordo ortográfico".Diário Digital. 10 de febreiro de 2011. Consultado o 12 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ortografía&oldid=7018829»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp