Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Orange Is the New Black

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orange Is the New Black
 Título
Orange Is the New BlackEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Formato de imaxe
Autoría
 Creador/a
 Compositor/a
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Publicación
 País de orixe
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
 Formato de distribución
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
11 de xullo de 2013Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
26 de xullo de 2019Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Número de episodios
91Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
7Editar o valor en Wikidata
Localizacións
 Localización rodaxe
Identificadores
VIAF315734279Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt2372162Filmaffinity: 233858Allocine: 10368Rottentomatoes: tv/orange_is_the_new_blackAllmovie: v585853Metacritic: tv/orange-is-the-new-blackTV.com: shows/orange-is-the-new-black
Facebook: OITNBTwitter: OITNBInstagram: oitnbNetlix: 70242311Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Orange Is the New Black é unha serie decomedia edrama estadounidense deNetflix. Foi creada porJenji Kohan, coñecida por crearWeeds. Baséase nas memorias, publicadas co mesmo nome, dePiper Kerman.[1]

Episodios

[editar |editar a fonte]

A serie consta de sete tempadas con 13 episodios cada unha. O primeiro episodio da segunda tempada emitiuse o 6 de xuño de2014.[2] A terceira tempada estreouse o 11 de xuño de2015.[3]

En abril de 2015, a serie foi renovada para unha cuarta tempada, estreada o 17 de xuño de2016. En febreiro de 2016, a serie renovouse por tres tempadas máis, para un total de sete.[4]

Orange Is the New Black é a primeira serie en conseguir nomeamentos aospremios Emmy tanto nas categorías de comedia como de drama.[5] A serie tamén recibiu seis nomeamentosao Globo de Ouro, outros seis nomeamentos aos premios do Sindicato de Escritores de América, dous premios do Sindicato de Produtores de América, un premio doAmerican Film Institute e unpremio Peabody.

Elenco e trama

[editar |editar a fonte]

O programa trata sobre Piper Chapman (Taylor Schilling), unha muller de clase media que foi enviada a prisión por levar cartos da droga para a súa exnoiva Alex Vause (Laura Prepon), que tamén está en prisión. Está prometida cun home chamado Larry (Jason Biggs), e descríbese a si mesma como unha "ex-lesbiana". Porén, estar en prisión fai que se reformule a súa orientación sexual e a súa identidade en xeral. A serie ten fortes temáticasLGBT e foi descrita como "a lesbian TV show".[6] Os personaxes que son lesbianas inclúen a Carrie "Big Boo" Black (Lea DeLaria), Suzanne "Crazy Eyes" Warren (Uzo Aduba) e Nicky Nichols (Natasha Lyonne). A prisioneiratransxénero Sophia Burset é interpretada porLaverne Cox, unha verdadeira muller trans. A maioría dos personaxes son mulleresracializadas.

O terceiro episodio, "Lesbian Request Denied", foi dirixido porJodie Foster.

Resposta crítica

[editar |editar a fonte]

Orange Is the New Black foi ben recibida pola crítica.The Washington Post cualificou o programa de "brillantez detrás das reixas".[7] Taylor Schilling foi nomeada aoGlobo de Ouro á actriz principal nunha serie dramática.[8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Andreeva, Nellie; Andreeva, Nellie (2011-07-22)."Netflix Eyeing Second Original Series – Comedy From 'Weeds' Creator Jenji Kohan".Deadline(eninglés). Consultado o2023-01-06. 
  2. Andreeva, Nellie; Andreeva, Nellie (2013-06-28)."Netflix Renews ‘Orange Is The New Black’ For Second Season".Deadline(eninglés). Consultado o2023-01-06. 
  3. Stedman, Alex; Stedman, Alex (2015-06-12)."‘Orange is the New Black’ Season 3 Gets Early Release".Variety(eninglés). Consultado o2023-01-06. 
  4. Littleton, Cynthia; Littleton, Cynthia (2016-02-05)."‘Orange Is the New Black’ Renewed for 3 Seasons by Netflix".Variety(eninglés). Consultado o2023-01-06. 
  5. "Jenji Kohan, Orange-is-the-new-black showrunner".Variety.com(eninglés). 
  6. Riese (2013-07-12)."10 Reasons "Orange Is The New Black" Is The New Lesbionic TV Show You Should Watch Now".Autostraddle(eninglés). Consultado o2023-01-06. 
  7. Stuever, Hank (2013-07-11)."Netflix’s ‘Orange Is the New Black’: Brilliance behind bars".Washington Post(eninglés).ISSN 0190-8286. Consultado o2023-01-06. 
  8. "Orange Is the New Black ; spoilers-constance-shulman-promises-deeper-exploration-season-2-taylor-schilling-talks-golden-globes-nomination".Fashionnstyle.com(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 24 de marzo de 2014. Consultado o 06 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Orange Is the New BlackModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Estados Unidos de América


Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Orange_Is_the_New_Black&oldid=7152979»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp