Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Orodruin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orodruin, tamén coñecido comoMonte do Destino, é unvolcán ficticio dolegendarium deJ. R. R. Tolkien. Situado no corazón da terras negras deMordor, é o lugar onde oAnel Único foi forxado polo Señor EscuroSauron, e constitúe o punto final da misión emprendida porFrodo Bulseiro para destruír o Anel, recollida n'O Señor dos Aneis.

Orodruin significa "montaña ardente" enSindarin. O equivalente Sindarin do nomeMonte do Destino éAmon Amarth, literalmente "montaña do destino".

Cando naSegunda Idade Sauron comezou a súa procura dun lugar naTerra Media que lle servise de morada permanente, a súa atención recaeu inmediatamente sobreMordor, e en concreto sobre Orodruin, pois considerou que podería tirar partido do seu poder. Xa que logo, estabeleceu o seu reino ao redor do volcán, e "usou o lume que alí manaba desde o corazón da terra para os seus meigallos e as súas forxas". A máis célebre das creacións forxadas por Sauron no Monte do Destino é o inmensamente poderoso "Anel Único", que elaborou nos lumes dasSammath Naur (ouFendas do Destino), unha sima situada nas profundidades da montaña. Dise n'O Señor dos Aneis que os materiais que compuñan o Anel eran tan resistentes, e os encantamentos nel insuflados tan potentes, que só podía ser destruído nesas mesmas Fendas do Destino.

Dáse a entender que Orodruin é moito máis que un simple volcán: responde ás ordes de Sauron e á súa presenza, sumíndose nunha inactividade cando non se atopa en Mordor e volvendo á vida ao volver este. Semella que a súa actividade tamén estea conectada ao poder persoal de Sauron, pois cando este é derrotado á fin daTerceira Idade, o volcán entra nunha violenta erupción para despois cesar toda actividade de maneira permanente.

Representacións cinematográficas

[editar |editar a fonte]
O Monte Ngauruhoe

Na adaptación d'O Señor dos Aneis dePeter Jackson, o Monte do Destino está representado polo Monte Ngauruhoe e máis o Monte Ruapehu, dous volcáns activos deNova Zelandia. Nos planos longos a montaña é unha maqueta, unha imaxe deinfografía ou unha combinación de ambas as dúas opcións. Non foi posíbel filmar no cumio do Ngauruhoe por ser sagrado para osmaorís da rexión. Porén, algunhas escenas das ladeiras de Orodruin si foron filmadas no Monte Ruapehu.[1]

Influencias

[editar |editar a fonte]

A frase "fenda do destino" tense atribuído en ocasións á obraMacbeth deWilliam Shakespeare. Outra posíbel fonte do nome é un relato curto deAlgernon Blackwood.[2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. The Making of the Movie Trilogy (The Lord of the Rings), Brian Sibley, Houghton Mifflin (2002)
  2. Nelson, Dale. Possible Echoes of Blackwood and Dunsany in Tolkien's Fantasy. Tolkien Studies - Volume 1, 2004, pp. 177-181

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Terra Media

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Larsen, Kristine. Sauron, Mount Doom, and Elvish Moths: The Influence of Tolkien on Modern Science. Tolkien Studies - Volume 4, 2007, pp. 223–234
Obras
Historia de
composición
Universo
ficticio
Pobos,
Monstros
Personaxes
Xeografía
Obxectos
Temas
Adaptacións,
legado
Mapas, atlas
Crítica
literaria
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Orodruin&oldid=6252771»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp