| Orangután de Tapanuli | |
|---|---|
| Pongo tapanuliensis Anton Nurcahyo,Erik Meijaard,Matthew G. Nowak,Gabriella Fredriksson,Colin Groves2017 | |
Instancia de | |
Categoría taxonómica | |
Taxon superior | |
Nome curto | |
| Conservación | |
IdentificadorUICN | |
| Distribución | |
Endémico en | |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Animalia |
| Filo | Chordata |
| Clase | Mammalia |
| Orde | Primates |
| Suborde | Haplorrhini |
| Infraorde | Simiiformes |
| Superfamilia | Hominoidea |
| Familia | Hominidae |
| Subfamilia | Ponginae |
| Tribo | Pongini |
| Xénero | Pongo |
| Especie | Pongo tapanuliensis |
| Identificadores | |
| ITIS | 1063220 |
| OTT | 7067552 |
| Wikidata C:Commons | |
Oorangután de Tapanuli (Pongo tapanuliensis) é unha especie deorangután, nativo do sur de Tapanuli, na illa deSumatra, enIndonesia.[1] É unha de tres especies coñecidas de orangután, xunto coorangután de Sumatra (Pongo abelii), que habita na parte noroeste da illa, e oorangután de Borneo (Pongo pygmaeus). Foi descrito como unha especie diferente no ano2017 e é a primeira especie dehomínido descrita dende obonobo (Pan paniscus) en 1929.[2]
Unha poboación illada de orangutáns na área de Batang Toru de Tapanuli foi descuberta en 1939.[3] A poboación foi redescuberta por unha expedición á área en 1997,[4] pero non foi recoñecida como unha especie diferente daquela.[5]Pongo tapanuliensis foi identificado como unha especie despois dun detallado estudofiloxenético en 2017. O estudo analizou as mostrasxenéticas de 37 orangutáns salvaxes de Sumatra e Borneo e levouse a cabo unha análisemorfolóxica dosesqueletos de 34 machos adultos.[1] O espécime primario do estudo, e oholotipo da especie, foi o esqueleto dun macho adulto de from Batang Toru que morreu despois de ser ferido polos locais en novembro de 2013.[1][6] A caveira e opostcranio do espécime consérvanse noMuseo zoolóxico de Bogor.[1] Acaveira e os dentes do macho de Batang Toru difiren significativamente dos das outras especies de orangutáns.[7] O estudo xenético tamén sinalou que a poboación de Batang Toru podería ser considerada unha especie diferente, xa que osxenomas dos dous individuos da poboación amosan trazos distintivos.[1]
Onome científico,tapanuliensis, así como o nome común, o orangután de Tapanuli, refírese a Tapanuli, a área do norte deSumatra onde vive a especie.[1]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orangután de Tapanuli |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Orangután de Tapanuli |