Aoroxénese[1] (dogrego ὄροςóros "montaña" e γένεσιςguénesis "orixe", "formación") ouoroxenia[2] é a formación ou rexuvenecemento demontañas ecordilleiras (oróxenos) causada pola deformación compresiva de rexións máis ou menos extensas dalitosfera continental. Prodúcese un engrosamento dacodia e os materiais sofren diversas deformaciónstectónicas de carácter compresivo, incluíndopregamentos,fallas e tamén ocorremento de mantos. As distintas oroxenias prodúcense en determinadas rexións do mundo durante determinados períodos do tempo xeolóxico, como por exemplo as oroxeniascaledoniana,hercínica oualpina. Os procesossinoroxénicos son aqueles que se producen durante unha oroxenia, mentres que os preoroxénicos se producen antes e os postoroxénicos despois.[3]
Formación dunarco de illas pola subdución baixo a litosfera oceánica.Formación dunha cordilleira marxinal pola subdución baixo o bordo continental.
O problema da interpretación da oroxénese foi o problema teórico maior daxeoloxía desde a orixe desta ciencia. Trátase de explicar por que, a pesar da continuidade dos procesos deerosión, non deixa de haber naTerra relevos elevados e abruptos. O desenvolvemento e aceptación dateoría datectónica de placas a partir da década de1960 ofreceu un novo marco teórico para a comprensión deste enigma. Até entón as diversas teorías podían encadrarse na súa maioría dentro dun conxunto coñecido comoteorías do xeosinclinal/oróxeno. Esta denominación alude ao recoñecemento, non desmentido, de que as grandes cordilleiras se levantan sobre todo conmateriais sedimentarios acumulados en grandes concas marxinais aoscontinentes, ás que se denominaxeosinclinais. Obsérvase precisamente no carácter sedimentario, pero deformado, das formacións rochosas dos máis altos cumios montañosos. O que faltaba nestas teorías tectónicas era unha explicación satisfactoria da orixe das inmensas forzas de compresión necesarias para converter un xeosinclinal nun oróxeno.
A teoría da tectónica de placas explica o levantamento como un efecto derivado da converxencia deplacas litosféricas. A converxencia arrinca cando alitosfera oceánica rompe, xeralmente xunto á marxe continental, no lado externo dun xeosinclinal. Consiste durante moito tempo nasubdución desa litosfera oceánica baixo a marxe continental, para terminar frecuentemente cunha fase na que a converxencia termina dando lugar á colisión de dous fragmentos continentais. Mentres se trata de subdución, a oroxénese produce cordilleiras ricas en fenómenosvolcánicos; é o caso dacordilleira dos Andes. Cando se alcanza, se é que ocorre, a fase de colisión, os oróxenos que se forman son moi extensos e abruptos, con escasa actividade volcánica; este tipo vén exemplificado poloHimalaia ou osAlpes.
Continúa habendo debate en torno ao peso relativo de cada proceso natural involucrado na oroxénese (forzas tectónicas, deformación da litosfera, erosión e transporte de sedimentos, clima, magmatismo etc.) e en determinar a estrutura actual dos orógenos. Desde finais dos anos 1990, por exemplo, desenvolveuse a idea de que o crecemento do oróxeno e a súa deformación interna é sensíbel á distribución superficial daerosión, controlada polo clima, pero non existe aínda consenso sobre a relevancia deste efecto.