| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade foral | Navarra | |||
| Capital | Oroz-Betelu(en) | |||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 143(2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 23,46 km² | |||
| Altitude | 599 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcaldesa | Miren Ainhoa Mendia Orradre(en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 31439 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 31199 | |||
Orotz-Betelu (encastelán e tamén oficial:Oroz-Betelu) é un concello deNavarra, situado nomeiriñado de Sangüesa, na comarca de Auñamendi e a 45 km da capital da comunidade,Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 165 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e a súa densidade de poboación é de 7,03 hab./km².
Oescudo de armas do lugar de Orotz-Betelu ten o seguinte brasón:
Trae de goles e dúas palmas de ouro cruzadas en sotuer.
As palmas simbolizan a fidelidade no cumprimento do deber e proceden da parroquia de San Adrián onde figuraba gravado no seu retablo. Foi adoptado no ano 1845 ó separarseval de Arce e até esa data empregou o escudo dese val.[1]
A localidade de Orotz-Betelu está situada na parte norte deNavarra, dentro da rexión xeográfica daMontaña de Navarra, a comarca xeográfica deAuñamendi; e a unha altitude de 599 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e limita polo norte co concello deGarralda, polo leste co deGaraioa; e polo sur e oeste co deArce.[2]
A localidade atópase entre montañas, destacando a carballeira existente xa que é unha das fragas de maior interese enEuropa e o máis importante de toda aPenínsula Ibérica na súa especie. A árbore que predomina é ocarballo, aínda que se trata dun bosque mixto no que se pode atopar tamén outras especies comofaias,bidueiros,castañeiros,cereixeiros silvestres e un abondoso baixobosque debuxo común.[3]