Historicamente foi o nome con que os primeirosxeográfoseuropeos modernos designaron os territorios situados na beira leste domar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente coas fronteiras occidentais doImperio Otomán, e por este motivo ás veces incluía apenínsula dosBalcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados deTurquía,Siria, oLíbano,Israel,Palestina eExipto. Pero a evolución política posterior ásegunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioríamusulmá, desde oMagreb atéIraq e oSudán, así comoIrán e mesmoAfganistán ePaquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado etc.[1]
O nome deOriente Medio utilízase por medio da expresióninglesaMiddle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresiónOriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito[2][3] Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar,Mashreq, que se utiliza especialmente en contextos de lingua árabe.[4]
Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois daprimeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado deIsrael. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como opetróleo. Durante oséculo XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catroguerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, aguerra do Golfo nas súas diferentes etapas, aguerra civil do Líbano, e arevolución islámica deKhomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.
O Oriente Medio tradicional e oGran Oriente Medio concibido pola Administración Bush.Mapa do Oriente Medio.Mapa físico da zona.
O termo «Oriente Medio» tería orixe británica, xa que é unha tradución literal do inglés"Middle East", orixinándose nos anos 1850 probablemente relacionado coaBritish India Office.[5] Considérase que é un termoeurocéntrico xa que define unha rexión en virtude da súa situación con relación a Europa: a unha distancia mediana e en dirección aOriente (entre o próximo e o afastado Oriente).
Manhan etiquetou a área ao redor dogolfo Pérsico como «Oriente Medio» e afirmou que, despois dacanal de Suez, era o territorio máis importante para que Gran Bretaña puidese controlar o avance ruso cara áIndia.[9]
Usou o termo no seu artigo "The Persian Gulf and International Relations" («O golfo Pérsico e as relacións internacionais»), publicado en setembro de 1902 no diario británicoNational Review.
O Oriente Medio, se podo adoptar un termo que nunca vin, un día necesitará a súa Malta, o seu Xibraltar, é dicir, o seu enclave británico no golfo Pérsico. A forza naval ten a vantaxe da mobilidade, o cal trae consigo o privilexio das ausencias temporais; pero necesita atopar en cada escenario de operacións bases establecidas para reparacións, provisións e, en caso de desastre, para a seguridade. AMariña Real Británica debería ter a facilidade de concentrar a súa forza, se chega a ocasión, en Aden, India e o golfo Pérsico.[10]
O artigo foi reimpreso enThe Times e foi seguido en outubro por unha serie de vinte artigos titulados"The Middle Eastern Question", escritos por sir Ignatius Valentine Chirol. Neles, Chirol expandío a definición de «Oriente Medio» para incluír «aquelas rexións de Asia que se estenden ata os límites da India ou se aproximan a ela». Cara ao final da serie, en 1903,The Times eliminou as comillas ao usar o termo.[11]
Nos anos 1930, os británicos estableceron como parte do seu exército o "Comando do Oriente Medio" con base noCairo.
Oriente Próximo definiuse entón como a zona comprendida entreMesopotamia eBirmania, é dicir, a área comprendida entre o Oriente Próximo e o Extremo Oriente.[14][15] A finais da década de 1930, os británicos crearon oMando de Oriente Medio, con sede noCairo, para as súas forzas militares na rexión. A partir de entón, o termo «Oriente Próximo» estendeuse por Europa e Estados Unidos. Tras a II guerra mundial, por exemplo, fundouse oInstituto de Oriente Próximo enWashington, D.C. en 1946.[16]
Aínda que apenas se utilizaron termos non eurocéntricos como "suroeste de Asia" ou "Suasia", a clasificación do país africano Exipto entre os que se contan en Oriente Medio pon en dúbida a utilidade de utilizar devanditos termos.[17]
O termo Oriente Medio foi criticado polo seu eurocentrismo, polo que termos comoAsia Occidental (ou suroccidental) forón gañando aceptación en moitos traballos académicos e noutras áreas.
Algunhas disciplinas académicas como aarqueoloxía e a historia antiga continúan usando o termo Oriente Próximo (verAntigo Oriente Próximo) pero na maioría de temas imponse largamente o termo Oriente Medio. Cando termina aprimeira guerra mundial e cae oImperio Otomán (o cal estaba comunmente identificado co termo Próximo Oriente), emerxe un novo mundo islámico e comezan a usarse ambos termos indistintamente e aparece a ambigüidade entre eles.
En 1957, ogoberno estadounidense fai uso oficial do termoMiddle East estendéndoo tan lonxe comoPaquistán por unha banda eLibia e ataEtiopía polo outro,[18] con todo en 1958, odepartamento de Estado redefine a rexión equiparándoa ao suroeste de Asia máisExipto e recoñecendo que os termosNear East eMiddle East son intercambiables.[19]
En alemánNaher Osten (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación queMittlerer Osten; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (Blizhniy Vostok) ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés:Moyen-Orient / Proche-Orient, italiano:Medio Oriente / Vicino Oriente,árabe: الشرق الأوسطAsh-sharq-l-awsat / شرق أدنى,turco:Orta Doğu / Yakın Doğu,persa: خاورمیانهKhāvarmiyāneh / خاور نزدیک,hebreo: המזרח התיכוןMizraj-Ha-Tijon / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.
O Oriente Medio ten principalmente áreas de relevo baixo, aínda que algunhas zonas de Turquía, Irán e o Iemen son moi montañosas. OAnatolia atópase entre dúas cadeas montañosas:Pontus eTaurus. O monte Ararat, en Turquía, ten unha altura de 5.165 metros, e o máis alto na rexión, omonte Damavand, nasmontañas Elburz de Irán, ten unha altura de 5.610 metros.[20] Osmontes Zagros atópanse en Irán, na área da súa fronteira con Iraq. En varias rexións do Iemen as elevacións exceden os 3.700 metros, e as terras elevadas esténdense ao longo doMar Vermello cara aoLíbano. O centro de Irán divídese en dúas concas con lagos de sal ocasionais: o norteDasht-e Kavir (Gran deserto de sal), e ao surDasht-e Lut.
Ademais, hai unhafalla xeolóxica ao longo do Mar Vermello, con zonasrift que crean depresións estruturais con áreas por baixo do nivel do mar.[21] Omar Morto, situado na fronteira entre aCisxordania,Israel eXordania, esta 418 metros por baixo do nivel do mar, o que o converte no punto máis baixo da superficie terrestre.[22]
Coñecemos a historia desta rexión sobre todo polos escritos doAntigo Testamento e dos historiadores gregos, e polas escavaciónsarqueoloxía que se levan facaendo desde oséculo XIX.
OMonte do Templo deXerusalén O Oriente Medio tradicional e o Gran Oriente Medio concibido pola administraciónBush.
Antes da formación de civilizacións, desenvolvéronse culturas avanzadas en todo Oriente Medio durante aIdade de Pedra. A procura de terras agrícolas por parte dos agricultores e de terras de pastoreo por parte dos pastores provocou diferentes migracións dentro da rexión e configurou a súa composición étnica e demográfica.
Ao longo da historia, os países desta parte do mundo a miúdo experimentaron os mesmos cambios. A partir do século IV d. C., Oriente Medio converteuse no centro das dúas principais potencias da época, oImperio bizantino e oImperio sasánida. Con todo, serían os posteriorescalifatos islámicos daIdade Media, ou aIdade de Ouro islámica, que comezou coaconquista islámica da rexión no século VII d. C., os que unificaron por primeira vez todo Oriente Medio como unha rexión diferenciada e crearon a identidade étnicaárabeislamica dominante que persiste en gran medida (aínda que non exclusivamente) na actualidade. Os catro califatos que dominaron Oriente Medio durante máis de 600 anos foron oCalifato rashidún, oCalifato omeia, oCalifato Abbásida e oCalifato fatimí. Ademais, osmongois chegarían a dominar a rexión, oReino de Armenia incorporaría partes da rexión ao seu dominio, osselxúcidas gobernarían a rexión e difundirían a cultura turco-persa, e osfrancos fundarían osEstados cruzados que se manterían durante aproximadamente dous séculos. Josiah Russell estima que a poboación do que el denomina "territorio islámico» era de aproximadamente 12,5 millóns no ano 1000: 8 millóns enAnatolia, 2 millóns enSiria e 1,5 millóns enExipto. A partir do século XVI, Oriente Medio volveu estar dominado por dúas potencias principais: oImperio otomán e adinastía safávida.
A historia moderna de Oriente Medio moderno comezou despois daprimeira guerra mundial, cando oImperio Otomán, aliado dasPotencias Centrais, foi derrotado polosaliados edividido en varias nacións separadas, inicialmente baixo os mandatosbritánico efrancés. Outros acontecementos decisivos desta transformación foron o establecemento do estado deIsrael en 1948 e a eventual saída das potencias europeas, especialmenteGran Bretaña eFrancia, a finais da década de 1960. Foron suplantadas en parte pola crecente influencia dosEstados Unidos a partir da década de 1970.
Noséculo XX, a considerable reserva de petróleo na rexión conferiulle a zona unha nova importancia estratéxica e económica. A extracción masiva de petróleo comezou ao redor de 1945, enArabia Saudita,Irán,Kuwait,Iraq, e nosEmiratos Árabes Unidos .[24] As reservas estratéxicas depetróleo, especialmente en Arabia Saudita e Irán, son das máis grandes do mundo e aOPEP está dominada polos países do Oriente Medio.
Durante aGuerra fría, Oriente Medio foi escenario da loita ideolóxica entre as dúas superpotencias, Estados Unidos e a Unión Soviética, que competían por influencia e aliados. Desde o final dasegunda guerra mundial, a rexión tivo períodos de relativa paz e tolerancia, interrompidos con conflitos e guerras como forón aguerra do Golfo, aguerra de Iraq, oconflito árabe-israelí e programa nuclear de Irán.
A economía de Oriente Medio oscila entre os países máis pobres da rexión, como o Iemen, ás nacións máis desenvolvidas, como Arabia Saudita. En 2007, segundo datos deCIA, mantívose unha taxa de crecemento positiva, xa que contén as maiores reservas de petróleo] do mundo. Os tres países con maiorPIB en 2006 son Qatar (36.632 dólares), Emiratos Árabes Unidos (34.109 dólares) e Kuwait (20.886 dólares).
A estrutura económica dos países de Oriente Medio son diferentes no sentido de que mentres algunhas nacións son só dependentes de exportar petróleo e os seus derivados (Arabia Saudita, EAU e Kuwait), outros teñen unha gran base económica (Turquía e Exipto). As actividades económicas de Oriente Medio son: petróleo e os seus derivados, a agricultura, o cultivo de algodón, a industria téxtil, a elaboración de produtos feitos de coiro, fabricación de equipamento bélico (armas, municións, tanques, submarinos, mísiles). A actividade bancaria é tamén un sector importante da economía, especialmente nos EAU e Bahrein. O turismo, coa excepción de Turquía e Exipto, non está explotado completamente. Nos últimos anos, os países comezaron a ter un gran número de turistas, xa que os seus gobernos mellorarón as infraestruturas das cidades, sobre todo en Dubai nosEAU onde os turistas crecen a case 10% anual.
Na rexión fálanse linguas da familiaindoeuropea,afroasiática eárabe. Este idioma predomina na literatura culta e é a lingua da relixión maioritaria na zona, oislam, aínda que hai crentesxudeus ecristiáns.
A Raks Sharki رقص شرقي (Baile da Odalisca) chamada Danza árabe ouDanza do ventre, é unha das máis antigas do mundo. As súas orixes exactas son incertas, pero combina elementos das danzas deOriente Medio e do norte deÁfrica. Odabkelibanés e os bailes dosderviches turcos tamén son populares fóra dos seus países de orixe.
"Amigración sempre supuxo un importante paso para as presións do mercado de traballo no Oriente Medio. Durante o período comprendido entre os anos 70 e 90, os estados árabes doGolfo Pérsico, en particular, proporcionaron unha rica fonte de emprego para traballadores de Exipto, Iemen e os países do Levante, mentresEuropa atraera a mozos traballadores de países do norte de África debido á proximidade e ao legado dos lazos coloniais entre Francia e a maioría dos estados do norte de África."[25]Segundo aOrganización Internacional para as Migracións, hai 13 millóns de emigrantes de primeira xeración procedentes de nacións árabes no mundo, dos cales 5,8 residen noutros países árabes. Os expatriados de países árabes contribúen á circulación de capital financeiro e humano na rexión e impulsan de xeito importante o desenvolvemento rexional. En 2009 os países árabes recibiron un total de 35.1 millóns de dólares en ingresos de fluxos e as remesas enviadas a Xordania, Exipto e Líbano doutros países árabes son dun 40 ao 190 por cento superiores aos ingresos comerciais entre estes e outros países árabes.[26] EnSomalia, aguerra civil de 1986 aumentou considerablemente o tamaño dosexpatriados somalís, xa que moitos dos somalís mellor formados fóronse aos países do Medio Oriente, así como aEuropa eAmérica do Norte.
Os países non árabes do Oriente Medio como Turquía, Israel e Irán tamén están suxeitos a importantes dinámicas migratorias.
↑Palmer, Michael A.Guardians of the Persian Gulf: A History of America's Expanding Role in the Persian Gulf, 1833-1992. New York: The Free Press, 1992.ISBN 0-02-923843-9 p. 12-13.
↑Adelson, Roger.London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922. New Haven: Yale University Press, 1995.ISBN 0-300-06094-7 p. 22-23
↑Adelson, Roger (1995). London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922.. Yale University Press.ISBN 0-300-06094-7.
↑Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?".Foreign Affairs38: p. 665–675.
↑Held, Colbert C. (2000). Middle East Patterns: Places, Peoples, and Politics. Westview Press. p. 7.ISBN 0-8133-8221-1.
↑Goldschmidt Jr., Arthur (1999).A Concise History of the Middle East. Westview Press. p. 8.
↑Hassan, Islam; Dyer, Paul (2017). "The State of Middle Eastern Youth".The Muslim World(eninglés): 107.|data-acceso= require|url= (Axuda)
↑"IOM Intra regional labour mobility in Arab region Facts and Figures (English)" (PDF). Archived (PDF) from the original on 2011-04-30. Retrieved 2012-10-31.