Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Orhan Pamuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrhan Pamuk

(2009)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(tr)Orhan Ferit PamukEditar o valor en Wikidata
7 de xuño de 1952Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Istambul, TurquíaEditar o valor en Wikidata
ResidenciaIstambul
Nova YorkEditar o valor en Wikidata
RelixiónSecular Islam(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónFaculdade de Comunicações da Universidade de Istanbul(pt)Traducir (–1976)
Universidade Técnica de Istambul(pt)Traducir
Robert College(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoIstambulEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, ensaísta, xornalista, guionista, novelista, académicoEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1974Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade ColumbiaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoAutobiografía eensaioEditar o valor en Wikidata
MovementoLiteratura posmoderna eNaturalismoEditar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsŞevket PamukEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio weborhanpamuk.netEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0658988Facebook: OrhanPamukAuthorBNE: XX1059418Bitraga: 2062Musicbrainz: 0cef8c65-f5b7-4c06-91e5-e4c0d40cd83bDiscogs: 656347Editar o valor en Wikidata

Orhan Pamuk, nado enIstambul o7 de xuño de1952, é un escritorturco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador doPremio Nobel de Literatura no ano2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

A súa implicación política na defensa dos dereitos humanos, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias a admisión de Turquía naUnión Europea sitúano nunha posición intermedia incómoda. As súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, coma asmatanzas de armenios a primeiros doséculo XX, nunha entrevista fixéronlle ser inculpado por "insulto ós turcos".

Nado enIstambul nunha familia acomodada (o pai era enxeñeiro), estudou no Robert College, colexio americano enIstambul. Por consello da familia (os pais querían que fora enxeñeiro) entrou na Universidade Técnica de Istambul, que deixou tres anos despois para dedicarse profesionalmente a escribir.

En1977 acabou os estudos no instituto de xornalismo da universidade de Istambul. Entre os anos1985 e1988 viviu nosEstados Unidos en autoexilio, traballando para aUniversidade de Columbia. Regresou a Turquía onde vive actualmente. Estivo casado entre os anos1982 a2001 e ten unha filla.

O 12 de outubro de 2006 recibiu oPremio Nobel de Literatura por ser un autor que "na procura na alma saudosa da cidade natal, atopou novos símbolos para o conflito e o vencellamento das culturas"

Obra

[editar |editar a fonte]

Os principais temas da súa obra son os conflitos e contradicións entre o oeste e o leste, o islam e o cristianismo, a tradición e o mundo contemporáneo. O conflito entre occidentalidade e islam naTurquía actual e, por exemplo, o tema da súa novela de2002Neve.

  • Karanlık ve Işık ("Escuridade e luz", 1974). Narra a vida de tres xeracións dunha familia turca.
  • Cevdet Bey ve Oğulları ("Cevdet Bey e os seus fillos", 1982).
  • Sessiz Ev ("A casa do silencio", 1983).
  • O castelo branco (Beyaz Kale, 1985). Tradución ao galego de Bartug Aykan eEva Almazán, 2007.
  • Kara Kitap ("O libro negro", 1990). Un avogado tenta atopar a súa dona que o abandonou sen explicación.
  • Yeni Hayat ("A nova vida", 1995).
  • Benim Adım Kırmızı ("Chámome Vermello", 1998). Novela histórica e de misterio. Un sultán que se fai retratar a través da realización dun libro ilustrado ámaneira dos francos, causa unha serie de asasinatos.
  • Neve (Kar, 2001). Tradución ao galego de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.
  • Istambul. As lembranzas e a cidade (İstanbul: Hatıralar ve Şehir, 2005). Tradución ao galego de Bartug Aykan e Lara Domínguez, 2008.
  • O Museo da Inocencia (Masumiyet Müzesi, 2008). Tradución ao galego de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
Dende 2001
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Orhan_Pamuk&oldid=6754890»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp