Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Orangután

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Pongo (homónimos).
Orangután
Pongo
Bernard-Germain de Lacépède1799Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Taxon superior
 Sinonimia
  • FaunusOken, 1816
  • LophotusFischer, 1813
  • MacrobatesBillberg, 1828
  • SatyrusLesson, 1840
 Composto por
Características
 Fonte de alimentación
Distribución
Dimensións
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
SubfamiliaPonginae
XéneroPongo
Identificadores
ITIS572839Editar o valor en Wikidata
OTT417949Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Osorangutáns[1] (tamén chamados orang-utan) son dúas especies de grandes monos con brazos longos e pelo de cor avermellada, ás veces marrón. Ambas as dúas especies son nativas deMalaisia e deIndonesia. O nome orangután vén domalaioorang hutan, significando "home do bosque". Son a única especie existente do xéneroPongo e subfamiliaPonginae, aínda que a subfamilia tamén inclúe o extintoGigantopithecus e xéneroSivapithecus.

Os orangutáns son os máis arbóreos dos grandes monos, pasando case todo o seu tempo nasárbores, facendo nelas novos niños cada noite. Soamente se atopan nos bosques húmidos das illas deBorneo eSumatra. Estas dúas pequenas e illadas poboacións clasificáronse como subespecies ata recentemente, que se elevaron de nivel. Desde 1996 clasificábanse en dúas especies: o orangután de BorneoP. pygmaeus, con tres subespecies, e o orangután de SumatraP. abelii. En 2017 distinguiuse unha terceira especie,P. tapanuliensis, que vive nunha zona de Sumatra. As tres subespecies do orangután de Borneo son:P. p. pygmaeus no noroeste,P. p. morio no leste , eP. p. wurmbii no suroeste.

Os orangutáns están en gran perigo de extinción, debido ádestrución do seu hábitat.

Como os outros grandes simios, son notablemente intelixentes, usando ferramentas acotío; publicáronse probas no xornalScience.

Só son feros cos seus conxéneres; son animais solitarios e feramente territoriais.

Entre os principais centros de conservación, destacan os deBorneo deSemenggok enSarawak, eSepilok preto deSandakan enSabah.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraorangután.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Orangután
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Orangután

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Ponginae
Homininae
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrezooloxía é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Orangután&oldid=7148405»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp