Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ornithosuchus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ornithosuchus
Rango fósil:Triásico superior
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Sauropsida
Infraclase:Archosauromorpha
(sen clasif.):Crurotarsi
Familia:Ornithosuchidae
Xénero:Ornithosuchus
Especies
  • O. longidens(especie tipo) (orixinalmenteDasygnathus longidens)
Sinonimia

Dasygnathus longidens
Ornithosuchus taylori
Ornithosuchus woodwardi

Ornithosuchus (que quere dicir "crocodilo paxaro") é unxéneroextinto depseudosuquios doTriásico serodio (Carniano), con restos fósiles atopados enEscocia. Orixinalmente críase que era o devanceiro dedinosauros carnosaurianos (como oAllosaurus). Porén, agora sábese que estaba máis estreitamente relacionado coscrocodilianos que cos dinosauros.

Malia a súa relación cos crocodilos,Ornithosuchus era quen de camiñar nas súas patas traseiras, como moitos dinosauros. Porén, é probable que pasase a maior parte do tempo sobre catro patas, sendo sóbípede cando precisaba correr rapidamente. A súa caveira tamén lembra á dos dinosaurosterópodos, mais moitos dos trazos primitivos incluíron a presenza de cinco dedos en cada pata e a dobre fileira de placas blindadas ó longo do lombo do animal. Estímase que o tamaño doOrnithosuchus era duns 4 metros.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Palmer, D., ed. (1999).The Marshall Illustrated Encyclopedia of Dinosaurs and Prehistoric Animals. Londres: Marshall Editions. p. 97.ISBN 1-84028-152-9. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ornithosuchus&oldid=6342574»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp