Unorganismo internacional ouorganización intergobernamental (OIG)[1] é aquel que ten como membrosEstados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termoorganización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de naturezapública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termosorganismo internacional gobernamental ouorganismo internacional público.
Unha organización intergobernamental estásuxeita ao dereito público internacional, conpersonalidade xurídica e plenacapacidade de obrar, formada por acordo de distintosestados para trataren aspectos que lles son comúns.
Dentro do seu seo e a través de procedementos de complexidade variable, procura elaborar unha vontade xurídica distinta á dos seus estados membros, destinada a realizar as competencias que lles foron atribuídas. Esta vontade pódese manifestar a través de actos unilaterais ou por medio da concertación de tratados con outros suxeitos de dereito internacional.
Falando naturalmente, unha organización internacional débese establecer mediante untratado que provén dela con recoñecemento legal. As organizacións internacionais así establecidas están suxeitas aodereito internacional e son capaces de entraren en acordos entre si mesmas ou cosestados. Así as organizacións internacionais nun sentido legal son distinguidas dos simples agrupamentos de estados, tales como o G-8 e o G-77, porque ningún dos dous casos anteriores foron fundados por un tratado, aínda que tamén en contextos non legais ás veces se alude a eles como organizacións internacionais. As organizacións internacionais deben tamén ser distinguidas como tratados; mentres que todas as organizacións internacionais son fundadas por untratado (por exemplo 'O Libre Tratado de Comercio' "TLCAN" deNorteamérica (Canadá,Estados Unidos eMéxico).
Os organismos internacionais poden ser de moi diversos tipos. Unha clasificación sobre os mesmos establece as diferenzas:
- En función da súaduración:
- Permanentes, que son creados sen fixar un prazo para a finalización do seu mandato. (ONU)
- Non permanentes, que son aqueles aos que se establece un cometido específico para unha duración determinada no tempo, transcorrido o cal deixan de existir.
- Polas súascompetencias:
- Plenos, que son aqueles que teñen plena capacidade de acción sobre as materias delegadas polos Estados que os crearon e que poden adoptar resolucións a cuxo cumprimento están obrigadas as partes. (Unión Europea)
- Semiplenos que son aqueles que, aínda tendo plena capacidade, requiren para adoptar resolucións vencellantes, a decisión preceptiva previa a cada acto dos membros que o compoñen. (OPEP)
- De consulta, cuxas resolucións non son vencellantes e que pertencen ao ámbito do estudo reflexión. (OCDE)
- Por razón damateria, segundo sexan as cuestións que traten: económicas, culturais, e outras. (CAACI)
- Pola súacomposición:
- Puros, os integrados só por Estados soberanos. (Tribunal Penal Internacional)
- Mestos, nos que, ademais dos Estados, con voz e, nalgúns casos voto, intégranse outras institucións públicas (concellos, provincias, Comunidades Autónomas, Estados Federados etc). (Unesco)
- Integrados, nos que participan Estados e outros organismos internacionais. (FMI)
- Autónomos, só compostos por organismos internacionais previamente existentes.
África
América
Asia
Europa: