Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ornitina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L-Ornitina

L-Ornitina

Outros nomes

Ácido (+)-(S)-2,5-diaminovalérico, ácido (+)-(S)-2,5-diaminopentanoico

Identificadores
Número CAS70-26-8
PubChem389
ChemSpider6026
UNIIE524N2IXA3
DrugBankDB00129
KEGGD08302
MeSHOrnithine
ChEBICHEBI:15729
ChEMBLCHEMBL446143
Ligando IUPHAR725
Imaxes 3DJmolImage 1
  • O=C(O)[C@@H](N)CCCN

  • InChI=1S/C5H12N2O2/c6-3-1-2-4(7)5(8)9/h4H,1-3,6-7H2,(H,8,9)/t4-/m0/s1
    Key: AHLPHDHHMVZTML-BYPYZUCNSA-N


    InChI=1/C5H12N2O2/c6-3-1-2-4(7)5(8)9/h4H,1-3,6-7H2,(H,8,9)/t4-/m0/s1


    InChI=1/C5H12N2O2/c6-3-1-2-4(7)5(8)9/h4H,1-3,6-7H2,(H,8,9)/t4-/m0/s1
    Key: AHLPHDHHMVZTML-BYPYZUCNBZ

Propiedades
Fórmula molecularC5H12N2O2
Masa molecular132,16 g/mol
Punto de fusión140 °C; 284 °F; 413 K
Solubilidade enaugasoluble
Solubilidadesoluble enetanol
Acidez (pKa)1,94
Rotación quiral [α]D+11,5 (H2O,c = 6,5)

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Aornitina é unaminoácido que intervén nociclo da urea[1][2]. Contén ungrupo amino na súacadea lateral, e non é unaminoácido proteinoxénico, polo que non forma parte das proteínas. A ornitina acumúlase en cantidades anormais no corpo en casos dedeficiencia de ornitina transcarbamilase.

No ciclo da urea

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Ciclo da urea.

A función principal da ornitina no noso corpo é intervir no ciclo da urea, o cal elimina o exceso de nitróxeno do organismo. AL-ornitina é un dos produtos orixinados poloencimaarxinase Este encima transforma aL-arxinina (un compostoguanidinio) enurea e ornitina. Por tanto, a ornitina é unmetabolito central no ciclo da urea. A ornitina recíclase e, en certa maneira, é uncatalizador. No ciclo da urea o nitróxeno da ornitina permanece intacto, xa que os nitróxenos que incorpora a urea proceden docarbamoíl fosfato (fosfato-CONH2) e doaspartato.

Biosíntese de arxinina

[editar |editar a fonte]
Lactamización da ornitina.

A ornitina non é un dos aminoácido codificados nocódigo xenético, e, por tanto, non está implicada nasíntese de proteínas. Porén, nos tecidos non hepáticos dosmamíferos, o principal uso que se lle dá á ornitina é a biosíntese de arxinina, o que fai que a ornitina sexa bastante importante como intermediario dos procesos metabólicos. Crese que non forma parte dos aminoácidos do código xenético porque os polipéptidos que contivesen ornitina desprotexida sufrirían unhalactamización espontánea.[3]

Outras reaccións

[editar |editar a fonte]

A ornitina por acción daornitina descarboxilase (E.C. 4.1.1.17), é o punto de partida para a síntese depoliaminas como aputrescina.

Nasbacterias, comoEscherichia coli, a ornitina pode sintetizarse a partir doL-glutamato.[4]

A ornitina é tamén o punto de partida para a biosíntese dacocaína, cando sedescarboxila e despois é moi modificada polocitocromo P450.

Ciclo da urea. 1L-ornitina
2carbamoíl fosfato
3L-citrulina
4arxininosuccinato
5fumarato
6L-arxinina
7urea
L-AspL-aspartato
CPS-1carbamoíl fosfato sintetase I
OTCOrnitina transcarbamilase
ASSarxininosuccinato sintetase
ASLarxininosuccinato liase
ARG1arxinase 1.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. PubChem compoundOrnithine
  2. ChemSpiderL-Ornithine
  3. Arthur L. Weber and Stanley L. Miller (1981)."Reasons for the Occurrence of the Twenty Coded Protein Amino Acids"(PDF).J. Mol. Evol.17 (5): 273–284.PMID 7277510.doi:10.1007/BF01795749. 
  4. "Ornithine Biosynthesis".School of Biological and Chemical Sciences, Queen Mary, University of London. Arquivado dendeo orixinal o 14-04-2012. Consultado o 20-05-2012. .
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ornitina&oldid=5541747»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp